Home / Archivo de Etiquetas: Concello de Narón (página 10)

Archivo de Etiquetas: Concello de Narón

A pasarela peonil de Xuvia reabrirá a finais de mes

FERROL360 | Domingo 8 xullo 2018 | 11:38 A pasarela peonil que cruza o río Xuvia e conecta Neda con Narón reabrirá a finais deste mes de xullo. As obras na plataforma peonil, que ten 90 metros de lonxitude, concluirán nunhas semanas despois dun retraso nas actuacións a consecuencia do empeoramento do tempo. A pasarela someteuse a unha actuación integral de limpeza, pintado e tratamento de conservación e renovación da madeira cunha aplicación de funxicidas que garante a conservación da mesma. Ademais, tamén se levaron a cabo traballos de substitución de pasadores dos tirantes que suxeitan a estrutura voada para estabilizala, así como a apertura de furados nas bases dos arcos para evitar a acumulación de auga. A obra tivo un orzamento duns 196.000 euros nos que se inclúen a ...

Leer más »

Narón convoca o IX Concurso de Fotografía Cidade de Narón

cámara fotográfica foto fotografia

FERROL360 | Sábado 7 xullo 2018 | 13:25 A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou a aprobación das bases da novena edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón. O prazo para poder presentar imaxes a este certame abrirase o vindeiro mes de setembro. A convocatoria está aberta a persoas maiores de idade e pretende que as imaxes reflexen a xustiza da beleza de Narón e a súa contorna. As fotografías poden ser sacadas en espazos naturais de interese, de lecer, cultura, tecnoloxía ou festas populares, a única condición é que Narón sexa protagonista e recoñecible nas mesmas. Este ano a organización repartirá un total de 1.200 euros en premios, dos cales o primeiro está composto de 750 euros, o segundo de 300 e o terceiro de 150 euros. Un ...

Leer más »

Narón recreará o seu pasado celta no Oenach Atlántico con música, teatro e moita festa

Los visitantes del Oenach viajaron al pasado en esta Fiesta de Interés Turístico de Galicia (foto: Concello de Narón)

FERROL360 | Xoves 4 xullo 2018 | 18:37 O Oenach Atlántico prepárase para celebrar o seu 20 aniversario cunha auténtica festa rachada. Na parroquia de Sedes, no Trece, recrearase a vida dun poboado celta do 27 ao 29 de xullo nunha programación que comprende música, teatro, actividades para peques e maiores e moita festa. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e as concelleiras de Cultura, María del Carmen Espada, e de Turismo, Natalia Hermida, presentaron este xoves o evento xunta a representantes da Asociación de Veciños Rosa dos Ventos de Sedes e do Grupo de Teatro Comunitario da parroquia. O Concello impulsa esta festa de Interese Turístico de Galicia no seu vixésimo aniversario cunha ampla programación con concertos e representacións teatrais de calidade e cunha oferta dirixida especialmente ao público ...

Leer más »

Narón celebrará do 14 ao 15 de xullo a Festa do Pemento do Couto

Medio millar de personas degustaron los pimientos acompañados de churrasco este domingo (foto: Concello de Narón)

FERROL360 | Luns 2 xullo 2018 | 18:20 A Festa Gastronómica do Pemento do Couto alcanza este ano a súa vixésima edición. A parroquia naronesa do Couto acollerá do 14 ao 15 de xullo esta tradicional festividade cun completo programa de actos que incluén música, showcooking e a Noite no Mosteiro. Os edís de Festas, Mar Gómez, e Promoción Económica, Pablo Villamar, desgranaron este luns as actividades xunto con Tomás Casal, presidente da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto; Ramón Couto, presidente da AVV do Couto, e Ana Isabel García, en representación da Cooperativa do Campo do Val. O sábado 14 a festa comezará cun Showcooking no local social do Couto, a partir das 20.30 horas, que correrá a cargo de Beatriz Sotelo. Ás 23.00, ao igual ...

Leer más »

Narón solicitará a Ferrol documentos para garantizar la legalidad del pago del servicio de depuración

FERROL360 | Jueves 28 junio 2018 | 18:59 La corporación local de Narón ha aprobado por unanimidad solicitar al Concello de Ferrol una serie de documentación sobre el pago de los gastos del servicio depuración para garantizar su legalidad. En este punto, la alcaldesa, Marián Ferreiro, ha insistido en que «o Concello de Narón en ningún momento se negou a pagar, pero queremos facelo coas pertinentes garantías para as nosas veciñas e veciños». En el documento aprobado en pleno se solicita al Concello de Ferrol que remita al de Narón el acuerdo de aprobación de la justificación técnica y económica de las cuentas recogidas en la parte expositiva del acuerdo plenario remitido, avalada por personal funcionario del consistorio ferrolano y correspondientes al período comprendido entre el 1 de agosto de ...

Leer más »

Ferreiro recolle en Bruselas o Premio á Excelencia en Seguridade Viaria

FERROL360 | Mércores 27 xuño 2018 | 10:10 A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recolleu este martes da man da comisaria europea de Transporte Violeta Bulc, o Premio á Excelencia en Seguridade Viaria (Excellence in Road Safety Awards), na modalidade de Autoridades locais. Un galardón que pon na liña internacional tres programas impulsados a través do equipo de Educación Viaria do Concello: Bica e Arrinca, Camiños Escolares Seguros e Estacionamentos disuasorios. Ferreiro agradeceu á Comisión Europea a concesión deste premio que, recalcou, «é un recoñecemento de todas as naronesas e naroneses». No transcurso do acto proxectouse un vídeo resumo destas tres iniciativas municipais, sobre as que os asistentes se interesaron formulando unha serie de preguntas que solventaron Ferreiro e Caneiro. A alcaldesa da cidade recordou que foi no ano 1996 ...

Leer más »

La bandera del arco iris también ondea en Narón

FERROL360 | Miércoles 27 junio 2018 | 9:20 La bandera del arco iris, representativa del colectivo LGTBQI, ondea esta semana en el Concello de Narón con motivo de la conmemoración del Día Internacional del Orgullo LGTBQI. Esta fecha se celebra este jueves 28 de junio. La concejala de Igualdade, Teresa Sabio, indicó que el Concello colabora con la campaña de la Diputación provincial Construíndo a diversidade, una iniciativa de sensibilización ciudadana que busca normalizar y visibilizar la comunidad LGTBQI. Así, desde el Concello se reparte material relativo a esta propuesta, que se puede recoger en el Servicio Sociocomunitario Municipal, ubicado en el primer piso del Concello, y que también se encuentra en diferentes dependencias municipales. La iniciativa invita además a la ciudadanía a utilizar en las redes sociales el hastag ...

Leer más »

Disposición «total» de Ferreiro para informar sobre o contrato de recollida de lixo

FERROL360 | Luns 25 xuño 2018 | 8:57 A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, ofrece a total disposición do Concello para ofrecer a documentación que se estime oportuna sobre o contrato do servizo de recollida de lixo. Ferreiro incidiu en que a admisión a trámite, por parte do Tribunal de Contas, da denuncia presentada polo edil de ENE, é un «trámite procesal que se segue cando se produce unha denuncia por acción pública ante o Tribunal». A rexedora sinalou que nese trámite «se aborda un tema sobre o que o Concello de Narón, na sesión plenaria do pasado mes de maio, xa acordou requerir á concesionaria do servizo o debido abono das contías acordadas». Estas contías, apuntou, «calcúlanse en virtude da revisión de prezos, informada favorablemente polos técnicos e a ...

Leer más »

Los parques y plazas de Narón se llenará de cultura en julio con el programa ‘Verde que te quero verde’

FERROL360 | Viernes 22 junio 2018 | 9:42 Narón retoma en el mes de julio el programa municipal Verde que te quero verde para llenar de cultura y ocio las plazas y parques municipales con actividades gratuitas y pensadas para toda la familia. La segunda edición de esta iniciativa se presentó este jueves en Santa Icía con la presencia de la alcaldesa de la ciudad, Marián Ferreiro, la edil de Cultura, María del Carmen Espada y Daniel García, integrante de A Banda do Garaxe. El programa contempla ocho propuestas culturales, todas ellas gratuitas, dirigidas al público familiar e infantil. Se sucederán en diferentes espacios públicos de la ciudad entre el 1 y el 22 de julio, siempre a partir de las 12.30 horas. «Trátase de fomentar un ano máis este ...

Leer más »

A Xunta suspende as obras de construción da senda peonil no Val polas protestas veciñais

FERROL360 | Mércores 20 xuño 2018 | 19:54 A Xunta de Galicia decidiu suspender as obras previstas de construción dunha senda peonil na parroquia do Val ante a disconformidade dos veciños coa actuación. A administración autonómica xa lle comunicou ao Concello de Narón a súa decisión e a alcaldesa, Marián Ferreiro, lamentou «a posible perda do investimento de preto de 800.000 euros para materializar esta actuación na cidade». Ferreiro apelou á opción de que esta suspensión «sexa temporal, xa que as veciñas e veciños manifestaron en reiteradas ocasións que están a favor da construción da senda peonil e ciclista na zona, aínda que non todos están conformes co actual proxecto». Trátase do itinerario peonil proxectado na estrada Catabois- Valdoviño (AC-116), no treito entre Río do Pozo e a estrada O ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies