Home / Archivo de Etiquetas: Concello de Narón (página 29)

Archivo de Etiquetas: Concello de Narón

Deporte, danza, música e teatro infantil en Narón

FERROL360 | Sábado 22 outubro 2016 | 12:25 Programación variada e completa a que nos oferta esta fin de semana o Concello de Narón. Unha oferta que inclúe a celebración do Open Gallego de Ciclocross, dunha peza de danza contemporánea, da andaina do programa «Ponte en ruta con nós», de música, de teatro infantil e da charla cos triatletas Javier Gómez Noya, Sara Guerrero e David Castro. Así, este sábado terá lugar o Open Gallego de Ciclocross. VII Trofeo Cidade de Narón, a partir das 14.00 horas, no Polígono de Río do Pozo. Xa en xornada de tarde, no Pazo da Cultura, a compañía Kukai Dantza porá en escena a peza de danza contemporánea Oskara. Será ás 20:00 horas e as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o ...

Leer más »

Últimos días para anotarse en la I Carrera-Andaina Solidaria por la Salud Mental de este domingo

FERROL360 | Miércoles 12 octubre 2016 | 13:23 Este jueves a las 23:59 horas se cierra el plazo para anotarse en la I Carrera-Andaina Solidaria por la Salud Mental, que organiza Afaes Porta Nova -Asociación de Familiares y Amigos de los Enfermos Psíquicos- en colaboración con el Concello de Narón para este domingo. La prueba deportiva se celebrará en Narón, en el paseo de Xubia, con una distancia a recorrer de cinco kilómetros en modalidad carrera y de 3,5 kilómetros en andaina. Pequeños y mayores pueden participar en esta iniciativa solidaria, que para la carrera tiene un precio de inscripción de seis euros, mientras que para la andaina es de cuatro. Las inscripciones se pueden realizar en la web de Carreiras Galegas. Es importante tener en cuenta que el mismo ...

Leer más »

Narón organiza un obradoiro de manexo básico do smartphone

FERROL360 | Martes 11 outubro 2016 | 10:29 A Casa da Mocidade, na Gándara, acollerá entre os días 24 e 28 deste mes un Obradoiro sobre o manexo básico do smartphone. A actividade é de balde e ofértanse un total de oito prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. O prazo de inscrición para participar nesta actividade xa está aberto e os interesados deben anotarse na Biblioteca municipal en horario de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 e os sábados de 10:00 a 13:00. Os participantes terán a oportunidade de mellorar o manexo dos seus teléfonos móbiles utilizando as aplicación básicas. O envío de datos a través dos móbiles, como fotografías, gravacións de audio, correos electrónicos, entre outros, serán algúns dos apartados ...

Leer más »

O Concello de Narón urxe á Xunta a ampliar as prazas de comedor no CPI do Feal

FERROL360 | Luns 10 outubro 2016 | 18:44 O goberno local de Narón respalda á solicitude do Consello Escolar do CPI do Feal para instar á Xunta a ampliar o número de prazas de comedor escolar para este curso. A edil de Ensino, Mercedes Taibo, critica que a Xunta non atenda as reclamacións formuladas polo Consello Escolar e a Anpa do centro ante o Servizo de Xestión de Comedores Escolares. Este organismo, dependente da Consellería de Ensino, rexeitou ampliar as 89 prazas de comedor dispoñibles no colexio do Feal, o que supón deixar fóra deste servizo a preto dun cento de demandantes. «Desde o goberno local de Narón respaldamos unha por unha as reivindicacións formuladas desde o Consello Escolar e a Anpa do Feal», declarou Taibo. Asemade, a concelleira urxe ...

Leer más »

Máis de 40 expositores participarán esta fin de semana na XVI Feira do Mel de Narón

FERROL360 | Xoves 6 outubro 2016 | 14:07 A concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mar Gómez, presentou este xoves o programa da décimo sexta edición da Feira do Mel, que se celebrará no recinto feiral do Trece este sábado e domingo. A cita contará coa participación de máis de 40 expositores de produtos ecolóxicos e artesanais co mel como principal reclamo. Así, cóntase coa presenza de pequenos e medianos produtores hortofrutícolas, como legumes, queixos, marmelos, aceites, infusións ou cervexas, así como doutras manufacturas en coiro, madeira, xoiaría en prata ou cosméticos, entre outros. A feira desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Como en edicións anteriores, está prevista a participación activa dun bo número de membros da delegación de Ferrolterra da ...

Leer más »

Espectáculo teatral con marionetas para os peques este venres no local social de Piñeiros

FERROL360 | Luns 3 outubro 2016 | 13:33 O teatro de marionetas da compañía Trompicallo chegará este venres ao local social de Piñeiros para divertir aos peques da casa. O espectáculo, que leva por título O día que chegou unha nube e choveu, está destinado a nenos de entre 1 e 5 anos de idade. A cita, que é de balde, desenvolverase en dúas sesión, unha que dará comezo ás 18:30 e a outra a partir das 19:30 horas. En cada un dos pases non poderá haber máis de cincuenta persoas, para deste xeito garantir o correcto desenvolvemento da actividade. O argumento da historia iniciase nun espazo cuberto de pedras e no que unha vez que comeza a chover aparecen herba, flores, peixes e ovellas, entre moitas outras especies. Os ...

Leer más »

As Escolas Culturais Municipais de Narón, un nicho de talento

REBECA COLLADO | Venres 30 setembro 2016 | 10:43 Todos temos unha parte artística que debemos coidar e potenciar. Pode manifestarse desde que somos ben pequenos ou xa na idade adulta, pouco importa, pero hai que mimala e axudala a desenvolverse en plenitude. Porque a música, o teatro, o baile ou o debuxo sacan o mellor de nós e nos permiten expresar aquelas cousas que non sabemos comunicar doutro xeito. Son liberadoras. Porque nunca é tarde, ni demasiado cedo, para aprender a tocar un instrumento e para desenvolver as nosas potencialidades artísticas, as Escolas Culturais Municipais de Narón non teñen límite de idade. «Hai xente de todas as idades, nenos pequeniños e xente maior», explica Emilio Romero, profesor do Obradoiro de Construción de Instrumentos. Iso si, se dividen en grupos ...

Leer más »

Narón oferta obradoiros extraescolares de inglés, de reforzo educativo e de programación e robótica

FERROL360 | Xoves 29 setembro 2016 | 9:10 A Concellería de Ensino de Narón mantén aberto o prazo de matrícula nas actividades enmarcadas no Programa Municipal de Educación Extraescolar 2016-2017 -Promedex-. Os obradoiros programados para educación Infantil e Primaria son de iniciación á lingua inglesa, reforzo educativo a través do emprego das novas tecnoloxías da comunicación,e de programación e robótica. A edil responsable da área, Mercedes Taibo, explicou que se reserva aos escolares de ESO outro obradoiro de programación e robótica educativo e para adultos as Escolas de Familia, nas que os asistentes aboradarán temas como a disciplina positiva, a resolución de conflitos, o bulling e acoso escolar e o control do estrés, entre outros. «A través deste tipo de programas tanto o alumnado dos centros educativos públicos de Narón ...

Leer más »

Narón destinará 800.000 euros á instalación de alumeado led en varios viais e prazas

FERROL360 | Sábado 24 setembro 2016 | 14:11 O Concello de Narón destinará este ano unha partida global de 800.000 euros á instalación de alumeado led en varias rúas e prazas da localidade. A partida procede marioritariamente das arcas locais xa que 500.000 aportounos o Concello e os 300.000 restantes proceden do Plan de Acción Social da Deputación da Coruña, correspondente ao ano 2015. O edil de Obras, Pablo Mauriz, indicou que según as previsións, a factura enerxética do Concello podería reducirse en máis de 100.000 euros ao ano, cando se completen todos os traballos proxectados na zona urbana. As actuacións con cargo a este orzamento permitirán dotar de alumeado led á práctica totalidade dos barrios da Gándara e A Solaina, pero tamén á zona das Vivendas de Profeco; á ...

Leer más »

Narón oferta seis cursos formativos para desempregados

FERROL360 | Sábado 24 setembro 2016 | 12:41 Atención ao público e habelencias comunicativas, prevención de riscos laborais con prevención de riscos e medio ambiente naval, medio ambiente naval e prevención de riscos naval, hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos, primeiros auxilios, operador carretilleiro e de plataforma elevadora con certificación UNE, son os cursos para desempregados que oferta Narón. A Concellería de Formación abrirá este luns o prazo de inscrición nestas seis accións formativas, que se desenvolverán antes de que remate o ano. Os cursos, que terán lugar no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, están dirixidos a desempregados da localidade maiores de 18 anos. Os interesados en participar nestas acción formativas deben anotarse no Rexistro municipal, en horario de 8:30 a 13:00 horas, cumplimentando as instancias que ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies