Home / Archivo de Etiquetas: Concello de Narón (página 30)

Archivo de Etiquetas: Concello de Narón

Narón cederá unha parcela municipal en Río do Pozo para construír unha escola infantil

FERROL360 | Domingo 31 xullo 2016 | 12:46 A Fundación ‘Parque científico-tecnolóxico Río do Pozo’ contará cunha nova parcela no parque empresarial para construír unha escola infantil. O Concello de Narón cederá a parcela municipal para acollerse ás axudas da Xunta de Galicia para a construción de escolas infantís en parques empresariais. O pleno de Narón aprobou este xoves por unanimidade a cesión desta superficie de 1.162,50 metros cadrados, que cumpre os requisitos solicitados na disposición autonómica. A posible construción da escola infantil en Río do Pozo permitiría completar a rede municipal –con centros na Solaina, A Gándara, Piñeiros e Xuvia- e autonómica deste tipo de instalacións. Na proposta plenaria especifícanse ademais os prazos determinados polo Concello, que demanda o fin das obras nun período de 18 meses -contados desde ...

Leer más »

A XVIII edición do Oenach Atlántico de Sedes abre as súas portas

FERROL360 | Sábado 30 xullo 2016 | 13:55 O recinto feiral do Trece acolle esta fin de semana a décimo oitava edición do Oenach Atlántico de Sedes. Unha cita na que se desenvolverán unha gran variedade de actividades artesanais, teatrais, deportivas, musicais e de baile, así como un mercadiño artesán. A programación arrancou este venres á noite coa recreación do renacemento do Lume Novo Solsticial nas pallozas da Aldea Castrexa e o concerto de Leilía, incluída na Noite de Música Galiciana. Este sábado procedeuse á apertura da Campa castrexa na que veciños e visitantes poderán mercar diferentes artículos nos trinta postos que compoñen o mercadiño artesán. Ao longo do día haberá mostra da artesanía de Luthieres; artesanía en vivo e obradoiros didácticos sobre construción de vivenda, tecido, cociñado castrexo, photocall ...

Leer más »

Corte de auga este mércores e xoves na estrada de Castela, nas inmediacións da escola infantil de Piñeiros

FERROL360 | Luns 18 xullo 2016 | 14:20 Desde este mércores ás 22:00 horas e ata o xoves ás 08:00 horas a empresa mixta de augas do Concello de Narón -Cosma- procederá a cortar o subministro de auga no tramo da estrada de Castela comprendido entre a rúa Concepción Arenal e a avenida Miguel de Cervantes, nas inmediacións da escola infantil de Piñeiros. O corte poderá repercutir nos viais transversais da zona afectada –na marxe dereita da estrada, cara a Xuvia, en dirección Ferrol-Narón- con baixadas na presión do subministro de auga. Esta medida responde á necesidade de continuar executando as obras do interceptor, para desfacer o by-pass realizado na rede xeral de abastecemento. Un by-pass que foi preciso realizar para que a empresa que executa os traballos puidese instalar ...

Leer más »

Narón celebrará a XVIII Festa gastronómica do Pemento do Couto os días 16 e 17 de xullo

FERROL360 | Mércores 6 xullo 2016 | 9:26 A parroquia naronesa do Couto acollerá os días 16 e 17 de xullo os actos do programa da décimo oitava edición da Festa gastronómica do Pemento do Couto. Actos enmarcados nas ‘Noites no mosteiro’ e na ‘Festa gastronómica’. As concelleiras de Festas e Turismo, Mar Gómez e Natalia Hermida, respectivamente, foron as encargadas de presentar este martes o evento acompañadas polo xerente da Cooperativa do Val, José Castro, do presidente da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, Tomás Casal, e do novo presidente da AVV do Couto, Ramón Francisco Couto. A cita festiva dará comezo o 16 de xullo coas ‘Noites no mosteiro’, con concertos de música de cámara a cargo do grupo Musgalia entre as 22:30 e as ...

Leer más »

Arranca a campaña de doazón de sangue impulsada polo CTG e o Concello de Narón

FERROL360 | Martes 5 xullo 2016 | 9:13 Xa está en marcha a campaña de doazón de sangue impulsada desde o Centro de Transfusión de Galicia -CTG)- e na que colabora o Concello de Narón co reparto de 11.000 dípticos informativos. A iniciativa arrancou este luns coa instalación dunha das unidades móbiles do CTG na Praza da Constitución durante toda a tarde. Desde o Centro de Transfusión de Galicia lembran que os niveis de reserva máis baixos na actualidade correspóndense cos grupos A+ e B+, se ben salientaron a importancia de que se realicen tamén doazóns do resto de grupos sanguíneos. A iniciativa, entre cuxos obxectivos está incrementar o número de doazóns de sangue na localidade, continúa este martes e o mércores. En ambas xornadas a unidade móbil do CTG ...

Leer más »

Recepción en Narón aos nenos de Chernóbil que pasarán o verán no municipio

FERROL360 | Mércores 29 xuño 2016 | 9:05 Catro nenas e un neno de Chernóbil pasarán os meses de verán en Narón con familias de acollida. É o segundo ano que estes pequenos visitan o municipio da man da ONG Ledicia Cativa, entidade encargada de xestionar a estancia dos cativos en varios municipios galegos. Este martes o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a concelleira de Acción Social, Catalina García, e representantes dos grupos da corporación local asistiron á recepción que o Concello programou para dar a benvida aos rapaces. Tamén estiveron presentes as familias de acollida e a presidenta da ONG Ledicia Cativa, Montse Tuimil. Blanco e García salientaron a colaboración das familias nesta iniciativa, indispensable, subliñaron, para poder manter este programa de colaboración coa citada asociación. Os menores ...

Leer más »

Narón e o CTG desenvolverán unha campaña de doazón de sangue a vindeira semana

FERROL360 | Martes 28 xuño 2016 | 18:46 Os días 4, 5 e 6 de xullo desenvolverase en Narón unha campaña de doazón de sangue, organizada pola Concellería de Sanidade do municipio e o Centro de Transfusión de Galicia -CTG-. O edil de Sanidade, Octavio Dopico, e a portavoz do CTG, Ángeles Pazos, presentaron este martes a nova campaña, que buca incrementar o número de doazóns na época do verán. Dopico salientou a colaboración do Concello co CTG para poñer en marcha a iniciativa e animou aos veciños a participar nesta convocatoria na que o goberno local colabora co reparto de 11.000 dípticos informativos. Pola súa banda, Pazos avanzou que o vindeiro luns haberá unha unidade móbil do CTG na Solaina -na Praza da Constitución-, en horario de 15.30 a ...

Leer más »

Narón cierra el plazo para anotarse en la caminata del próximo domingo

FERROL360 | Martes 28 junio 2016 | 12:57 Este martes es el último día para que los interesados se inscriban en la caminata y la comida de confraternidad que el próximo domingo servirá de cierre al programa Ponte en ruta con nós, promovido por el Concello de Narón. Es preciso abonar una cuota de 15 euros por persona. La cantidad cubre los desplazamientos en autobús a Pedroso, el seguro de los participantes y la comida, que será a base de paella, churrasco, café, postre y bebida -agua y vino-. Las inscripciones se formalizan en el pabellón polideportivo de A Gándara de 09:00 a 13:00 y de 16:30 a 18:30 horas, siendo preciso pagar por adelantado. Los participantes saldrán de las inmediaciones del antiguo Concello, en Xuvia, a las 11:30 horas ...

Leer más »

Narón celebra a tradicional recreación das Lendas da Pena Molexa

FERROL360 | Sábado 18 xuño 2016 | 11:29 Xogos populares, deporte rural e música para celebrar a tradicional recreación das Lendas da Pena Molexa. O lugar de Vilasuso, na parroquia do Val, será este sábado o escenario da representación, organizada pola Concellería de Cultura de Narón e a asociación veciñal Os Irmandiños. O programa comezará ás 18.00 horas cunha xornada de xogos populares e de deporte rural. A música tomará o relevo a partir das 20.30 cunha actuación a cargo do Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura. Desde as 21.00 horas serviranse as primeiras racións de ‘churrasco molexo’ e ‘bocata lopeso’ –a prezos populares- preparadas na zona para a ocasión. A música regresará novamente á programación festiva a partir das 22.30 da man do grupo folk Zoadeira. A tradicional ...

Leer más »

La Xunta estima que el nuevo centro de salud de Narón será una realidad a finales de 2018

REBECA COLLADO | Ferrol | Lunes 6 junio 2016 | 17:07 «Hoxe é un día importantísimo para o Concello de Narón», así ha resumido el alcalde de la localidad, José Manuel Blanco, la firma del convenio de cooperación con el SERGAS para la construcción del nuevo centro de salud del municipio. Un anhelo de la administración local desde el año 2008 y que ahora se ha convertido en realidad. El conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, se ha trasladado a Narón para firmar el documento y durante el acto institucional ha destacado «a sensibilidade mutua» por poner en marcha este proyecto. Un proyecto que el conselleiro confía en licitar a finales de este año, de forma que las obras puedan estar finalizadas a finales de 2018 o principios de 2019. Vázquez ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies