Home / Archivo de Etiquetas: Concello de Narón (página 32)

Archivo de Etiquetas: Concello de Narón

Narón acollerá neste mes de maio o I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial Cidade de Narón

FERROL360 | Domingo 1 maio 2016 | 10:50 Narón celebrará o I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial os días 28 e 29 de maio no auditorio municipal. Unha cita que se enmarca dentro do programa de actos co que se conmemorará a Semana da Educación Vial e Mobilidade, do 23 ao 29 deste mes. A iniciativa conta co patrocinio da Deputación da Coruña e a Academia Galega de Seguridade Pública, entre outros. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo, de balde, a través desta web, ao estar limitado o aforo do auditorio. A inauguración será o día 28 de maio ás 10:00 horas e o relatorio inaugural correrá a cargo de Bartolomé Vargas, fiscal de sala e coordinador de seguridade viaria da Fiscalía Xeral do Estado. Tomaralle o ...

Leer más »

Música, obradoiros, comida campestre e a tradicional peregrinación para celebrar a «Romaría da O»

FERROL360 | Xoves 28 abril 2016 | 15:12 A parroquia de Pedroso encherase de actividades durante as vindeiras semanas para celebrar a «Romaría da O». Así, haberá música, obradoiros, unha comida campestre e, como non podía ser doutro xeito, a tradicional peregrinación. Os actos comezarán este sábado e continuarán a fin de semana do 6, 7 e 8 de maio. A programación arranca este sábado coa inauguración dunha exposición fotográfica, composta por duascentas imaxes, sobre Pedroso e a súa xente no século XX. Será no local social da Pombiña. Pola tarde, a partir das 17:00 horas, comezará un obradoiro no que se elaborarán as roscas de pan polas que se poxará, como marca a tradición, o domingo 8 de maio na sesión vermú. A actividade do primeiro día de festa ...

Leer más »

Narón nomeará fillo adoptivo ao escultor luso Manuel Patinha

FERROL360 | Mércores 27 abril 2016 | 16:07 O artista Manuel da Silva Marqués de Patinha será nomeado este xoves, en sesión plenaria, fillo adoptivo de Narón, tras a aprobación unánime da corporación municipal. O alcalde, José Manuel Blanco, destacou que Patinha será «a primeira persoa tra-la Democracia en recibir esta distinción no Concello», en cuxas instalacións, así como noutras dependencias municipais e espazos públicos, se poden ver varias obras escultóricas, pictóricas e gravados do artista. Nacido en Póvoa de Santa Iria (Portugal) en 1949, Manuel Patinha reside en Narón desde hai varios anos. En 2011 cedeu ao municipio a escultura Avelinda, realizada en aceiro inoxidable e con case cinco metros de altura, que está colocada na praza de Fernando Yáñez. Noutros espazos públicos do municipio están tamén as obras ...

Leer más »

Nova xuntanza para perfilar o programa do Encontro Interxeracional de Narón

FERROL360 | Martes 26 abril 2016 | 14:22 A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, mantivo este luns unha nova xuntanza con representantes de quince asociacións para perfilar o programa do Encontro Interxeracional que se celebrará na localidade o vindeiro 12 de xuño. A edil avanzou que o aforo baixo as dúas carpas que se localizarán na zona do paseo de Xuvia, onde terá lugar a tradicional comida de maiores e outras actividades, estará limitado a 800 persoas. A concelleira naronesa e os representantes das diferentes entidades acordaron a instalación, como é habitual neste evento, de mesas informativas de varios colectivos e unha exposición dos traballos que realizan as persoas maiores ao longo do ano nas asociacións e centros de maiores da localidade. Así mesmo, Sabio indicou que ...

Leer más »

Narón se lleva a Dolce Vita Odeón la celebración del Día del Libro

FERROL360 | Sábado 23 abril 2016 | 18:45 Taller de lectura en el centro comercial y de ocio Dolce Vita Odeón con motivo del Día del Libro. El alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ha inaugurado la cita en la tarde de este sábado leyendo unas líneas del clásico Rebelión en la granja, del británico George Orwell. Dio paso a la concejala de Cultura, Marián Ferreiro, que recurrió al Quijote. La actividad fue organizada por la superficie comercial de A Gándara en colaboración con la sociedad cultural Areosa.

Leer más »

Corte en el suministro de agua en Narón por las obras de abastecimiento

saneamiento inxerto

FERROL360 | Sábado 23 abril 2016 | 16:36 Cosma anuncia un corte en el suministro de agua desde las 22:00 horas de este domingo. Su finalización está prevista para las ocho de la mañana del lunes. La restricción se debe a la reforma de la tubería general de abastecimiento, necesaria para realizar el cruce de carretera para la obra del interceptor general de abastecimiento. La medida afectará a los números pares del tramo de Narón de la carretera de Castilla; concretamente, desde el cruce del vial con la avenida Concepción Arenal -aunque sin efecto en los edificios de esta última calle- a la intersección de carretera de Castilla y avenida Conde de Fenosa -tampoco afectará el corte a este último vial-. Además, las calles transversales a la carretera de Castilla ...

Leer más »

Alumnos do CEIP Virxe do Mar plantarán corenta árbores no paseo marítimo de Xuvia este sábado

Cativos da Escola Infantil Os Meniños de Ferrol participaron na iniciativa (cedida)

FERROL360 | Xoves 21 abril 2016 | 16:53 Unha treintena de alumnos de Primaria do colexio Virxe do Mar participarán este sábado na tradicional plantación de árbores que anualmente realiza a Asociación Xuvenil de Tempo Libre Croio con estudantes de Narón. A actividade desenvolverase no paseo marítimo de Xuvia, á altura da parte traseira da igrexa de Santa Rita, ás 11:30 horas. Os participantes reuniranse na zona e recibirán unha pequena explicación dos representantes da entidade sobre como plantar unha árbore. Unha vez repartidas as ferramentas, chegará a hora de poñerse mans á obra e plantar un total de corenta árbores de diferentes especies, coma o liquidámbar, magnolio, loureiro portuxés, callistemo, arce xaponés e acivro. A cada árbore colocaráselle unha etiqueta co nome das persoas que colaboraron na súa plantación ...

Leer más »

Eliximos Narón sugiere al Concello un plan de optimización energética para el próximo lustro

FERROL360 | Lunes 18 abril 2016 | 19:11 Eliximos Narón ha solicitado este lunes al Concello un plan de optimización energética y actuaciones tanto en inmuebles de titularidad pública como en el alumbrado exterior. En un comunicado, la formación del grupo mixto recuerda la existencia del convenio entre Ayuntamiento y Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña por importe de 15.000 euros anuales. Subraya que la fundación abordó un análisis energético preliminar de dependencias municipales en torno a la optimización de la factura eléctrica. El grupo político reclama que se completen los estudios sobre alumbrado exterior y edificios públicos para elaborar un plan de optimización energética municipal para el próximo lustro. Asimismo, indica que hasta julio Galicia cuenta con 22 millones de euros de fondos europeos para esta finalidad, por lo ...

Leer más »

O goberno de Narón reúnese cos representantes das Confrarías de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e Barallobre

FERROL360 | Venres 15 abril 2016 | 18:15 O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os voceiros do PSOE e BNG mantiveron unha reunión con representantes das Confrarías de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e Santiago Apóstol de Barallobre para escoitar as inquedanzas do colectivo polos problemas derivados do retraso que acumulan as obras de saneamento da ría. Os representantes municipais tomaron nota das reivindicacións plantexadas por Isabel Maroño e Carlos Rey, que acudiron acompañados por Paz González, secretaria da Confraría de Ferrol, e Benigno Varela, vicepatrón da de Barallobre. Blanco informou do estado no que se atopa a obra e incidiu en que se trata dunha actuación na que Narón e Ferrol aportarán unha contía económica, pero a contratación, dirección de obra e de seguridade dependen directamente de ...

Leer más »

Primeira xuntanza para coordinar o programa do Encontro Interxeracional de Narón

FERROL360 | Luns 11 abril 2016 | 16:08 Será o vindeiro 12 de xuño cando Narón celebere a quinta edición do Encontro Interxeracional no paseo marítimo de Xuvia. Unha cita na que comezaron a traballar este luns a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, e os representantes de dezasete entidades do municipio, coa coordinación do programa. A edil naronesa e os representantes das asociacións acordaron adiantar a data do evento para evitar que coincida con outras actividades a desenvolver na localidade. Os asistentes á convocatoria acordaron manter unha segunda xuntanza o vindeiro día 25 para perfilar o programa de actos a desenvolver ao longo da xornada, para a que cada asociación plantexará unha serie de actividades. Sabio lembrou que o Encontro Interxeracional supón o remate das actividades do ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies