Home / Archivo de Etiquetas: Concello de San Sadurniño (página 4)

Archivo de Etiquetas: Concello de San Sadurniño

San Sadurniño lleva a pleno el reglamento de gestión de su centro municipal de empresas

FERROL360 | Miércoles 7 septiembre 2016 | 14:56 El pleno ordinario del Concello de San Sadurniño, retrasado a este jueves para hacerlo coincidir con el fin de la exposición pública de la cuenta general del 2015, tratará este balance económico, que refleja remanentes de Tesorería por 545.000 euros. Además, se abordará el reglamento de gestión del centro municipal de empresas de la localidad. La corporación también someterá a aprobación la ordenanza sobre el uso de sus servicios e instalaciones, contiguas a la casa consistorial. Disponen de 13 locales para oficinas y dependencias comunes, que se pondrán en breve a disposición de emprendedores, profesionales por cuenta propia, empresas y entidades sin fines de lucro. Podrán desarrollar su actividad por 5,83 euros por metro cuadrado al mes. El edificio tiene 250 metros ...

Leer más »

A III edición do Chanfaina Lab arranca este xoves en San Sadurniño

O público encheu a casa da cultura de San Sadurniño (cedida)

FERROL360 | Xoves 1 setembro 2016 | 10:25 O Chanfaina Lab é xa unha cita obrigada para os creadores audiovisuais da comarca. Na súa terceira edición, que comeza este xoves, participan un total de 25 creadores dos que case a metade son de San Sadurniño. O obxectivo principal do evento continúa intacto: ofrecer unha visión distinta de San Sadurniño. Unha visión dobre, a que teñen os realizadores foráneos, pouco coñecedores do municipio, e a da xente local. Pero o Chanfaina Lab tamén pretende ser un punto de encontro entre distintas sensibilidades artísticas e e de intercambio de coñecemento. A maxia desta iniciativa reside, tanto na produción en si, como neses momentos antes, durante e despois en que se comparten pareceres, puntos de vista e mesmo chaves técnicas para solventar con ...

Leer más »

A VIII Feira Rural de San Sadurniño chega este sábado cun completo programa de actividades

FERROL360 | Venres 26 agosto 2016 | 11:10 Postos de alimentación ecolóxica, paseos en kaiac, exhibicións de cetraría e obradoiros de cociña, son algúns dos atractivos da VIII edición da Feira Rural de San Sadurniño, que se celebrará este sábado ao pé do Xubia. Un evento que mistura a filosofía das feiras tradicionais coa promoción de experiencias que apostan pola sustentabilidade. O principal protagonista da Feira Rural volverá ser o mercado cun total de 130 postos de produtos frescos, alimentos transformados, viveiros de planta e flor, artesanía e artigos de segunda man, distribuídos polo arboredo de especies autóctonas da Cortiña. A novidade deste edición é a participación de 22 postos de explotacións certificadas polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, que ofrecerán degustacións dos seus produtos durante toda a ...

Leer más »

San Sadurniño solicita converterse en Punto de Información Catastral

FERROL360 | Luns 23 maio 2016 | 17:30 O Concello de San Sadurniño quere incorporarse á rede de oficinas de información catastral para ofrecer este servizo no rexistro municipal. Os Puntos de Información Catastral son oficinas nas que a cidadanía acceden dun xeito doado á información catastral sobre as súas propiedades, ademais de ofrecerlle un completo catálogo de xestións a realizar sen ter que desprazarse ás delegacións. Os Puntos de Información Catastral teñen as mesmas funcións que unha oficina do Catastro e tamén se poden realizar trámites comúns como acceder a información de carácter xeral e particular sobre inmobles; asesorase sobre obrigas perante o Catastro e notificar por comparecencia en procedementos catastrais. Tamén se poden realizar consultas libres e certificación de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixitale hai ...

Leer más »

Ampliado o prazo para inscribirse no curso de fructicultura da AGFA

FERROL360 | Domingo 1 maio 2016 | 14:42 Os interesados en participar no curso que organiza a Asociación Galega da Froita Autóctona (AGFA), en colaboración co Concello de San Sadurniño, para iniciarse ou mellorar os seus coñecementos sobre a produción das árbores froiteiras teñen ata o 10 de xuño para inscribirse na actividade. Deben chamar ao 616.332.919 ou enviar un correo a: agustin.perez@sansadurnino.gal. O docente do curso será o técnico na materia Alberto Varela, que abordará cuestións como a morfoloxía da árbore froiteira e as técnicas de plantación, pero tamén os traballos de mantemento, poda, e enxertado. O curso tamén tratará sobre as enfermidades máis habituais e o seu tratamento e, por último, tamén tocará os procesos de colleita e transformación de froitas e hortalizas. Serán un total de 24 ...

Leer más »

As plantas e as flores danse cita este domingo en San Sadurniño

FERROL360 | Martes 19 abril 2016 | 13:31 San Sadurniño acollerá este domingo a súa tradicional Feira da Plantación, unha cita que chega este ano á vixésimo primeira edición. Organizada pola área de Desenvolvemento local, en colaboración coa Deputación e os viveiros Vivergal, a feira busca promocionar a produción e a comercialización agrícola na zona e poñer en valor o cultivo da terra como factor de desenvolvemento socieconómico. Entre as 10:00 e as 19:00 horas, unha gran carpa situada nas inmediacións do colexio público acollerá numerosos expositores de venda de planta, tanto frutífera coma ornamental ou medicinal. E tamén acudirán tamén diversos postos de alimentación, artesanía ou maquinaria agrícola. Ademais haberá diversas actividades para todos os públicos. Ás 12:00 horas, a Asociación Brío ofrecerá unha exhibición de danza e ximnasia ...

Leer más »

O popular Andrés Fernández renuncia como concelleiro en San Sadurniño

FERROL360 | Xoves 14 abril 2016 | 16:14 Andrés Fernández Graña, número dous da lista do Partido Popular ás eleccións municipais en San Sadurniño, rexistrou este martes no Concello a súa renuncia ao cargo de concelleiro da corporación. No escrito, Fernández aduce razóns persoais para deixar o seu posto que, de acordo coa normativa electoral, deberá ser ocupado pola seguinte persoa da lista. A súa renuncia sorprendeu ao goberno municipal xa que, segundo explicou o alcalde, Secundino García, «a nova corporación aínda non cumpriu o ano de vida». Con todo, para o rexedor, a marcha de Fernández «merece todo o respecto». Unha vez rexistrada a solicitude de renuncia, o pleno municipal deberá tomar coñecemento oficial e comunicarllo á Xunta Electoral xunto co nome do substituto ou substituta, que se designará ...

Leer más »

Abanca deberá pagar 62.000 euros ao Concello de San Sadurniño por un produto financeiro de alto risco

FERROL360 | Martes 29 marzo 2016 | 19:42 O Xulgado de 1ª instancia nº 13 da Coruña acaba de fallar en favor do Concello de San Sadurniño no xuízo contra Abanca co obxectivo de anular o contrato dun produto financeiro de alto risco asociado a un crédito de 300.000 euros solicitado polo municipio en marzo de 2007. A sentenza, que lle foi comunicada este martes oficialmente ao Concello e contra a que cabe recurso de apelación, deixa sen efecto o contrato e obriga á entidade bancaria a entregar 61.956,85 euros cobrados indebidamente así como os xuros correspondentes. O xulgado tamén obriga a Abanca a asumir os custes procesais. O alcalde de San Sadurniño, Secundino García, cualificou a notificación da sentenza como «unha victoria política dos intereses xerais do pobo contra ...

Leer más »

Este sábado apaga la luz a las 20:30 horas y súmate a ‘La Hora del Planeta’

FERROL360 | Viernes 18 marzo 2016 | 18:09 La organización WWF nos pide una vez más que apaguemos la luz durante una hora, como acto simbólico para salvar el planeta. La cita ha llegado, es este sábado a las 20:30 horas, y millones de personas en todo el mundo van a participar en esta iniciativa. En nuestra comarca, los Concellos de Mugardos, Fene y San Sadurniño ya han confirmado su participación en la acción reivindicativa. Así, en Mugardos se apagarán las lunes de la casa da Cultura; en San Sadurniño dejarán a osculas la antigua plaza del Concello y en Fene las luces de la Casa da Cultura-Museo do Humor permanecerán apagadas. De esta forma, la entidad quiere demostrar que juntos podemos construir un futuro basado en las energías limpias ...

Leer más »

San Sadurniño abre o prazo para inscribirse no VII Tetramaratón

FERROL360 | Martes 15 marzo 2016 | 13:00 O Concello de San Sadurniño vén de abrir o prazo para inscribirse no VII Tetramaratón, que se celebrará o vindeiro xoves 24 de marzo no pavillón municipal e nas pistas do colexio. Poderán participar os maiores de 15 anos, que deberán crear equipos nas modalidades de voleiball, fútbol sala, baloncesto e hóckei. Os encontros comezarán ás 9:30 horas e desenvolveranse ata primeiras horas da tarde. Os equipos poderán ser mixtos e deberán ter un mínimo de cinco xogadores ou xogadoras e un máximo de seis. O regulamento xeral indica que os 4 partidos clasificatorios se xogarán seguidos contra o mesmo rival e que os puntos conseguidos polas compoñentes femininas -que deberán xogar todos os encontros- valerán o triple. No volei 5×5 disputaranse ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies