FERROL360 | Luns 11 maio 2015 | 14:23 O Auditorio de Ferrol é o escenario elixido para celebrar o Concerto do 25 aniversario da Universidade da Coruña, que terá lugar o 21 de maio ás 20:30 horas. Unha actuación na poderemos gozar da música da Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra Xoven, guiadas polo seu director titular Dima Slobodeniouk e coa interpretación da soprano Barbara Hannigan. O concerto, organizado en colaboración co Concello de Ferrol, conta cun programa con pezas de H. Abrahamsen: Let me tell you, C. Monteverdi: Ave Maris Stella e O. Respighi: Pinos de Roma. Ao concerto accederase con invitación que se pode recoller na Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: Concerto do 25 aniversario da Universidade da Coruña