FERROL360 | Xoves 11 maio 2017 | 12:25 Ses subirá de novo ao escenario da Fundaçom Artábria, seis anos despois do seu último recital alí, este sábado dende as 22:00 horas co gallo da programación especial da entidade polo Día das Letras 2017. Non queda nin unha soa entrada para escoitala en formato acústico con Tito Calviño nunha noite que promete ser inesquecíbel. Mais antes, dende as 17:00 horas, o mesmo sábado, os cativos terán unha festa con Paco Nogueiras e o seu Brinca Vai!, un espectáculo de balde para o que cómpre ter reserva feita. A previa chega o venres ao local da Travesa de Batallóns coa banda Berlai, liderada polo antigo integrante de Fía na Roca Xiao Berlai, que presentará o seu primeiro traballo, Desconhecido, no que mistura ...
Leer más »Sés, cantante: «Sempre hai unha música para tranquilizarte, para curarte, para levantarte»
ARY LÓPEZ | Ferrol | Sábado 12 abril 2014 | 12:43 Leva o inconformismo na lingua e a etiqueta de autenticidade no peto. É «hipersociable», moi faladora. Oponse aos prexuízos e nega os estereotipos. Non é fada nen princesa. É amante das verdades, malia que provoquen sangue. Sés é defensora da igualdade e practicante do insomnio ocasional. Camiña cos pés no chán e a testa ben alta. Constrúe verbas de flor e ás veces extrae o son da dor. A súa repercusión hoxe en día é importante. María Xosé Silvar non coñece o descanso, xa que non para de xirar o seu segundo traballo discográfico, Co xenio destrozado, que autoproduciu aínda non hai un ano. En todo este tempo continúa enchendo locais. En directo, atrapa e non solta, tecendo unha ...
Leer más »A cantante Silvia Penide actúa este xoves no Centro Cultural Torrente Ballester
ARY LÓPEZ | Mércores 9 outubro 2013 | 16:52 Noites na Capela, o ciclo promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, aposta este xoves pola canción comprometida. Chega ao Torrente Ballester a sensibilidade, a maxia das palabras feitas música soando na boca de Silvia Penide. A súas letras son solidarias, cheas de forza, valor e sentimento, e visita Ferrol con novo traballo discográfico titulado Animal de compañía. Un disco ao que a artista admite ter que «coidar porque é a miña responsabilidade, e porque me dá tantas satisfaccións». De aí que sexa a súa mascota máis prezada; unha obra que recolle o seu lado máis persoal e atrevido. A cantante coruñesa leva máis dunha década de carreira musical, e este último disco, o seu quinto álbum, representa a ...
Leer más »A cantante Uxía actuará este mércores en Neda
FERROL360 | Luns 23 setembro 2013 | 15:45 Rosalía Pequeniña é o último traballo da cantante Uxía Senlle, onde interpreta textos musicados con melodías variadas e actuais a ritmo de muiñeira, rock, balada ou blues. Trátase dun libro-disco no que a cantante pon voz aos poemas de Rosalía de Castro. Nel tamén se recollen pezas de Curros Enríquez ou Luis Emilio Batallán. O concerto forma parte do programa ‘FalaRedes 2013’ e percorrerá ata final de ano 40 dos concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. O obxectivo que se pretende é promover o uso da lingua galega, celebrando ademais o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos. O recital, que dará comezo ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Neda, é de entrada gratuíta.
Leer más »