Home / Archivo de Etiquetas: concertos

Archivo de Etiquetas: concertos

Coñece a programación de actividades do Ateneo Ferrolán para outubro

FERROL360 | Martes 23 setembro 2014 | 13:41 Obradoiros de interpretación para cine, un curso de fotografía, clube de lectura e radio teatro son algunhas das actividades que poderemos atopar no Ateneo Ferrolán durante o vindeiro mes de outubro. Pero antes de cambiar de mes, o Ateneo acolle dous actos nos últimos días de setembro. Así, este mércores 24 de setembro, ás 18:30 horas, celebrarase unha Asamblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra. Ao remate de setembro e comezos de outubro terá lugar un obradoiro de interpretación para cine da man do profesor Miguel Lago Casal. O curso celebrarase do 29 de setembro ao 2 de outubro en horario de 18:00 a 22:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas o último día do obradoiro, é dicir, o 2 ...

Leer más »

O acordeonista pontés Andrés Penabad estrea o seu primeiro disco este sábado

ARY LÓPEZ | Venres 14 marzo 2014 | 09:50 Non hai moitos meses, escoitei facer soar o acordeón dunha maneira brilante. Foi nunha desas repichocas que se celebran nun bar arredor da xente, xurdidas da improvisación dos músicos e aloumiñadas coa calor do público. Entre eles estaba un rapaz loiro de ollos claros. Que maneira de tocar aquela caixa de vento con teclado! Era Andrés Penabad, pero o seu nome sóubeno máis tarde cando me enterei de que estaba preparando o seu primeiro disco en solitario. Crossing é o título dun álbum de música folk, feito a man por artistas como Bieito Romero, Fernando Barroso -quen tamén produce-, Davide Salvado, Pedro Fariñas, Edelmiro Fernández ou Kepa Junquera. Gravado entre os meses de novembro e decembro, foi mesturado en xaneiro e ...

Leer más »

San Sadurniño vivirá este sábado a V Xornada de Cultura Popular Galega

ARY LÓPEZ | Venres 27 de setembro 2013 | 19:13 A Casa da Cultura de San Sadurniño cumprirá este sábado a función de arquivo visual e sonoro e será testemuña unha vez máis, da riqueza popular da nosa comarca. Un tesouro de antigas fotografías de grupos tradicionais, un intercambio de coñecementos entre artistas galegos e o goce das interpretacións musicais do país agardan por nós na quinta edición da Xornada de Cultura Popular Galega. A temática principal céntrase este ano na importancia da voz na música popular. O obxectivo desta cita coincide co da entidade organizadora. A Asociación Folclórica e Cultural Berros do Castro loita por revalorizar a cultura popular galega e promocionar os grupos de música tradicional noveis da comarca de Ferrolterra. As actividades da V Xornada de Cultura ...

Leer más »

Noites na Capela inaugura setembro co concerto de César de Centi

FERROL360 | Mércores 4 setembro 2013 | 19:31 Despois dun mes de vacacións, a tenue luz da capela do Centro Cultural Torrente Ballester volve acenderse para celebrar un xoves máis o ciclo de concertos Noites na Capela. Esta vez, o responsable de encher con música o local ferrolán, é o cantautor coruñés César de Centi. Con máis dunha década de carreira musical, este artista comprometido leva recorrido moitos locais da nosa xeografía. Realizou numerosas colaboracións en concertos e discos de outros artistas, participou en festivais da canción de autor e a súa vena solidaria reflíctese no compromiso que adquire actuando en campañas e concertos para diferentes oenegués. Considérase un afortunado de ter compartido escenario con artistas como Gustavo Almeida, Marwan, Tontxu , ou o seu querido Carlos Chaouen. Actualmente prepara ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies