FERROL360 | Luns 12 febreiro 2018 | 00:00 A Asociación Cultural Irmandiños de Moeche convoca unha nova edición do concurso de carteis para ilustrar a 39ª edición da cita musical e cultural. As persoas interesadas en participar neste certame poderán enviar as súas obras ata o vindeiro 31 de marzo. A temática a empregar na elaboración da imaxe será libre e o tamaño será de 50 x 60 centímetros. Desde a organización indican que deberá contemplarse un espazo do cartel para engadir os logotipos da organización e das entidades colaboradoras. Ademais, figurará obrigatoriamente o texto XXXIX Festival Irmandiño – Moeche. 17, 18 e 19 de agosto de 2018. Os traballos poderán ser enviados en soporte físico ou en formato dixital, en arquivo pdf e cunha resolución mínima de 300 píxeles. ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: Concurso de carteis Festival Irmandiño de Moeche 2018