FERROL360 | Domingo 26 xullo 2015 | 18:28 Estas axudas contan cun orzamento total de 40.000 euros e serven para sufragar os gastos derivados das actividades que as entidades e Anpas de Narón realizan ao longo do ano. O prazo para a súa solicitude xa está aberto e os interesados deberán presentar no Rexistro toda a documentación pertinente, antes do 16 de agosto. As áreas que se poden beneficiar da convocatoria son as de Medio Ambiente, Infancia, Igualdade ou recuperación do patrimonio, entre outras. As deportivas non poden participar posto que xa teñen unha convocatoria específica. Para máis información, as entidades locais poden poñerse en contacto coa Escola de Participación Cidadá de Narón, ubicada na Casa da Cultura, xunto ao Concello, ata o vindeiro 31 de xullo. É preciso concertar ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: Convocatoria de axudas entidades locais