FERROL360 | Luns 24 marzo 2014 | 19:51 O alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e a presidenta da ANPA do colexio público, Ana Belén Monteagudo, asinaron este luns o convenio anual de colaboración por un importe de 4.000 euros. Esta axuda será destinada tanto a gastos de funcionamento como á organización de actividades culturais e deportivas. O documento recolle o compromiso da ANPA de organizar, como mínimo, a festa do Entroido, actividades polas Letras Galegas e cadrando cos magostos. Ademais, grazas a este convenio a ANPA subvencionará a actividade de psicomotricidade de maneira que os alumnos que participen nela só teñan que pagar un máximo de 5 euros. Por outra banda, a entidade colaborará economicamente coas excursións escolares achegando 300 euros para as de Infantil e Primaria e outros ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: Cooperativa de consumo responsable A Xoaniña