Home / Archivo de Etiquetas: copago sanitario

Archivo de Etiquetas: copago sanitario

O copago sanitario ou a prevención da violencia de xénero centrarán o pleno de San Sadurniño

FERROL360 | Mércores 6 novembro 2013 | 12:50 O pleno que o Concello de San Sadurniño celebrará o vindeiro sábado centrarase en tres mocións de peso a presentar polo grupo municipal do BNG. En primeiro lugar, o goberno local pedirá que a Xunta de Galicia desbote a súa decisión de aplicar o copagamento dos medicamentos de farmacia hospitalaria para enfermos crónicos. O que se pretende é instar á Xunta para que lle esixa ao Goberno central a derrogación desta resolución. En segundo lugar, reclamaranse fórmulas de financiamento municipal nas que se teñan en conta as características e necesidades propias dos concellos galegos, tales como a dispersión e o avellentamento da poboación. Por último, solicitarase ao Goberno galego que faga efectiva a Lei para a prevención e o tratamento da violencia ...

Leer más »

San Sadurniño afrontará o copago de medicamentos para enfermos crónicos

FERROL360 | Luns 21 outubro 2013 | 12:58 Os veciños de San Sadurniño que precisen medicación por sufrir algunha doenza crónica non terán que pagar os fármacos sobre os que o Goberno central implantou recentemente un copago sanitario. O Concello asumirá con fondos propios o custo de medicamentos para tratar distintos tipos de cancro, tumores cerebrais, artrite reumatoide ou hepatite C crónica, entre outros. Segundo recollía o BOE o pasado 19 de setembro, os usuarios de tratamentos como o Afinitor, Tyverb, Votrient ou Temodal, deberán pagar o 10 % do custo do fármaco, non superando os 4,20 euros por medicamento. Esta é a cantidade que o Concello de San Sadurniño decide afrontar para que a calidade de vida dos cidadáns non dependa do seu poder adquisitivo. Tal e como informaba ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies