Home / Archivo de Etiquetas: CPI de San Sadurniño

Archivo de Etiquetas: CPI de San Sadurniño

Alumnado do CPI de San Sadurniño traballa as emocións e o autocontrol con dúas amigas de catro patas

FERROL360 | Sábado 14 maio 2016 | 11:52 O alumnado de 3º de educación infantil do CPI de San Sadurniño ten, dende este venres, dúas novas amigas de catro patas. Chámanse Maga e Croqueta e son dúas cadelas que teñen moito que ensinarlle a estes nenos e nenas de 3 e 4 anos. Trátase dunha actividade denominada Proxecto Peluche, organizada polo departamento municipal de Igualdade a través de Libélula IAA e financiada pola Deputación da Coruña. O seu obxectivo é que os escolares desenvolvan as súas habilidades sociais grazas á interacción cos animais en distintas situacións, potenciando así a comunicación, a responsabilidade e, principalmente, a empatía. En cada sesión propóñenselles aos nenos e nenas retos moi sinxelos -case todos relacionados coa vida diaria- que deben resolver en grupo achegando ideas. As ...

Leer más »

O CPI de San Sadurniño e o CEIP Plurilingue A Fraga participan nun programa de sustentabilidade

FERROL360 | Luns 28 abril 2014 | 18:10 Dous centros educativos, o CPI de San Sadurniño e o CEIP Plurilingue A Fraga participan no programa de innovación educativa «Sustentabilidade e paisaxe», que promove a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Así, os centros recibirán material cartográfico co que traballar e establecer actividades relacionadas coa paisaxe, co obxectivo de poñer en marcha propostas de aula, con carácter innovador, no que a paisaxe se incorpore como obxecto de aprendizaxe. O fin é formar e concienciar ao alumnos no seu papel de voluntarios da paisaxe. O profesorado é o encargado de promover unha participación activa do alumnado, vencellando os coñecementos curriculares cos espazos próximos cotiás, estimulando o desenvolvemento de habilidades sociais e persoais e proporcionando ao alumnado un rol activo na sociedade. ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies