Home / Archivo de Etiquetas: culltura

Archivo de Etiquetas: culltura

A orquestra SonDeSeu encherá de folk o Pazo da Cultura naronés

FERROL360 | Venres 13 maio 2016 | 10:21 Os máis de cincuenta músicos que compoñen a orquestra de música folk SonDeSeu subiranse este sábado ao escenario do Pazo da Cultura de Narón. A formación, que conta xa con catro traballos discográficos, ofrecerá un amplo repertorio con temas propios e adaptados da música popular galega, como Folerpas, o Pasodoble das anduriñas ou a Xota de Cortellas. A través das súas actuacións, SonDeSeu aposta por recuperar o patrimonio oral, ao tempo que o integran na modernidade facendo que o público asuma un papel activo durante o espectáculo, que nesta ocasión comezará ás 20:00 horas. As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo por 6,65 ou 9,50 euros.

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies