Home / Archivo de Etiquetas: curso de primeiros auxilios

Archivo de Etiquetas: curso de primeiros auxilios

Fene abre o prazo de inscrición para participar no taller práctico de formación en primeiros auxilios

FERROL360 | Martes 21 abril 2015 | 18:29 O Concello de Fene levará a cabo un taller práctico de formación en primeiros auxilios dirixido a traballadores do sector agrogandeiro e forestal. Un curso que ten por obxectivo dotar dos coñecementos e habilidades básicas necesarias para prestar os primeiros auxilios ante unha situación de urxencia producida por un sinistro laboral. Poderán acceder persoas traballadoras ou desempregadas maiores de 18 anos que residan en Fene ou nalgún dos concellos pertencentes ás rías Altas e arco Ártabro. Tamén poderán participar os traballadores ligados á actividade agraria. O curso ten unha duración de oito horas e impartiráse os días 14 e 15 de maio. O prazo de inscripción remata o día 7 e as solicitudes poderán presentarse por correo electrónico: desenvolvementorural.issga@xunta.es e orientación.laboral@fene.es; fax: ...

Leer más »

O Concello de Fene organiza un curso de primeiros auxilios e defensa persoal

FERROL360 | Luns 22 decembro 2014 | 19:04 O Concello de Fene organiza un curso de primeiros auxilios, soporte vital básico e defensa persoal os días 29 e 30 de decembro no ximnasio da Casa da Cultura. Os interesados en asistir poden formalizar a súa inscripción os días 22, 23 e 26 de decembro no pavillón polideportivo de A Xunqueira. A participación é completamente gratuíta, aínda que haberá que entregar algún produto alimenticio non perecedoiro, que irá destinado ao Banco de Alimentos de Ferrolterra. Non hai límite de idade para asistir e os participantes poderán elixir entre o horario de mañá, de 10:00 a 13:00 horas, e de tarde, de 16:00 a 19:00 horas.

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies