Home / Archivo de Etiquetas: Cursos de emprego

Archivo de Etiquetas: Cursos de emprego

Narón abre o prazo de matrícula en tres cursos dirixidos a mulleres desempregadas do municipio

FERROL360 | Mércores 16 setembro 2015 | 11:15 Igualdade por medio da educación, confección e organización, e xestión familiar, son os tres cursos que a Concellería de Igualdade de Narón pon en marcha a través do II Plan Municipal de Igualdade. O prazo de matrícula para inscribirse nestes programas xa está aberto e estarán dirixidos a mulleres desempregadas do municipio e maiores de 18 anos. O curso de Igualdade por medio da educación desenvolverase desde o mese de outubro e ata o mes de xuño na Casa da Mocidade. As clases serán os luns, mércores e xoves en horario de 16.30 a 19.30 horas. Hai 25 prazas e as participantes formaranse en lectura, escritura, xeografía, inglés, galego e cálculo. O obradoiro de Confección impartirase nos mesmos meses no Centro Municipal ...

Leer más »

Cursos de inglés, portugués e galego en San Sadurniño para os vindeiros meses

FERROL360 | Martes 15 setembro 2015 | 12:50 A Oficina de Orientación laboral de San Sadurniño, en colaboración co centro de estudos Edinan, pon en marcha os cursos de inglés, portugués e galego para este curso. A formación vai dirixida a persoas adultas co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade. O día 21 de setembro abrirase o prazo de inscrición, que deberá realizarse en Orientación laboral ou no teléfono 650 198 917. De inglés haberá tres accións formativas: un curso de preparación da proba libre da Escola Oficial de Idiomas no nivel B1, con dúas horas de clase durante dous días á semana desde mediados de outubro ata xuño. Outro dos cursos será de nivel básico de iniciación, con sesións de 2,5 horas unha vez por semana desde mediados de ...

Leer más »

Curso de horticultura e floricultura en Cerdido no mes de agosto

FERROL360 | Xoves 16 xullo 2015 | 11:21 Cerdido acollerá o vindeiro curso enmarcado dentro do proxecto Rede Xiana 2 sobre horticultura e floricultura. Trátase dun obradoiro de 800 horas, que comezará no mes de agosto, e para o que hai 18 prazas dispoñibles. As inscricións deberán facerse presencialmente nas oficinas de Servizos sociais do Concello antes do 24 de xullo. Os interesados en participar deberán presentar copia do DNI -ou NIE-, copia da tarxeta de demandante de emprego actualizada, certificado ou volante de empadroamento, informe de vida laboral emitido neste mes de xullo e a ficha de inscrición, a cubrir no momento pola responsable municipal do proxecto. Proporcionar a información, formación e experiencia profesional necesaria para realizar distintas operacións asociadas a unha explotación de horta ou de flor cortada, ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies