ARY LÓPEZ | San Sadurniño | Mércores 9 abril 2014 | 17:18 A exactamente un mes de ter lugar o Día Internacional das Aves, San Sadurniño quixo celebrar esta data cun simbólico acto de posta en liberdade dunhas aves moi especiais. O Concello, en colaboración co CPI, organizou unha xornada para ceibar dous pitos de curuxa que apareceran hai nove meses no edificio anexo ao Pazo da Marquesa durante as obras de rehabilitación. Técnicos do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre (CRFS) de Oleiros encargáronse de reintroducir no seu espazo natural a esta parella de rapaces nocturnas logo de estaren preto dun ano nas súas instalacións. Acudiron novamente á contorna onde no mes de xullo a nai destes polos fuxiu, seguramente polo susto das obras no edificio. O motivo de ...
Leer más »Abre o prazo para inscribirse na XIX Feira da Plantación de San Sadurniño
FERROL360 | Martes 8 abril 2014 | 14:50 O vindeiro 27 de abril, San Sadurniño celebrará a edición número dezanove da Feira da Plantación, unha cita que conforma un rico escenario de flora autóctona, enchendo de colorido primaveral o municipio. O que se pretende é potenciar as «posibilidades de desenvolvemento sustentable do medio rural», tal e como indica o consistorio, que por segundo ano consecutivo asume a organización dun evento que durante dezasete anos foi levado a cabo pola asociación Bidueiro. Ademais, coa feira queren «promocionar a produción e comercialización agrícola da zona», acollendo numerosos expositores -principalmente locais e comarcais- para a venda de árbores, flores, produtos de horta e maquinaria. Terá lugar dende a mañá ata ben entrada a tarde na explanada do CPI de San Sadurniño, onde se ...
Leer más »Aparecen tres pitos de curuxa durante as obras do edificio anexo ao Pazo da Marquesa
FERROL360 | Mércores 17 xullo 2013 | 22:59 Os operarios da empresa Xestión Ambiental de Contratas, que executa as obras de recuperación do edificio anexo ao Pazo da Marquesa en San Sadurniño, protagonizan a nova curiosa do día. A última hora deste martes, atoparon un niño con tres pitos de curuxa aos que, segundo o Concello, podería ter abandoado a súa nai por mor do balbordo que producen os traballos. Este mércores, os exemplares foron levados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros. Trala súa aparición, as obras foron detidas e o equipo técnico deu aviso ao consistorio. O goberno local fixo o propio coa Xunta. Os polos apareceron ocultos nas proximidades do borde do tellado, baixo o paramento interior da fachada. O descubrimento produciuse cando os operarios ...
Leer más »