Home / Archivo de Etiquetas: De quen vés sendo? (página 3)

Archivo de Etiquetas: De quen vés sendo?

Juan Carlos Alonso, caricaturista

Suso Piñeiro | De quen vés sendo? | Viernes 22 julio 2016 | 8:37 Con motivo da Festa da Caricatura.Cidade de Ferrol, achegámonos á obra de Juan Carlos Alonso nunha mostra orgaizada polo Club de Prensa de Ferrol e que ten como coordinador ao seu presidente Siro. Juan Carlos Alonso (1886-1945) naceu en Ferrol e foi un máis naquela gran epopea da emigración a América a finais do XIX e primeiros do XX. Fillo dun contramaestre da Armada chega a Arxentina con quince anos. Comeza dende abaixo, traballando no que pode: comercio, hostelería, ata que consigue no 1902 entrar na revista Caras y Caretas, na que traballa outro gran caricaturista, o galego José María Cao. Por aquel tempo residía na Pampa arxentina Castelao, que era ávido lector da revista, e ...

Leer más »

Síndrome de Estocolmo

FRANCISCO MACEIRA | De quen vés sendo? | Ferrol | Venres 24 xuño 2016 | 10:45 O 26 de xuño terá lugar de novo algo que nunca poderei entender. Como é posible que xente desafiuzada vote polas persoas que os botaron das súas casas? Gandeiros que apoien ós que os afunden pagándolles 28 céntimos o litro de leite. Emigrantes vitoreando ós que multaron o seu esforzo de toda a vida no estranxeiro. Xoves afincando polos que os condearon a colgar o seus títulos e poñer copas nun furancho de Londres. Matrimonios, que non se ven ata a noite, cando recollen ós cativos dos avós, dando a papeleta ós diseñadores dos seus traballos lixo e “conciliación familiar”. Anciáns rozando a indixencia, condescendentes cos herdeiros de Don Manuel, porque foi el quen ...

Leer más »

Carta aberta a Jorge Suárez da CIG-Saúde Ferrol ante a diminución do servizo de buses ao CHUF

CIG-Saúde Ferrol | De quen vés sendo? | Sábado 18 xuño 2016 | 14:08 Estimado alcalde: Nun tempo de crise como o actual, a resposta das administracións debera ir dirixida a cubrir as necesidades das persoas. Consideramos que a atención da saúde é unha delas e que eliminar atrancos no acceso ós coidados necesarios para a curación ou o mantemento da mesma sería outra. Con estas premisas poñemos no seu coñecemento a nosa incomprensión pola retirada de varios dos servizos da compañía de transporte urbano nas horas de maior necesidade, tanto para os pacientes como para os profesionais. Isto obriga a uns e a outros a superar os atrancos con máis cartos: os derivados do uso particular dun coche e dun dos aparcadoiros máis caros da comarca. E iso non ...

Leer más »

40 anos da Refundación do Ateneo Ferrolán

FRAN IGLESIAS | De quen vés sendo? | Xoves 24 marzo 2016 | 17:22 Este xoves 24 de marzo conmemóranse os 40 anos da Refundación do Ateneo Ferrolán. Este Ateneo é, como ben escribía o historiador e escritor Guillermo Llorca fai trinta anos, «un importante anaco da historia cultural de Ferrol». Un Ateneo que é a herdanza directa dos vellos Ateneos ferroláns que existiron en Ferrol desde o século XIX. Unha entidade nada na nosa cidade no ano 1879. Diferentes etapas pero unha mesma dirección. Difundir e cultivar as ciencias, as letras e as artes e fomentar a nosa lingua e a nosa cultura. Atopámonos, sen dúbida, na etapa máis longa e probablemente a máis frutífera de todas. A cultura por riba de todo. Música, teatro, pintura, danza, fotografía, poesía, ...

Leer más »

Cando a administración confunde traballar nunha ONG con ser voluntario

ESTEFANÍA GONZÁLEZ | De quen vés sendo? | Domingo 20 marzo 2016 | 11:03 Sempre me considerei unha persoa cunha moi baixa tolerancia ás inxustizas, alguén que non se deixa pisar e que defende o seu. Pero de repente me miro, e vexo que levo anos tolerando unha situación intolerable (algo que parece que me está pasando a min e ao resto de compañeiros). Normalicei, e ata me acostumei, a traballar sen cobrar, a que a xunta nos ingrese cando teña a ben, dando por suposto (entendo eu) que as nosas vidas se manteñen do aire, que as nosas hipotecas se pagan con boas intencións, e que nos alimentamos con paciencia e resignación. Aquí en Asfedro aprendemos a tolerar que nos desprecen, que nos esixan rebaixarnos os salarios (aínda máis), ...

Leer más »

40 años de olvido en la cinta transportadora de maletas

SAÍNZA RUÍZ | De quen vés sendo? | Viernes 26 febrero 2016 | 8:31 Cada vez que oigo a personas jóvenes alegar argumentos rotundos sobre sus criterios para merecer o no el derecho a la sanidad pública española, no puedo evitar que me recorra por todo el cuerpo un escalofrío paralizante. Es habitual ver en televisión a algunos altos cargos políticos de nuestra sociedad hacer alegatos apelando al sentimiento, siendo el miedo o el chovinismo las estrategias más recurrentes para marcar la diferencia en contra de la formación del pensamiento crítico de una mente en desarrollo. El mensaje transmitido -en connivencia del “conocimiento” inmediato de “wikienciclopedia”-, suele ser: «Oh tú, currante de a pie, que te dejas la piel trabajando o buscando trabajo todos los días, permites que un emigrante ...

Leer más »

Día Mundial da Loita contra o Cancro

Por+Vida | De quen vés sendo? | Xoves 4 febreiro 2016 | 9:42 Este xoves 4 de febreiro é o Día Mundial da Loita contra o Cancro e nós, coma todos os anos dende a fundación desta asociación no 2011, queremos chamar a atención aproveitando esta data na que os medios e a cidadanía poñen unha especial énfase. Para nós todos os días do ano son de loita contra esta enfermidade onde temos que aprender a vivir coa mesma e concienciar a sociedade, pois todas as persoas son vítimas potenciais. E dicimos isto cos datos publicados pola Sociedade España de oncoloxía médica (SEOM), onde nos contan que unha terceira parte da poboación do Estado padecerá cancro algunha vez na súa vida, na que agardan un 246.713 novas diagnoses, un 12,6 ...

Leer más »

Non á guerra #NonNoNosoNome

CELSO POSADA | De que vés sendo? | Luns 30 novembro 2015 | 12:16 Este pasado sábado 28 de novembro moitas persoas nos concentramos e manifestamos en distintas cidades en contra da guerra, dos recortes nos nosos dereitos e das nosas liberdades, da Islamofobia, da intervención militar en Siria en defensa dos dereitos humanos, da democracia, das liberdades e para amosar o noso profundo rexeitamento, a nosa mais enérxica repulsa e condena do infame e miserable atentado terrorista en París. Saímos as rúas a dicir alto e claro que queremos convivir en paz, que non queremos guerras, que queremos que Siria unicamente causaría moitas mortes, dor e sufrimento de persoas inocentes da sociedade civil siria. Tamén para dicir que a democracia, as liberdades e os dereitos humanos non se defenden ...

Leer más »

Carta de Xaquín Campo Freire a Xosé Chao Rego

XAQUÍN CAMPO FREIRE | De quen vés sendo? | Domingo 29 novembro 2015 | 12:22 A Pepe Chao Rego, mestre de vida e amigo, como nunca. Graciñas. Querido Pepe Chao: Hoxe van ser moitos os que falen e escriban de ti. Cada un farano desde o seu universo referencial emotivo. E entre todos iremos poñendo as teselas para un mosaico da túa inesgotábel personalidade e inmensa creatividade. A miña ligazón agradecida contigo vén de moi lonxe. Setembro de 1955. Desde entón xa foi un continuum. Hoxe quero reafirmar esa fidelidade de mutua amizade “sen que a morte nos separe”. Quero retomar algo que escribín o mércores 27 de outubro de 2010 porque, máis aló da nosa amizade persoal, isto reflicte mellor a nosa relación comunitaria vista desde Ferrol, onde traballamos ...

Leer más »

Carta aberta para Balbino na morte do seu pai

Xaquín Campo Freire de Roca | De quen vés sendo? | 27 novembro 2015 | 21:46 Querido Balbino: Conmóveme profundamente verte chorar hoxe. Porque eu tamén choro. Coñecémonos desde hai corenta e seis anos. Foi da man dun amigo común, D. Manuel Espiña Gamallo. Cando me falou aquel día de teu pai e de ti fiquei prendado de vós. Canto vos queremos na miña familia desde o día que eu vos metín na casa da miña nacenza! Mesmo me parece coma se fósemos dos primos máis levados. E de verdade é así. En vós atopamos sempre o mellor retrato de familia. A tal punto que desde daquela os nosos cans non quixeron outro nome que non fose o de Pachín. E cando ían morrendo, no testamento dos cans, tamén tiñan ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies