Home / Archivo de Etiquetas: Debuxo

Archivo de Etiquetas: Debuxo

Suso Basterrechea leva os seus debuxos a San Sadurniño

FERROL360 | Mércores 18 novembro 2015 | 16:20 O artista Suso Basterrechea expón parte dos seus debuxos na Galería da Casa do Concello de San Sadurniño ata o vindeiro 9 de decembro. Atendendo ás dimensións das obras, que o seu soporte é o papel e que o estilo achégase máis á órbita visual da arte urbana e do grafito, podemos concluír que máis que cadros son carteis. Os debuxos combínanse de forma acumulativa achegando un discurso complexo e irónico fundamentado nos textos contrapostos ás imaxes. Esta escolma pode visitarse en horario de mañá de luns a sábado. Leandro Lamas no salón de plenos O salón de plenos do Concello de San Sadurniño conta desde esta semana cun cadro de Leandro Lamas. A obra é unha táboa de grande formato cargada ...

Leer más »

Últimos días para participar no concurso de humor gráfico «Curuxa do Humor 2015»

FERROL360 | Mércores 9 setembro 2015 | 11:32 O vindeiro 15 de setembro pecha o prazo de presentación de orixinais para o concurso de humor gráfico «Curuxa do Humor 2015» que organiza o Museo do Humor do Concello de Fene. O certame contempla dúas categorías: Curuxa, para maiores de 25 anos e Curuxa Nova, para artistas de ata 25 anos. Dende a Concellería de Cultura de Fene anímase aos debuxantes a participar neste certame que ten como finalidade premiar aos mellores humoristas gráficos do momento e no que se repartirán ata 5.000 euros en premios. Segundo se establece nas bases, os participantes poderán presentar un só debuxo, de temática libre e en calquera das modalidade do humor gráfico: mudo, texto ilustrado (en lingua galega), viñeta, etc. En calquera caso, deberán ser ...

Leer más »

O debuxante David Pintor impartirá un obradoiro de caricaturas en Fene o vindeiro luns

FERROL360 | Luns 17 novembro 2014 | 19:01 O obradoiro que impartirá o vindeiro luns David Pintor (Pinto&Chinto) no Museo do Humor de Fene leva por título «Seguro que sabes o que é un caricatura?». Dirixido a nenos de máis de dez anos e público adulto, plantéxase coma un obradoiro teórico-práctico no que o debuxante falará sobre o seu traballo como caricaturista e no que amosará unha selección das súas obras. A cita será de 16:30 a 18:00 horas e se inclúe na programación de actos do XXX aniversario do Museo do Humor de Fene. Ao remate do obradoiro, David Pintor realizará algunha caricatura en vivo. A actividade é completamente gratuíta e, para anotarse, tan só é preciso chamar ao teléfono 981.34.24.00 de luns a venres, de 8:00 a 14:30 ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies