FERROL360 | Sábado 28 septembro 2019 | 15:00 A Pelota da Diversidade na Igualdade chega a Deputación de A Coruña apoiada por diferentes entidades, institucións e persoeiros públicos. Trátase dun proxecto da comunidade educativa da CEIP de Ombre en Pontedeume. O proxecto consiste nunha pelota feita con retais de tela e trapos que ten como obxectivo concienciar e sensibilizar en favor da diversidade e a igualdade nunha cadea na que veñen participando numerosas entidades e persoeiros do mundo do deporte, dos medios de comunicación e da cultura de Galicia. Valentín González Formoso, o presidente da Deputación de A Coruña xunto con Ana Lamas, deputada de Benestar Social, e Bernardo Fernández, portavoz do Goberno provincial, recibiron esta semana na Deputación a un grupo de alumnas e alumnos do centro que impulsan a iniciativa. Segundo explican dende a Escola Unitaria de Ombre a idea xurdiu dentro dun programa ...
Leer más »Neda e a Deputación da Coruña colaboran para eliminar as verteduras á Ría de Ferrol
FERROL360 | Sábado 18 maio 2019 | 19:42 Neda quedou fora das actuacións de captación e depuración de augas das marxes norte e sur da ría que resolveron o saneamento do resto dos Concellos da ría de Ferrol. Para resolver esta demanda, o Concello de Neda e a Deputación de A Coruña asinaron un convenio de 100.000 euros para eliminar as verteduras á ría que se están a producir na zona da estación do ferrocarril debido a unha serie de deficiencias na rede. O presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Neda, Ángel Alvariño Saavedra, que asinaron un convenio para resolver o acondicionamento do paso sobre a vía no acceso ao Pazo da Merced así como ás obras de eliminación das verteduras. Ademais, haberá ...
Leer más »Los afectados por las obras en la carretera de O Trece anuncian movilizaciones
FERROL360 | Lunes 2 julio 2018 | 16:41 Los vecinos afectados por las obras en la carretera de O Trece anuncian movilizaciones por las actuaciones llevadas a cabo por la Deputación da Coruña y exigen seguridad y accesibilidad en la carretera. Así, las personas perjudicadas por la obra tienen pensado iniciar una serie de manifestaciones los días 13, 16, 18 y 20 del mes de julio por la carretera de Castilla entre Freixeiro y el Puente de las Cabras para intentar que la Deputación atienda a sus demandas. Después de analizar las respuestas del ente provincial, los vecinos se reunieron el pasado sábado 30 de junio para analizar los argumentos de la Deputación y exigir reclamaciones mediante un escrito. El informe será refrendado por los vecinos de Sedes en la ...
Leer más »La Diputación quiere convertir el Mosteiro de Caaveiro en un referente turístico
FERROL360 | Sábado 5 mayo 2018 | 19:54 El alcalde del Concello de A Capela, Manuel Meizoso junto al responsable del área de Patrimonio e Contratación de la Diputación de A Coruña, Xesús Soto, firmaron un convenio de cooperación para potenciar por la promoción turística y puesta en valor del Monasterio de Caaveiro. Las dos entidades acordaron trabajar de forma conjunta en este objetivo, a pesar de que el monasterio es uno de los principales conjuntos patrimoniales pertenecientes en propiedad al ente provincial. El acuerdo se dota con un presupuesto de unos 70.000 euros y recoge una serie de medidas y actuaciones que incidirán de forma positiva en el aumento de las visitas al complejo arquitectónico que data del siglo X. Además, se tratará de dar importancia al Parque de ...
Leer más »Un total de 500 nenos da provincia participarán na Campaña de esquí 2018 da Deputación
FERROL360 | Venres 29 decembro 2017 | 10:11 Entre o 2 de febreiro e o 12 de marzo, 500 rapaces da provincial participarán na Campaña de esquí 2018 da Deputación da Coruña. Nesas datas terán lugar diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas dos municipios coruñeses nados entre os anos 2003 e 2007. Con esta nova edición da campaña, a institución provincial pretende que os rapaces da provincia teñan a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí, ao mesmo tempo que participan en diversas actividades deportivas e culturais que se organizarán de xeito complementario. As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda, clases de ...
Leer más »A banda naronesa Quenindiole, finalista do concurso ‘Quero Cantar’ da Deputación da Coruña
FERROL360 | Martes 3 outubro 2017 | 11:25 Cota naronesa na final do concurso ‘Quero Cantar’ da Deputación da Coruña coa banda Quenindiole. O grupo competirá na final do II certame de música infantil e xuvenil coas bandas As estrelas do rock de Ames e Os nenos da vella da Coruña. A cita será o vindeiro 20 de outubro, ás 18.30 horas, no Teatro Colón da Coruña con entrada aberta ao público. A gala contará tamén coa participación especial dunha das bandas pioneiras da música infantil en Galicia como é Mamá Cabra. Os tres grupos foron escollidos por alumnado de colexios públicos da provincia da Coruña entre as seis cancións que superaran a primeira fase do concurso. Cada un ten ademais asegurada a inclusión da súa canción no disco que ...
Leer más »A Deputación achega 180.000 euros para promover o turismo no xeodestino de Ferrolterra
Ferrol360 | Mércores 23 agosto 2017 | 11:06 A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión definitiva do programa de subvencións dirixidas a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade e a competitividade, así coma a realización de actividades turísticas durante o ano 2017. En total, a Deputación concedeu 650.000 euros a oito entidades de toda a provincia. Esta liña de axudas responde á vontade do goberno provincial de promover os seis xeodestinos da provincia, fomentando un turismo de calidade e impulsando a profesionalización e a modernización do sector turístico. Por ese motivo, para a concesión das achegas valoráronse especialmente os plans de formación e de actualización dos profesionais do sector. As axudas provinciais financian tamén a organización e celebracións de eventos e ...
Leer más »Monfero repará máis de 8.000 metros de viais municipias con cargo ao Plan Único da Deputación
Ferrol360 | Domingo 13 agosto 2017 | 12:58 O Concello de Monfero vén de sacar a licitación un proxecto de reparación de camiños municipais, que financia a Deputación da Coruña con 225.088 euros a través do Plan Único. As reformas realizaranse en máis de 8.000 metros de viais das parroquias de Alto Xestoso, Santa Xiá, Val Xestoso, Taboada, Queixeiro e Vilachá, que presentan un firme en condicións deficientes, polo que as melloras permitirán incrementar a seguridade viaria e ofrecer un mellor servizo aos usuarios. Na parroquia de Alto Xestoso, as estradas nas que se actuará serán as de Vilar a Hermida, de Vilar a Cruz da Serra, o camiño de O Xen aos Picadeiros, o camiño da Picha a Filgueira e a pista de Caulfe. Na parroquia de Santa Xiá, ...
Leer más »Neda realizará obras de mellora en tres viais con cargo ao POS Plus por valor de 164.000 euros
Ferrol360 | Venrres 11 agosto 2017 | 9:51 O Concello de Neda sacou a contratación as obras de mellora dos camiños de Viladonelle, Rabadeña-Gunduriz e Costa da Silva-Gunduriz. Unha actuación que ten un orzamento de 164.000 euros, que se financiará con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) Plus da Deputación da Coruña. Este plan, que unifica varios programas de axudas, permitirá intervir en case 3.400 metros de infraestrutura viaria. Unhas obras que o goberno de Neda espera levar a cabo antes da chegada do mal tempo. Desde o Concello sinalan que «o acondicionamento das vías de comunicación é unha inversión priori taria nun municipio con máis de 23 quilómetros cadrados de superficie e unha población que non chega aos 5.200 habitantes».
Leer más »A Deputación da Coruña achega 125.000 a Exponav para impulsar o Museo da Construción Naval
Ferrol360 | Xoves 27 xullo 2017 | 12:02 O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o Almirante Xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Antonio Duelo Menor, asinaron este mércores un convenio de colaboración, por importe de 125.000 euros, para financia os gastos do funcionamento do Museo da Construción Naval. O acordo supón o financiamento do 80 % dos gastos anuais de Exponav e con el a Deputación quere contribuír a difundir e por en valor a tradición naval da comarca. Ademais, esta achega servirá para o financiamento de diversas actividades, coma exposicións e eventos, que terán lugar ata xullo do 2018. O presidente provincial ratificou que a Deputación «ponse a disposición da Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval», que definiu coma «un gran instrumento ...
Leer más »