Home / Archivo de Etiquetas: deputación da coruña (página 2)

Archivo de Etiquetas: deputación da coruña

Neda emprega a once persoas para a recuperación de lavadoiros e reparación de beirarrúas

Ferrol360 | Mércores 26 xullo 2017 | 10:20 O Concello de Neda contratou a once persoas para a recuperación de lavadoiros e reparación de beirarrúas da vila con cargo ao Programa de Integración Laboral (PIL) da Deputación da Coruña. O goberno local prevé un investimento total de 40.000 euros para estas actuacións. Unha das primeiras accións nas que traballou a cuadrilla foi a recuperación do lavadoiro do Roxal, que loce un aspecto totalmente renovado. Ademais, hai uns días os operarios comezaron a traballar na reposición do pavimento deteriorado das beirarrúas coa fin de evitar posibles accidentes. Na actualidade, a cuadrilla de operarios está a traballar na mellora do lavadoiro situado na zona de Mosteirón. Desde o goberno local indican que o Concello aporta o material necesario para realizar as obras, ...

Leer más »

O grupo naronés Quenindiole pasa á segunda fase do concurso ‘Quero Cantar’ da Deputación

Concurso 'Quero cantar' da Deputación da Coruña (foto: Deputación da Coruña)

FERROL360 | Martes 11 xullo 2017 | 10:10 Sete bandas de Narón, Brión, A Coruña, Oroso, Ourense, Santiago de Compostela e Teo pasan á segunda fase da segunda edición do concurso musical infantil e xuvenil ‘Quero Cantar’, convocado pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña. Persoas recoñecidas no mundo da música e a dinamización de proxectos musicais no ámbito infantil e xuvenil como Xiana Lastra, Sonia Lebedybski, Manuel Maseda, Andrea Porto e Paula Romero formaron parte do xurado coa responsable das áreas de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación, Goretti Sanmartín Rei e a xefa do servizo, Mercedes Fernánez-Albalat. Despois dunha audición das cancións presentadas polos distintos grupos, o xurado decidiu que pasaran á segunda fase estes sete grupos. No caso dos naroneses Quenindiole presentaron unha canción titulada ...

Leer más »

San André de Teixido, o castelo de Moeche e a Fraga do Eume, na oferta de Turismo Escolar da Deputación

FERROL360 | Martes 25 abril 2017 | 17:46 O Museo etnográfico da Capela, a ecoescola das Pontes, San André de Teixido en Cedeira, o castelo de Moeche, o Museo do Humor de Fene, a Fraga do Eume en Pontedeume e a horta de froitas autóctonas en San Sadurniño son algúns dos recursos que se incorporan á oferta de Turismo Escolar da Deputación da Coruña. A Área de Turismo da Deputación da Coruña convidou aos concellos a incorporar os seus recursos históricos, patrimoniais e naturais ao catálogo de de Turismo Escolar que se ofrece aos distintos centros de ensino da provincia. Deste xeito, arredor de sesenta propostas sumáronse á oferta de rutas da Deputación para completar a oferta á que poden optar grupos escolares co fin de coñecer mellor o territorio ...

Leer más »

A Deputación da Coruña sinaliza os recursos turísticos de Ortigueira

FERROL360 | Venres 24 marzo 2017 | 10:44 A Deputación da Coruña, a través do seu Plan de Acción Social -PAS-, financia un proxecto para sinalizar os recursos turísticos do concello de Ortigueira, que saiu esta semana a licitación por un total de 30.092 euros. Con esta inversión, a Deputación pretende fomentar o turismo no concello e na comarca de Ortegal en xeral, favorecendo a difusión de puntos de interese patrimoniais e naturais, a través de diversos paneis e sinais que se situarán en parroquias pouco habitadas e en pistas que actualmente carecen de indicacións. Entre os lugares onde se situarán as novas sinalizacións, atópase a zona do Picón e os diferentes sendeiros que vertebran a costa de Loiba, unindo os miradoiros, as praias e o coñecido coma o mellor ...

Leer más »

Nova edición do concurso da Deputación «Quero cantar», que amplía a idade de participación

FERROL360 | Luns 6 marzo 2017 | 10:43 Co cantarines que somos por estos lares, de seguro que hai varios grupos de cativos que estaban desexando que a Deputación da Coruña convocara unha nova edición do concurso «Quero cantar». Unha edición que trae sorpresas porque desta volta poderán participar grupos de rapaces de 13 a 16 anos e os propios centros de ensino escollerán os grupos finalistas a través dunha votación. Este certame busca promover o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical entre os máis mozos. Nesta segunda edición presenta dúas modalidades: unha para infantil para nenas e nenos de ata 12 anos e outra para xuvenil para unha idade comprendida entre os 13 aos 16 anos. Na categoría infantil poden participar dúas persoas que superen ...

Leer más »

Obras de reparación en Fene para poñer fin aos cortes de auga en Barallobre

FERROL360 | Luns 5 decembro 2016 | 9:40 A empresa concesionaria do servizo da auga en Fene, Viaqua, está levando a cabo estes días as obras de substitución das canalizacións do abastecemento de auga potable na rúa Riveiroa, en Barallobre, para poñer aos continuos cortes de auga na zona. O obxectivo desta actuación é «cortar de raíz as contínuas roturas nas tubaxes que provocaron cortes no servizo e numerosas queixas veciñais», segundo explican desde o Concello de Fene. Ademais, unha vez finalicen as obras de Viaqua a Deputación aglomerará o tramo de rúa que tamén require unha reparación urxente. A previsión é iniciar a reparación da estrada tan pronto como remate a reposición do sistema de abastecemento. Unha actuación que o organismo provincial ten enmarcada no plan de conservación e ...

Leer más »

Carlos Blanco, Paula Carballeira, Xan de Arzúa y Quico Cadaval protagoniza un ciclo de humor en Fene

FERROL360 | Miércoles 2 noviembre 2016 | 10:18 El ciclo «Novembro, mes do humor» regresa a Fene para hacernos pasar cuatro viernes de lo más divertidos. El programa, que se desarrollará en el Museo do Humor de Fene, incluye cuatro funciones protagonizadas por Carlos Blanco, Paula Carballeira, Xan de Arzúa y Quico Cadaval. Todas comenzarán a las 20:00 horas y las entradas serán gratuitas. Los interesados en asistir a este ciclo, organizado por la Concellería de Cultura de Fene con la colaboración de la Diputación Provincial de A Coruña, deberán recoger sus invitaciones – dos por persona- el mismo día de la actuación en la conserjería de la Casa de la Cultura de Fene, a partir de las 16:00 horas. El ciclo comenzará este viernes con «Al vivo», de Carlos ...

Leer más »

O BNG de Ares censura o rexeitamento de incluír unha moción pola vía de urxencia sobre as obras da estrada Ares-Chanteiro

FERROL360 | Sábado 30 xullo 2016 | 15:06 A moción presentada polo BNG de Ares por vía de urxencia para solicitar á Deputación Provincial que se inclúa a partida para acometer as obras da segunda fase da estrada de Ares- Chanteiro foi rexeitada polos grupos de PSOE, NAL e SON. Unha actitude que o portavoz municipal do BNG, Emilio Mesías, calificou de falta de consideración e respecto á veciñanza de Cervás-Chanteiro. Mesías non entende o rexeitamento a esta moción e conclúe que os grupos «non consideran de urxencia a obra». Ante esta situación, o voceiro do Bloque indica que trasladará unha petición directamente á Deputación para que «a segunda fase figure nos orzamentos da Deputación para o vindeiro ano, co obxectivo de facer realidade as aspiracións veciñais». Así as cousas, ...

Leer más »

Editan un libro sobre os xornalistas que dan nome ás rúas dos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal

FERROL360 | Luns 30 maio 2016 | 13:53 A Deputación da Coruña e a Asociación da Prensa da Coruña colaborarán na edición do oitavo volumen dunha serie de libros que recuperan as biografías dos xornalistas que dan nome aos rueiros das principais cidades e pobos da provincia. Esta nova edición compilará os nomes de 60 xornalistas que contan cunha placa co seu nome nas rúas dos concellos de Ares, Cariño, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda, Narón, As Pontes e Ortigueira. Gonzalo Torrente Ballester, Wenceslao Fernández Flórez, Alejandro Pérez Lugín, Xosé Neira Vilas, Eduardo Blanco Amor, Castelao ou Álvaro Cunqueiro son algúns dos insignes persoeiros do xornalismo e as letras galegas cuxas biografías e traxectorias profesionais se detallan nesta publicación. Faise a través de 60 artigos escritos por xornalistas como Luís Pousa, ...

Leer más »

A Deputación da Coruña adxudica o servizo de transporte de visitantes ao mosteiro de Caaveiro

FERROL360 | Venres 13 maio 2016 | 17:54 A Deputación da Coruña ven de adxudicar o servizo especial de transporte de visitantes en autobús ao mosteiro de Caaveiro durante a tempada estival. O obxectivo é facilitar a accesibilidade ao cenobio durante os meses de maior afluencia de visitantes. Así, a Deputación habilitará de novo este verán un servizo regular de transporte entre o 1 de xullo e o 15 de setembro, que unirá o centro de interpretación e o acceso ao mosteiro, con buses de ida e volta cada hora entre as 10:30 e as 20:00 horas. En cada viaxe efectuaranse cinco paradas nos seguintes lugares: parque natural, merendeiro, primeira ponte, segunda ponte e acceso ao mosteiro. Durante os meses de xuño, xullo agosto e a primeira quincena de setembro ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies