Home / Archivo de Etiquetas: deputación da coruña (página 3)

Archivo de Etiquetas: deputación da coruña

Hasta 18 concellos de Ferrol, Eume y Ortegal se beneficiarán de un plan provincial para la creación de empleo

FERROL360 | Miércoles 20 abril 2016 | 17:26 Hasta 18 municipios de las comarcas de Ferrolterra, Eume y Ortegal se beneficiarán del Plan Emprego Local (PEL) de la Deputación da Coruña. El organismo realiza una aportación económica a localidades con menos de 20.000 habitantes para ayudar a la contratación de personas desempleadas. Las beneficiadas son: Cerdido, Moeche, As Somozas, Mañón, A Capela, Monfero, San Sadurniño, Cabanas, Cariño, Ortigueira, Neda, Cedeira, Mugardos, Ares, Valdoviño, Pontedeume, As Pontes y Fene. Las tres comarcas recibirán, en total, 607.000 euros. El presidente provincial, Valentín González Formoso, ha explicado que esta iniciativa contribuirá «a favorecer a inserción laboral das persoas con maiores dificultades» y a «paliar as dificultades que a Lei Montoro impón a todos os municipios, independentemente da súa situación económica, para a contratación ...

Leer más »

Chega a Pontedeume a exposición IX Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez 2014

FERROL360 | Martes 12 abril 2016 | 17:56 Desde este martes e ata o vindeiro 27 de abril, a Casa da Cultura de Pontedeume acolle a exposición IX Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez 2014. Os interesados en visitar a mostra poden facelo en horario de 18:30 a 20:30 horas. A gañadora da IX edición foi Alicia Candiani polo seu traballo Diana (Centro I) realizado con diversas técnicas como o aguafuerte, chinèe collé, ou o troquelado. A súa obra exhibirase xunto con outros 27 traballos seleccionados polo xurado. A Deputación a Coruña en recoñecemento ao labor realizado pola Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador, convocou en 2014 o IX Premio internacional de arte gráfica Jesús Núñez.

Leer más »

Deputación e Concello de Ferrol suman forzas contra a violencia de xénero

FERROL360 | Xoves 14 xaneiro 2016 | 11:50 A Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol artellarán novas fórmulas de colaboración e ferramentas, tanto de sensibilización como de actuación, para previr e combater as desigualdades de xénero. Así o acordaron a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, a deputada da área de Igualdade de Xénero, Ánxela Franco, e a concelleira de Muller de Ferrol, Beatriz Sestayo, nunha xuntanza que tivo lugar este mérecores en dependencias do organismo provincial. Na reunión estudaron as diversas fórmulas de colaboración a levar a cabo para loitar contra a violencia de xénero. Unha cuestión que as tres destacaron como prioridade absoluta na súa acción de goberno.

Leer más »

A Deputación da Coruña pon en marcha o concurso musical infantil «Quero cantar»

FERROL360 | Domingo 10 xaneiro 2016 | 17:11 Grupos musicais de nenos e nenas de ata 12 anos competirán no novo concurso «Quero cantar», unha iniciativa da área de Cultura da Deputación da Coruña para promover o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical. A primeira edición deste certame busca animar aos nenos a usar a nosa lingua a través da música nunha competición que se desenvolverá en tres fases e rematará no mes de maio, cunha gala que terá lugar no Teatro Colón da Coruña. Do 15 de xaneiro ao 15 de abril estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes para participar no concurso. Poderán inscribirse grupos musicais formados por un máximo de dez pequenos, dos cales, cando menos a voz ou voces solistas ...

Leer más »

Fene arranca motores para celebrar o ciclo «Novembro, mes do humor»

FERROL360 | Martes 3 novembro 2015 | 10:44 Lucía Aldao e María Lado, Luís Zahera, Camila Bossa e Iolanda Muíños e Cándido Pazó, serán os protagonistas do ciclo «Novembro, mes do humor» que celebra o Concello de Fene en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña. As funcións programadas dentro do ciclo terán lugar os venres de novembro no salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene, ás 20:00 horas, agás a última obra que será ás 21:00 horas. As entradas serán de balde, pero é preciso recoller invitacións, máximo dúas por persoa, o mesmo día da actuación na conserxería da Casa da Cultura de Fene a partir das 16:00 horas. O ciclo «Novembro, mes do humor» comezará este venres día 6 coa actuación de Aldaolado, un dúo ...

Leer más »

A fotógrafa pontesa Bandia Ribeira gaña o premio Luís Ksado da Deputación da Coruña

FERROL360 | Mércores 21 outubro 2015 | 19:25 A fotógrafa pontesa Bandia Ribeira é a gañadora do XII Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado, da Deputación da Coruña, coa serie titulada «O voo do midgie». A obra da fotoxornalista impúxose sobre as 109 que se presentaron a esta nova edición do premio Luís Ksado, convocado polo organismo provincial e comisariado polo fotógrafo Xurxo Lobato. O fallo indica que «a obra gañadora trata un tema de actualidade, utilizando unha linguaxe contemporánea, con lírica e sensibilidade». Trátase dunha fotografía «horizontal e empática» que «presenta un concepto novo da familia e revisa o concepto de proscripción e marxinalidade», engade o xurado. «Hai unha linguaxe críbel, de verismo fotográfico: é un soño dramático». A autora da obra fuxe de premisas reparadoras e sanitarias; lévanos ...

Leer más »

A Xunta mantén o seu apoio ao mercado de Pontedeume para avanzar na súa reforma

FERROL360 | Mércores 14 outubro 2015 | 14:00 A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, reuniuse este martes con representantes do Concello de Pontedeume e da Deputación da Coruña para buscar solucións ás dificultades para executar parte das obras de reforma do mercado previstas para este ano 2015. Vázquez asegurou que a Xunta manterá o seu compromiso económico de achegar 500.000 euros para a reforma do mercado, dos cales 150.000 euros se correspondían con actuacións a desenvolver neste ano. Co obxectivo de facilitar o desenvolvemento das actuacións, Vázquez comprometeuse a reaxustar as achegas ao novo calendario de execución, que corresponde aos anos 2016 e 2017. Este reaxuste quedará plasmado no convenio que se asinará en vindeiras semanas. No encontro, celebrado en Santiago, incidiuse na necesidade da reforma do mercado e ...

Leer más »

A Deputación colaborará nun programa para a creación e promoción da marca «Produtos do Eume»

FERROL360 | Venres 9 outubro 2015 | 12:24 O pleno da Deputación da Coruña deu luz verde a un convenio coa asociación EuroEume para a implantación, certificación e promoción da marca «Produtos do Eume». Un proxecto que pretende implantar e promocionar esta marca identificativa en produtos de recoñecida calidade procedentes da actividade agroalimentaria desta área xeográfica. Entre eses produtos figuran a produción bovina e cárnica, a apicultura e a produción hortícola. O acordo estipula unha achega por parte do ente provincial de 39.392 euros, que supoñen o 80 % do importe total do proxecto. Así, nun primeiro paso desenvolveranse preto de 40 reunións nas que un enconomista e un enexeñeiro agrario analizarán con produtores e técnicos agrarios, así como con operadores como matadoiros, carnicerías e envasadores de mel da comarca, ...

Leer más »

Dez empresas da comarca participan nunha plataforma de turismo industrial

FERROL360 | Martes 1 setembro 2015 | 19:55 A Plataforma de Turismo Industrial impulsada pola Deputación da Coruña, en colaboración coa Escola de Organización Industrial e o financiamento de fondos FEDER, busca facer das visitas turísticas un complemento máis da actividade das PEMES da provincia. Unha actividade que sirva para a promoción dos produtos das comarcas e para a dinamización da súa actividade económica. O proxecto consiste na creación de cinco rutas, experiencias e paquetes turísticos, e na súa difusión a través desta web e unha aplicación móbil, xa dispoñible para iOS e Android. Nestas plataformas o usuario atopará información detallada de cada un dos cinco eixes turísticos protagonizados polos aspectos industriais máis destacables de cadaa zona. Ademais, tanto a web como a App ofrecen información turística sobre aloxamentos e ...

Leer más »

A Volta Ciclista á Provincia arranca este venres en Monfero

FERROL360 | Xoves 14 maio 2015 | 19:09 A XIV Volta Ciclista á Provincia comeza este venres ás 14:00 horas en Monfero. Este ano a Volta chegará a 21 concellos da Coruña, Ferrolterra, Eume e Ortegal. En concreto, o primeiro día os ciclistas sairán de Monfero e pasarán por Irixoa, Oza-Cesuras, Betanzos, Miño, Pontedeume, Cabanas, Vilarmaior para volver ao municipio de saída. O sábado día 16 a sede será Mañón, en concreto O Barqueiro, para seguir por Ortigueira, As Somozas, As Pontes, Cedeira e rematar de novo no Barqueiro. O último día a saída e final será en Valdoviño, pero o pelotón tamén pasará por San Sadurniño, Neda, Ferrol, Narón, Moeche, Cerdido, Cariño e Cedeira. O pelotón está formado por 112 ciclistas de 16 equipos españois, entre eles dous novos ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies