FERROL360 | Mércores 21 febreiro 2018 | 13:29 O Boletín Oficial da Provincia publicou esta semana a licitación das obras de renovación de beirarrúas no casco urbano de Cariño, que serán financiadas a través dunha achega de 105.516 euros incluida no Plan Único (POS+ 2017). As obras pretenden a demolición e posterior reconstrución das beirarrúas construídas nas décadas de 1970-1980 que presentan deficiencias que afectan á seguridade e cuxa estética desentona coas novas, así como na dotación de novas beirarrúas en zonas nas que actualmente non existe paso habilitado para peóns. As actuacións levaranse a cabo nas rúas do entorno da Casa do Concello, a Praza Roxa e o centro de saúde, así como nas rúas Seixo, Río Maguleiro, Río Mera, Río Balo e Avenida da Constitución e suporán unha ...
Leer más »Narón e Cerdido determinan as obras a acometer con cargo ao POS+ 2017
FERROL360 | Domingo 19 febreiro 2017 | 13:01 Os Concellos de Narón e Cerdido planean as obras que acometerán nos seus respectivos municipios con cargo al Plan Único da Deputación Provinicial, o POS+ 2017. Narón recibirá deste programa 1,8 millóns de euros, que destinará a realizar actuacións na zona urbana e rural e tamén a gasto corrente. Cerdido recibirá 210.000 euros para gasto corrente e arranxos. En Narón levarán a cabo melloras no parque infantil de Freixeiro, nos parques caninos en Freixeiro e na Solaina e a construción dunha caseta de aseos no parque de Freixeiro. Tamén se dotará de rego en zonas verdes do paseo de Xuvia e instalarase un parque infantil xunto ao río Inxerto e elementos biosaudables. Tamén con cargo ao programa se construirá un anexo para ...
Leer más »A Deputación encarga un proxecto para eliminar un punto negro na estrada de Mera a Cariño
FERROL360 | Domingo 6 novembro 2016 | 13:51 O punto negro da estrada provincial DP 6121, que conecta Mera con Cariño, concretamente no lugar de A Ortigueira, será eliminado grazas a unha intervención da Deputación da Coruña. As obras contemplarán a demolición dunha edificación que reduce a visibilidade e a ampliación da ponte sobre o río Lourido nun dos viais que rexistra maior tráfico pesado da rede provincial. A Deputación xa licitou a redacción do proxecto de mellora da seguridade vial por 18.500 euros. Ademais, o organismo provincial ten a intención de adquirir a vivenda máis próxima á ponte na marxe dereita da estrada, no lado interior da curva, co obxecto de mellorar a visibilidade. E é que nestes momentos a visibilidade é moi reducida nunha zona de curva pronunciada ...
Leer más »Cabanas retoma o martes os seus talleres de envellecemento activo
FERROL360 | Domingo 25 setembro 2016 | 16:55 A Concellería de Servizos Sociais de Cabanas retomará o vindeiro martes os talleres do programa de envellecemento activo. Un proxecto, financiado pola Deputación da Coruña, que busca crear un espazo de encontro entre os maiores do municipio, especialmente das zonas máis rurais, evitando o seu illamento e favorecendo as relacións persoais e a súa participación nas actividades municipais. As sesións celebraranse os martes, de 11:00 a 12:30 horas no local social de As Viñas e a asistencia é gratuíta. Iso si, é necesario inscribirse previamente no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa do consistorio- ou chamar ó teléfono 981.49.59.59 ext. 2. Así mesmo, e co ánimo de facilitar a asistencia, o Concello costea un servizo de transporte interparroquial que desplazará os ...
Leer más »A Deputación aproba unha subvención de 185.000 euros para sanear a praia de Ber, en Pontedeume
FERROL360 | Domingo 31 xullo 2016 | 13:52 A solución para erradicar os verquidos na praia de Ber, en Pontedeume, está cada vez máis preto. A Deputación Provincial de A Coruña vén de aprobar unha subvención nominativa de 185.000 euros, a metade do orzamento total da actuación, para facer fronte a esta problemática. Esta subvención enmárcase nun estudo de Augas de Galicia para recuperar unha calidade óptima das augas e que cifra en 370.000 o proxecto. O alcalde de Pontedeume avanza que agora se negociará con Augas de Galicia a súa aportación para poñer fin aos verquidos na praia de Ber, que levan padecendo décadas os veciños e usuarios do areal. Esta actuación completase coa xa anunciada en Pontedeume para mellorar o sanemaneto da ría que conta cunha aportación de ...
Leer más »A deputada provincial de Benestar Social visitou o Centro de Día de AFAL Ferrolterra
FERROL360 | Xoves 3 marzo 2016 | 17:47 A deputada provincial de Benestar Social, Anxela Franco, visitou este xoves o Centro de Día Terapéutico de AFAL Ferrolterra para coñecer en primeira persoa o día a día da asociación. Os representantes da entidade recibiron á deputada e percorreron con ella as diferentes dependencias. Parada especial nas salas de terapias, onde os usuarios estaban a participar, nese momento, en talleres de manualidades e estimulación cognitiva. Un deles, Lolo, entregoulle un agasallo á deputada como lembranza do seu paso polo centro, un pratiño feito polos propios usuarios nos obradoiros que se levan a cabo nas instalacións. Así mesmo, a deputada provincial asinaba no Libro de Honra de AFAL e, por último, iniciaban unha xuntanza de traballo na que se abordaron posibles liñas de ...
Leer más »A Mancomunidade presentará este venres o balance das accións de promoción turística realizadas no 2015
FERROL360 | Mércores 13 xaneiro 2016 | 19:05 Comeza un novo ano e é tempo de facer balance das actuacións levadas a cabo no anterior exercicio. Á Mancomunidade de Concellos da Ría de Ferrol tócalle facer os deberes e dar conta das actuacións realizadas na promoción do destino turístico Ferrolterra-Rías Altas durante 2015. O acto estará presidido polo vicepresidente da Mancomunidade e alcalde de Narón e terá lugar este venres, ás 11:30 horas, na capela do Centro Cultural Torrente Ballester. A cita contará coa presencia de empresas do sector e representantes da Xunta, Deputación e Mancomunidade. O destino turístico Ferrolterra-Rías Altas foi promocionado e consolidado como marca a través de sucesivas actuacións nas que colaboraron o Estado, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e os concellos implicados. Programa ...
Leer más »San Sadurniño redacta un proxecto de mellora da seguridade viaria no eixo principal de Bardaos
FERROL360 | Luns 4 xaneiro 2016 | 17:25 Bardaos contará ao longo deste ano con dúas novas infraestruturas destinadas a mellorar a seguridade peonil e a do tráfico rodado ao longo do seu principal eixo de comunicación, que conecta a estrada Ferrol-Ortigueira co cruzamento da DP-4905 na Cruz da Raíña. O proxecto contempla o aglomerado de arredor de 1,5 quilómetros de pista e a construción de 600 metros de beiravías no lugar das Loibas, por un importe estimado de 112.500 euros. Unha contía que se sufragará nun 80 % con fondos xestionados pola Deputación da Coruña mentres que o 20 % restante correrá por conta do Concello. A idea de aglomerar a estrada que vai desde a conexión coa AC-862 ata a DP-4905 non é nova, de feito, máis da ...
Leer más »A Deputación destinará 380.000 euros para a construción dun campo de fútbol de herba artificial en Maniños
FERROL360 | Martes 29 decembro 2015 | 18:53 Este mércores celebrarase pleno da Deputación da Coruña no que se aprobará un convenio co Concello de Fene para o financiamento das obras de construción dun campo de fútbol de herba artificial no lugar de O Pote, en Maniños. Este convenio suporá un investimento de 381.101,23 euros achegados integramente pola institución provincial. Un orzamento que inclúe o movemento e compactación de terras do actual terreo de xogo, a execución da sub-base e posterior extensión do manto de céspede sintético. Tamén a construción do sistema de recollida de pluviais e do sistema de rego e o equipamento completo do recinto deportivo, incluíndo porterías de aluminio con rede, banderíns, banquillos de aceiro con asentos plásticos e barandillas ao longo de todo o perímetro do ...
Leer más »O edil de San Sadurniño, Suso Soto, levará as áreas de Contratación, Patrimonio e Equipamento na Deputación
FERROL360 | Xoves 23 xullo 2015 | 10:44 O concelleiro de Facenda e Servizos sociais de San Sadurniño, Suso Soto, entra a formar parte do goberno da Deputación Provincial de A Coruña levando as áreas de Contratación, Patrimonio e Equipamento. Así, xestionará os expedientes de contratación, a administración de todos os bens e propiedades do organismo provincial. Despois da constitución da corporación hai uns días, este martes quedou formada a Xunta de Goberno do entre provincial, que estará composta por seis representantes do PSdeG-PSOE e cinco do BNG. Aínda que son once membros, só nove deles, ademais do presidente, o socialista Valentín González Formoso, terán asignadas competencias xestoras dentro do organigrama provincial. Agora falta por convocar o pleno de organización para dar conta das resolucións referidas á conformación do goberno. ...
Leer más »