FERROL360 | Martes 14 mayo 2019 | 17:30 «Un verso, un cantar», é un espectáculo ambientado a principios do século XX en homenaxe á emigración galega e a proposta do Concello de Neda para conmmemorar o Día das Letras Galegas este venres día 17 ás 19:00 horas cun acto musical e poético na Casa da Cultura. A obra nace como resultado do compromiso e amor pola cultura galega da compañía Queiman e Pousa, que fai unha fusión poética e musical de poemas de artistas tan recoñecidos como Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, entre outros. O equipo artístico está formado por Bruxo Queiman e Andrea Pousa namentres que o acompañamento musical corre a cargo dun trío formado por contrabaixo, teclados e percusión. Ademais ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: Día das Letras Galegas 2019 en Neda