Home / Archivo de Etiquetas: Día das Letras Galegas 2019

Archivo de Etiquetas: Día das Letras Galegas 2019

Un mar de muiñeiras con máis de 600 estudantes desembarca en Navantia

FERROL360 | Venres 17 maio 2019 | 14:09 A tradición naval da nosa comarca e o baile galego irmándanse nunha acción educativa na que participaron máis de 600 estudantes nos estaleiros de Navantia Ferrol. Un mar de muiñeiras ten como obxectivo reivindicar a danza galega na escola, ao tempo, que tamén busca homenaxear as Letras Galegas deste ano, adicadas ao mestre da etnografía galega Antón Fraguas. Un total de 660 escolares de 22 centros educativos da comarca bailaron unha muiñeira o pasado 10 de mai no interior das instalacións navais, acompañados da música en directo de A Banda das Crechas. Un acto organizado polo Centro de Formación e Recursos Ferrol, a través do seu Grupo de Traballo de Danza Tradicional, que nos últimos dez anos ten traballado co alumnado dos ...

Leer más »

Queremos Galego sae á rúa en Ferrol para esixir «liberdade, igualdade e xustiza para o galego»

FERROL360 | Mércores 15 Maio 2019 | 20:28 A plataforma cidadá Queremos Galego ten previsto levar a cabo unha ducia de mobilizacións en distintas cidades e vilas de Galicia, entre elas Ferrol, para o vindeiro 17 de maio, Día das Letras, co obxectivo de sixir «liberdade, igualdade e xustiza para o galego». A cita na cidade naval será ás 12.00 horas na Praza Vella. A movilización contará tamén con apartado musical grazas ás actuacións de dous grupos que interpretarán pezas de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Carvalho Calero e Manuel María. A continuación, procederase a dar lectura ao manifesto por parte de distintos artistas. Baixo o lema «Máis que nunca, Queremos Galego», o colectivo quere recordar a importancia que os servizos municipais de normalización lingüística, as empresas concesionaras ou a ...

Leer más »

Neda celebra o Día das Letras Galegas con música, poesía e un documental

FERROL360 | Martes 14 mayo 2019 | 17:30 «Un verso, un cantar», é un espectáculo ambientado a principios do século XX en homenaxe á emigración galega e a proposta do Concello de Neda para conmmemorar o Día das Letras Galegas este venres día 17 ás 19:00 horas cun acto musical e poético na Casa da Cultura. A obra nace como resultado do compromiso e amor pola cultura galega da compañía Queiman e Pousa, que fai unha fusión poética e musical de poemas de artistas tan recoñecidos como Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, entre outros. O equipo artístico está formado por Bruxo Queiman e Andrea Pousa namentres que o acompañamento musical corre a cargo dun trío formado por contrabaixo, teclados e percusión. Ademais ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies