Home / Archivo de Etiquetas: Día das Letras Galegas en Neda

Archivo de Etiquetas: Día das Letras Galegas en Neda

Neda pecha as celebracións do Día das Letras Galegas cun documental sobre Antón Fraguas

FERROL360 | Luns 27 maio 2019 | 19:10 O Concello de Neda pecha a programación deseñada para celebrar o Día das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre a vida e obra de Antón Fraguas, o persoeiro homenaxeado neste 2019. A cita será este mércoles, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura. Trátase dun traballo dirixido por Gonzalo E. Veloso no que participan amigos e especialistas na figura de Fraguas como Clodio González, María Xosé Fernández Cerviño, Rosa Méndez e Víctor Freixanes, entre outros.

Leer más »

Neda celebra o Día das Letras Galegas con música, poesía e un documental

FERROL360 | Martes 14 mayo 2019 | 17:30 «Un verso, un cantar», é un espectáculo ambientado a principios do século XX en homenaxe á emigración galega e a proposta do Concello de Neda para conmmemorar o Día das Letras Galegas este venres día 17 ás 19:00 horas cun acto musical e poético na Casa da Cultura. A obra nace como resultado do compromiso e amor pola cultura galega da compañía Queiman e Pousa, que fai unha fusión poética e musical de poemas de artistas tan recoñecidos como Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, entre outros. O equipo artístico está formado por Bruxo Queiman e Andrea Pousa namentres que o acompañamento musical corre a cargo dun trío formado por contrabaixo, teclados e percusión. Ademais ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies