Home / Archivo de Etiquetas: Día das Letras Galegas

Archivo de Etiquetas: Día das Letras Galegas

Ferrol non acollerá o pleno do Día das Letras Galegas de Carvalho Calero, que se traslada á Coruña

FERROL360 | Martes 27 octubre 2020 | 13:49 A Real Academia Galega decidiu non celebrar en Ferrol o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas de Carvalho Calero «diante do empeoramento da situación sanitaria» na cidade. O acto finalmente se traslada á sede da RAG na cidade da Coruña. A institución tiña previsto desenvolver o acto central de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero na súa cidade natal, en Ferrol, este sábado no Teatro Jofre. Unha data que cadra co centenario do seu nacemento, tras pospoñer a tradicional celebración do 17 de maio por mor do confinamento, indican desde a Real Academia Galega. Pero a evolución da pandemia na área sanitaria ferrolá nas últimas xornadas e as medidas propostas para frear a súa expansión levaron á Academia a trasladar o evento. ...

Leer más »

Ferrol en Común se suma a la petición de trasladar al 2021 el homenaje a Carvalho Calero

FERROL360 | Viernes 24 abril 2020 | 19:47 Ferrol en Común se suma a la petición de distintas entidades de trasladar al próximo año el homenaje al ferrolano Ricardo Carvalho Calero. «A opción de alongar ao 2021 a dedicación do Día das Letras Galegas ao ilustre escritor, daría a posibilidade real de difundir o seu legado e a súa obra como ben merece», indican desde FeC. De esta forma, añade la formación política, se daría la oportunidad de celebrar todos los actos conmemorativos y de difusión a todos los niveles,programados entorno a la figura de Carvalho Calero, como es habitual en una conmemoración como la del Día das Letras Galego. «Por ese motivo, e pola excepcionalidade que estamos a vivir, pensamos que a Real Academia Galega debe pospoñer ao vindeiro ...

Leer más »

Este mércores preséntase un libro homenaxe a Carvalho Calero, «RCC. O Carballo que fun en Ferrol»

FERROL360 | Martes 25 febreiro 2020 | 19:00 Este mércores, a partires das 19:30 horas e no salón de actos de Afundación de Ferrol, terá lugar a presentación do libro «RCC. O Carballo que fun en Ferrol. Aproximación a Ricardo Carvalho Calero». Na obra colaboraron varios autores e estivo coordenada polo historiador Bernardo Máiz Vázquez. A edición corre a cargo do Club de Prensa de Ferrol en homenaxe ao ferrolán Ricardo Carvalho Calero e como contribución ao Día das Letras Galegas. Carvalho Calero residiu en Ferrol apenas 29 dos seus oitenta anos de vida e en tres etapas; de 1910 a 1926, de 1932 a 1936 e de 1941 a 1950. Os longos espazos de tempo lonxe debéronse aos seus estudos universitarios, á expatriación involuntaria a conta da sublevación da ...

Leer más »

A voz de Guadi Galego e a dun millar de rapaces énchenos de vida nun emotivo vídeo

FERROL360 | Mércores 17 maio 2017 | 20:58 Poucas veces o asteleiro de Ferrol viviu un momento tan emotivo como o do pasado xoves cando mil estudantes de centros educativos das áreas de Ferrolterra e A Coruña uniron as súas voces á da cantante cedeiresa, Guadi Galego, para interpretar a canción Chea de vida. Agora podemos gozar desta conmovedora actuación a través deste vídeo, co que é imposible non emocionarse. Un millar de rapaces entonaron a canción perfectamente acompasados e mesmo algúns a interpretaron en linguaxe de signos. Ao rematar a actuación podemos ver abrazos e moita alegría non só entre os pequenos, tamén na propia cantante e no profesorado que acompañou aos estudantes. Un momento realmente fermoso, que de seguro quedará para sempre nos seu recordo. «Foi un momento ...

Leer más »

Nom chega trocar desprezo por desleixo: queremos Ferrol todo o ano em Galego

FUNDAÇOM ARTÁBRIA | De quen vés sendo? | Mércores 17 maio 2017 | 12:48 Cada vez que nos achegamos a um novo Dia das Letras, as instituiçons públicas vestem as roupas da normalizaçom lingüística, com iniciativas amáveis para a língua, julgando que, com isso, já cumprírom o seu compromisso com o principal sinal de identidade do nosso povo. Nom seremos nós, a Fundaçom Artábria, que lamentemos que se desenvolvam inciativas de todo o tipo, unidas polo simbolismo da exibiçom social do galego. Entre outras cousas, porque também a nossa entidade participa do importante número de atos culturais protagonizados polo nosso idioma nestes dias, em torno do 17 de Maio. Porém, queremos também sublinhar a anormalidade que em si mesma representa essa sobre-exposiçom repentina do nosso idioma, ao nom ter correspondência ...

Leer más »

Gastronomía, música, contacontos e agasallo de libros para celebrar o Día das Letras Galegas

FERROL360 | Luns 16 maio 2016 | 18:01 Este martes 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Manuel María, con múltiples e variadas actividades. Así, en diferentes puntos da comarca haberá actuacións musicais, festa infantil, contacontos e gastronomía para conmemorar esta data. Como moitos trasládanse a Compostela a festexar o 17 de maio, a Fundaçom Artábria adianta para este luns a celebración do día da lingua galega cunha grellada a prezos populares e actuación do cantor ferrolán Manolo Bacalhau, a partires das 19:30 horas, no local da entidade. Xa o martes, a Sociedade Cultural Areosa organiza unha variada programación no seu local. Haberá unha actuación da Coral da entidade, agasallo de libros para os nenos e fin de festa cunha grande queimada para brindar ...

Leer más »

San Sadurniño celebra a semana das Letras Galegas con numerosos actos culturais

FERROL360 | Luns 16 maio 2016 | 9:05 San Sadurniño inicia este luns o programa de actividades que se enmarcan na conmemoración do Día das Letras Galegas. O Concello organizou nesta semana diversos actos poéticos, musicais e audiovisuais para, por unha banda, «reivindicar a figura de Manuel María e, da outra, a cultura e a lingua á que el mesmo se debeu ata a súa morte no 2004». A primeira destas citas será un café poético da man do colectivo Alalá das Pontes, que terá lugar hoxe na Biblioteca Municipal a partir das 18:00 horas. O evento está aberto a toda a cidadanía interesada en achegarse ao poeta da Terra Chá escoitando anacos dos seus poemas ou implicándose na lectura dalgún fragmento da súa obra. O mércores desenvolverase a iniciativa ‘Contando en ...

Leer más »

Críticas del PP de Ferrol al gobierno local por fletar un bus para acudir a la manifestación de Santiago

FERROL360 | Domingo 15 mayo 2016 | 12:32 Martina Aneiros, portavoz del grupo municipal del PP de Ferrol, denuncia que el gobierno de Jorge Suárez «pague con dinero de todos los ferrolanos un bus para asistir a la manifestación en defensa de la lengua gallega», que tendrá lugar el martes 17 en Santiago, con motivo del Día das Letras Galegas. La formación popular lamenta que el alcalde «priorice, una vez más, cuestiones políticas por encima de las necesidades de los ferrolanos» y opina que «las arcas municipales no se deben destinar a sufragar la asistencia a una reivindicación partidista, en la que se critican las políticas lingüísticas de la Xunta y la legislación en materia de educación, que nada tiene que ver con la celebración del Día de las Letras Gallegas». ...

Leer más »

Moeche rende homenaxe a Manuel María con distintos actos ao longo do mes

FERROL360 | Domingo 15 maio 2016 | 9:51 Arrancan este domingo as actividades que o Concello de Moeche preparou para os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas dedicado a Manuel María. A partir das 18:30 horas terá lugar no castelo modestino un espectáculo a cargo de Pedro Brandariz titulado Os contos da espiña do toxo, unha peza baseada nunha obra do poeta homenaxeado este ano. A el tamén se lle dedica unha exposición que ten lugar na Casa do Concello baixo o título de Manuel María, a nosa palabra. Por outra banda, o Consistorio anima á veciñanza a inscribirse nunha excursión que se realizará á casa natal do escritor, en Outeiro de Rei, o vindeiro 12 de xuño, que concluirá cunha visita ao Castro de Viladonga. Os menores de doce anos ...

Leer más »

Ferrol acolle a estrea de ‘Vieiros de Esperanza’, un documental de Antón Rodríguez sobre Carvalho Calero

ARY LÓPEZ | Ferrol | Xoves 21 abril 2016 | 13:12 Louvar a figura dun prolífico escritor ferrolán, estudar a súa obra, revalorizar a súa figura e facela revivir en pleno século XXI. Rememorar o seu legado cultural, dotarlle forza á súa voz apagada hai un cuarto de século e procurar a súa candidatura no Día das Letras Galegas, son algúns dos principais obxectivos que levaron a Antón Rodríguez (Ferrol, 1991) a filmar Vieiros de Esperanza, un documental dedicado ao intelectual Ricardo Carvalho Calero. Trátase dunha peza biográfica duns corenta minutos de duración que percorre diferentes etapas vitais do autor ferrolán. Contén achegas de numerosas persoas que tiveron contacto con el ou estudaron a súa traxectoria profesional. Darío Villanueva, Xesús Alonso Montero, Víctor Freixanes, Araceli Herrero, Francisco Rodríguez, Xosé María ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies