Home / Archivo de Etiquetas: Día Internacional da Muller

Archivo de Etiquetas: Día Internacional da Muller

Ortigueira celebra o Día Internacional da Muller cun encontro para mulleres do rural

FERROL360 | Domingo 24 febreiro 2019 | 00:00 O próximo día 8 de marzo terá lugar o Día Internacional da Muller e en Ortigueira queren celebralo dunha forma especial cunha xuntanza para mulleres. O colectivo femenino do Concello está invitado a este X Encontro de Mulleres que se celebrará o sábado 9 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller. O prazo para anotarse xa está aberto e o último día para anotarse é o día 4 de marzo. O restaurante Orillamar de Espasante será o lugar de reunión para este evento pensado para todas as mulleres, en especial, aquelas que traballan ou teñen relación co mundo rural. A inscrición poderase realizar no Centro Social de Ortigueira dende ás 08:00 da mañá ata as 15:00 horas da tarde e ...

Leer más »

Moeche fotografía as súas mulleres para visibilizar a súa importancia social

FERROL360 | Sábado 3 marzo 2018 | 21:26 Un total de 85 mulleres de todas as idades acudiron este sábado á chamada do Concello de Moeche para facerse unha fotografía que visibilice a importancia social da muller, así como para reivindicar a igualdade plena. A alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, agradeceu a súa participación e avanzou que a fotografía colagarase «con orgullo nun lugar ben visible da Casa do Concello». A imaxe tomouse no acceso da nave do mercado e supuxo o arranque dos actos de celebración do Día Internacional da Muller que continuarán nos próximos días. Bascoy explicou que «as mulleres representamos o 53 % da poboación do concello, e todas facemos Moeche día a día desde o traballo ou desde a casa, á fronte dun negocio, labrando na ...

Leer más »

Concertos, obradoiro, documental e comedia musical en Mugardos para reivindicar que ‘As mulleres temos voz’

FERROL360 | Mércores 10 xaneiro 2018 | 12:38 A programación do Concello de Mugardos para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, comezará este sábado e dará paso a un completo programa de actos co que reivindicar que ‘As mulleres temos voz’. Baixo este título, o ciclo de actividades comprende concertos, obradoiro, documental e comedia musical. A concelleira de Igualdade e Cooperación, Lola González, salienta que a celebración do 8 de marzo serve cada ano «para reclamarmos dereitos perdidos ou non acadados, defender as nosas vidas contra o espanto da violencia de xénero, reivindicar que se rache coa brecha salarial e o teito de cristal no traballo, pedir unha maternidade xusta que non impida o noso desenvolvemento como mulleres no persoal e laboral, e moito máis». Este ciclo, ...

Leer más »

Roteiro sufraxista, paros, homenaxes e maratón de lectura para celebrar o Día da Muller

FERROL360 | Martes 7 marzo 2017 | 20:56 Este mércores 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora cunha morea de actos espallados polas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Haberá homenaxes a grandes mulleres da zona, un roteiro sufraxista, paros en centros de traballo, exposicións e maratón de lectura, entre outros. O Concello de Ferrol conmemora esta data baixo o lema «Un camiño percorrido, moito por percorrer» e cunha programación que contempla diferentes actividades ao longo de varias semanas. O acto central terá lugar este mércores, ás 20:00 horas, no Teatro Jofre coa entrega do premio Ferrolá do Ano á produtora local Chelo Loureiro. O mesmo día, as 12:00 horas, a concelleira de Muller Saínza Ruiz participará na plantación de flores na pérgola do recordo no parque ...

Leer más »

Narón celebrará o Día Internacional das Mulleres con xornadas, obradoiros e homenaxes

FERROL360 | Mércores 24 febreiro 2016 | 10:08 Homenaxe á Muller do Ano, solta do goblos, cea da Muller e actividades sobre saúde en feminino, componen o programa de actos que o Concello de Narón ten organizado para celebrar o Día Internacional das Mulleres. Así, o 8 de marzo terá lugar a tradicional homenaxe á Muller do Ano 2016, a partir das 12:00 horas no Concello. «É un acto sorpresa, no que a homenaxeada descoñece que vai obter este nomeamento. Intentamos que nesta iniciativa se vexan tamén reflectidas todas aquelas mulleres que merecerían un recoñecemento deste tipo», explicou Teresa Saibo, concelleira de Igualdade. Ese mesmo día, ás 17.00 horas, terá lugar unha solta de globos en prol da Igualdade na Praza de Galicia. Cada globo levará unha mensaxe relativa a ...

Leer más »

Concello de Narón e asociacións traballan nos actos conmemorativos de Igualdade a celebrar en marzo

FERROL360 | Luns 25 xaneiro 2016 | 11:00 As concelleiras de Participación Cidadá e Igualdade, Catalina García e Teresa Sabio, reuníronse a pasada semana con dez entidades locais para avanzar nas actividades conmemorativas de Igualdade que se desenvolverán no mes de marzo e tamén para continuar traballando no expediente de constitución do Consello Sectorial de Igualdade. Nesta nova sesión de traballo, a cuarta do Consello Sectorial de Igualdade, participaron representantes das AVV Os Irmandiños do Val e Virxe de Fátima, de Freixeiro; Patronato Concepción Arenal; Acadar; Cogami; Asociación de Comercio de Narón; ASCM; Asociación de Mulleres Rurais San Clemente; Fundación Terra de Trasancos, do Val e Bbtta, ademais dunha integrante da Escola de Participación Cidadá. Teresa Sabio animou aos representantes das entidades a enviar as súas propostas para a programación ...

Leer más »

A Marcha Mundial das Mulleres e IU critican a elección de Meca Arcos como homenaxeada no Día da Muller

FERROL360 | Sábado 7 marzo 2015 | 20:30 A Marcha Mundial das Mulleres e o grupo municipal de Esquera Unida no Concello de Ferrol consideran «desafortunada» a elección de Meca Arcos como homenaxeada no Día Internacional da Muller. Explican que Arcos representa a unha comunidade, a católica, que ten definido un rol para a muller co que non están de acordo. Tanto a Marcha Mundial coma o grupo de EU afirman que respetan a figura de Merca Arcos, pero non consideran que sexa representativa para todas as mulleres. «Parécenos excluínte e discriminatorio, xa que así non se está representando á gran maioría de nós», indican desde a Marcha Mundial das Mulleres nun comunicado. «Hai moitas outras mulleres que fixeron unha importante labor polos dereitos e visibilización da muller e esas ...

Leer más »

Ferrolterra celebra o Día Internacional da Muller

REBECA COLLADO | Ferrol | Sábado 7 marzo 2015 | 11:53 Este domingo 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Unha data para reflexionar e poñer en valor o papel da muller nos distintos ámbitos da sociedade. Porque a pesares do que se poida pensar, que o pensamento é libre, as mulleres aínda somos percibidas como o sexo débil, temos un salario menor e moitas son cuestinadas por querer compatibilizar as súas obrigas de nai e muller traballadora. O da muller nunca foi un camiño doado, e de seguro, nunca o será. Frases como: «pelexar coma unha nena», «chorar coma unha rapaza» ou «correr coma unha meniña», non contribúen a conformar unha sociedade máis igualitaria. Nembargantes, estas frases aínda están presentes nas nosas conversas cos máis pequenos. Por ...

Leer más »

A Marcha Mundial das Mulleres habilita un bus para asistir á manifestación do domingo en Compostela

FERROL360 | Mércores 4 marzo 2015 | 18:03 «Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita» é o lema da manifestación unitaria que se celebrará en Santiago de Cosmpostela o domingo 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A Marcha Mundial das Mulleres participará nesta convocatoria e habilitará un bus para poder desprazarse ata Compostela. O autobús sairá de Ferrol ás 10:00 horas desde o edificio de Correos e realizará paradas en Caranza e Fene. O custo por persoa é de 7 euros e aqueles interesados deben reservar a súa praza chamando ao número 659 352 044 antes do xoves 5 de marzo ás 14:00 horas. Para aqueles que viaxen no seu coche, a manifestación partirá da estación de tren de Santiago ás 12:00 horas. Publicidad

Leer más »

Dolores Graña Freire, elixida Muller do Ano en Narón

FERROL360 | Xoves 6 marzo 2014 | 17:32 O Concello de Narón nomeou a Dolores -Lola- Graña Freire como Muller do Ano 2014 nun acto oficial celebrado este xoves no consistorio A que fora presidenta da Asociación de Veciños Virxe do Mar durante os anos 1999 e 2012, recibiu publicamente os parabéns polo traballo desenvolvido durante esta etapa na entidade naronesa. De mans do alcalde José Manuel Blanco, a homenaxeada recibiu un ramo de flores e un broche, que lucirá o vindeiro venres 14 de marzo na tradicional cea de mulleres. O rexedor, acompañado polos membros da corporación municipal, destacou desta muller o seu esforzo de moitos anos «a prol dos seus veciños». Non puidendo homenaxear a todas aquelas veciñas que aínda traballan arreo no municipio, pretenderon con este recoñecemento ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies