FERROL360 | Mércores 7 outubro 2015 | 8:45 A Fundación Galicia Obra Social organiza o ciclo de cinema «Os de máis de 60 contamos» co obxectivo de estender a campaña do Día Internacional das Persoas Maiores. Le Week-End, En construcción, Un amigo para Frank e Sang Woo y su abuela, son as catro películas escollidas que se poderán ver na sede da entidade en Ferrol e Pontedeume. As cintas abordarán desde diferentes perspectivas as incertezas e os retos de ser maior, a soidade, a perda, pero tamén a ilusión de vivir e a oportunidade de renovarse, aprender e seguir medrando. As proxeccións terán entrada libre e gratuíta. Sang Woo y su abuela xira ao redor da relación entre un neno de sete anos e a súa avoa, coa que terá ...
Leer más »Narón celebrará o Día Internacional das Persoas Maiores cunha homenaxe ás persoas centenarias da cidade
FERROL360 | Domingo 27 setembro 2015 | 16:43 O vindeiro 1 de outubro celébrase o Día Internacional das Persoas Maiores e o Concello de Narón festexará esta data cunha homenaxe ás persoas centenarias do municipio e máis con dous obradoiros sobre graffiti e manexo do móbil. O acto central que celebrará o Concello terá lugar durante a xornada do 1 de outubro cunha recepción e visita institucional a modo de homenaxe ás persoas centenarias, que presidirán o alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio. Por outra banda, tamén está previsto desenvolver dous obradoiros dentro da programación de actos do Día Internacional das Persoas Maiores. Un será sobre graffiti e outro sobre o manexo do móbil intelixente e se levarán a cabo no mes ...
Leer más »