FERROL360 | Martes 8 abril 2014 | 14:50 O vindeiro 27 de abril, San Sadurniño celebrará a edición número dezanove da Feira da Plantación, unha cita que conforma un rico escenario de flora autóctona, enchendo de colorido primaveral o municipio. O que se pretende é potenciar as «posibilidades de desenvolvemento sustentable do medio rural», tal e como indica o consistorio, que por segundo ano consecutivo asume a organización dun evento que durante dezasete anos foi levado a cabo pola asociación Bidueiro. Ademais, coa feira queren «promocionar a produción e comercialización agrícola da zona», acollendo numerosos expositores -principalmente locais e comarcais- para a venda de árbores, flores, produtos de horta e maquinaria. Terá lugar dende a mañá ata ben entrada a tarde na explanada do CPI de San Sadurniño, onde se ...
Leer más »Aparecen tres pitos de curuxa durante as obras do edificio anexo ao Pazo da Marquesa
FERROL360 | Mércores 17 xullo 2013 | 22:59 Os operarios da empresa Xestión Ambiental de Contratas, que executa as obras de recuperación do edificio anexo ao Pazo da Marquesa en San Sadurniño, protagonizan a nova curiosa do día. A última hora deste martes, atoparon un niño con tres pitos de curuxa aos que, segundo o Concello, podería ter abandoado a súa nai por mor do balbordo que producen os traballos. Este mércores, os exemplares foron levados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros. Trala súa aparición, as obras foron detidas e o equipo técnico deu aviso ao consistorio. O goberno local fixo o propio coa Xunta. Os polos apareceron ocultos nas proximidades do borde do tellado, baixo o paramento interior da fachada. O descubrimento produciuse cando os operarios ...
Leer más »