Home / Archivo de Etiquetas: Eleccións municipais 2015

Archivo de Etiquetas: Eleccións municipais 2015

Iniciativa Cidadá de Mugardos someterá a consulta popular o seu voto ao Pleno de Investidura

FERROL360 | Venres 29 maio 2015 | 17:29 A agrupación electoral Iniciativa Cidadá de Mugardos presentouse ás eleccións municipais, nas que acadou tres concelleiros, cun proxecto baseado «na participación cidadá, a transparencia, a renovación, a apertura e a normalización social da vida política». Por iso, someterá a consulta popular o seu voto ao Pleno de Investidura. Así, este este sábado celebrarán unha asemblea pública para aprobar o regulamento que rexa esa consulta popular coa que se decidirá o posicionamento do grupo en canto á investidura do futuro alcalde. Será ás 18:30 horas no Centro Cívico Municipal. Iniciativa Cidadá de Mugardos afirma que apostan firmemente polas consultas populares para saber a opinión da cidadanía sobre «cuestións estratéxicas que afecten ás nosas posicións». Publicidad

Leer más »

Xunt@s por As Pontes fai públicas as súas contas da campaña electoral

FERROL360 | Venres 29 maio 2015 | 12:06 Ter un orzamento moi axustado non é un impedimento para facer unha campaña electoral e rentabilizar o traballo feito. Así o ten amosado Xunt@s por As Pontes, que con so 1936 euros sacou adiante a campaña e ademais aforrou 36,84 euros. O grupo fixo públicas as súas contas detallando ingresos e gastos. Uns ingresos que ascenden a 1936 euros e que teñen a súa orixe nas contribucións de integrantes da lista e simpatizantes. Os gastos suman un total de 1899,16 euros, dos cales, a partida máis grande adicouse á impresión de dípticos e carteis con 832,35 euros. En sobres e papeletas gastaron 87 euros, mentras que en carteis e pancartas 390,51 euros. Para propaganda de produtos locais adicáronse 154,99 euros, e o ...

Leer más »

Pablo Villamar, candidato BNG de Narón: «O noso enfoque é mellorar a calidade de vida da veciñanza de Narón»

FERROL360 | Xoves 21 maio 2015 | 17:55 Ben axiña lle chegou a Pablo Villamar Díaz a implicación política. Con 16 anos militaba no Bloque Nacionalista Popular Galego e desde o ano 1981 no Bloque Nacionalista Galego. Este navantiero, técnico de Organización en Navantia Ferrol, nado en 1961, entrou no Concello de Narón no ano 1999. Ademais, entre 2003 e 2011 foi deputado provincial e no mandato 2007-2011 exerceu de vicepresidente da Deputación da Coruña. FERROL360 – Un problema, unha solución: a cooperativa de Pedroso. Pablo Villamar –  A administración autonómica ten que auditar e vixilar, pois lle corresponde por lei, este tipo de iniciativas tan importantes para a economía galega como as cooperativas e nas que o BNG acredita. 360 – Que proxectos a desenvolver con outras administracións son ...

Leer más »

Xosé Manuel Blanco, candidato TEGA Narón :«Manteño intacta a ilusión por seguir traballando»

FERROL360 | Xoves 21 maio 2015 | 17:53 Estas serán as segundas eleccións ás que Xosé Manuel Blanco Suárez preséntase como cabeza de lista de Terra Galega á Alcaldía de Narón. Extraballador de Unión Fenosa, Blanco é alcalde do municipio desde o ano 2009, trala marcha de Xoán Gato, e leva 32 anos como concelleiro en Narón. Ferrolán de nacemento, a súa actividade política sempre estivo vinculada a Narón e militou en diferentes organizacións políticas antes da constitución de TEGA. Así, estivo na Agrupación Nacionalista Galega de Narón, Partido Socialista Galego-Esquerda Galega e Unidade por Narón. Antes da súa implicación na política participou no movemento asociativo da AVV A Gándara. FERROL360 – Un problema, unha solución: Cooperativa de Pedroso Xosé Manuel Blanco – A cooperativa de Pedroso é privada e ...

Leer más »

Alfonso Casal, candidato Eliximos Narón: «A falta de experiencia política fíxonos caer nalgúns erros que nos dificultaron un maior achegamento ós veciños»

FERROL360 | Xoves 21 maio 2015 | 17:50 Alfonso Casal Pita deu o salto á política a finais do ano 2014 presentándose á elección de secretario xeral de Podemos Narón e finalmente no mes de abril foi elixido como encabeza a lista de Eliximos Narón Electores. Este enxeñeiro técnico xefe en Navantia é o oitavo de dez irmanáns aposta por unha iniciativa política veciñal, libre de cargas e compromisos, como medio para afrontar unha renovación da política do concello. FERROL360 – Un problema, unha solución: Cooperativa de Pedroso Alfonso Casal – Descoñecemos o detalle do problema pero, polo falado cos afectados e o divulgado na prensa, non parece posible reflotar a cooperativa, entón, chegado ata esta situación, solo parece posible involucrar á Xunta, como responsable de supervisar o funcionamento das ...

Leer más »

María Porto, candidata Converxencia Galega Narón: «Sinto verdadeira paixón por Narón e iso é o que me move a ser candidata»

FERROL360 | Xoves 21 maio 2015 | 17:49 María Rodríguez Porto declárase unha apaixonada da pintura e imparte clases en diferentes lugares. Asegura que ese contacto cos seus alumnos e, tamén ter estudado Psicoloxía, fanlle empatizar cos problemas reais dos veciños e prodúcenlle «unha inquietude persoal por mellorar a nosa sociedade que me levou a involucrar na política municipal». A candidata de Converxencia Galega á Alcaldía de Narón afirma que os eixes da súa vida son a familia e as amizades. Tamén indica que procura gozar da vida sinxela, o deporte e o contacto coa natureza. FERROL360 – Un problema, unha solución: Cooperativa de Pedroso MARÍA PORTO – O problema e moi grave e as solucións complicadas. Unha solución podería estar en que esta cooperativa fora absorvida por outra como ...

Leer más »

O PSOE de Narón propón unha piscina olímpica mancomunada e deportes para os máis novos

FERROL360 | Domingo 17 maio 2015 | 19:37 A candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Narón, Catalina García, pasou este domingo facendo deporte na pista verde de Santa Icía, nunha xornada deportiva-familiar. Neste marco presentou algunhas das súas propostas en materia de deporte, co obxectivo de «achegar todas as actividades deportivas á cidadanía e que ninguén se quede sen practicar deporte por motivos económicos». «O Concello de Narón é punteiro en materia de deporte» dixo García, engadindo que «queremos dar máis transparencia aos convenios deportivos e ás subvencións», dando apoios aos clubs dende a igualdade de oportunidades de dereitos. A creación do Consello Municipal de Deportes, a construción dunha piscina olímpica mancomunada en colaboración con outros municipios da comarca «de xeito que podamos desconxestionar o resto de piscinas que temos ...

Leer más »

Terra Galega aposta por facer de Narón unha cidade activa

FERROL360 | Domingo 17 maio 2015 | 19:16 A candidatura de Terra Galega aposta por continuar coa iniciativa Narón cidade activa 2015-2020, una proposta da que forman parte outros concellos galegos e que, agardan, permita integrar ao movemento asociativo da cidade, «contando con profesionais sanitarios, do mundo deportivo, educativo e da empresa privada». O obxectivo desta proposta, recollida no seu programa electoral, e que os veciños teñan «unha vida máis activa, freando así o sedentarismo e prestando especial atención aos colectivos con algunha doenza», tal e coma subliñou o candidato de TEGA, José Manuel Blanco: «Unha das nosas apostas seguirá sendo traballar co movemento asociativo de diferentes áreas e cos profesionais do centro de saúde para facer de Narón unha cidade activa. Para iso poñeremos a disposición dos veciños e ...

Leer más »

Rumbo ao #24M, diario de sábado e axenda de domingo

FERROL360 | Domingo 17 maio 2015 | 12:48 FERROL PP Os populares tiveron unha intensa xornada este sábado, con repartos informativos en Catabois e Doniños, e reunións cos veciños do Ensanche, Ultramar e Doniños. Ademais, o candidato á Alcaldía, José Manuel Rey Varela, anunciou a posta en marcha dun Plan de Investimentos plurianual para o vindeiro cuadrienio enmarcado no seu programa Ferrol2020, para mellorar accesibilidade nas instalacións deportivas e renovar o equipamento, como no pavillón de A Malata. Transformará o campo de herba anexo ao estadio nun de céspede artificial e impulsará a creación da Cidade do Deporte no Bertón. Tamén aposta pola posta en marcha de campañas de promoción do deporte para o fomento de hábitos de vida saudable. A axenda popular para este domingo pasa por dous repartos ...

Leer más »

TEGA apostará polo desenvolvemento e a conservación do patrimonio para revalorizar os núcleos rurais

FERROL360 | Domingo 10 maio 2015 | 21:30 O local social de San Mateo acolleu este domingo un mitin de Terra Galega no que estiveron presentes o cabeza de lista, José Manuel Blanco, o secretario xeral do partido, Guillermo Sánchez Fojo e dous integrantes da candidatura desa parroquia, Roberto Naveiras e José Manuel Gómez. Blanco anunciou que se convocará un concurso de ideas para deseñar a urbanización do entorno do local social, mellorando así os usos tanto das instalacións como do recinto. Entre as propostas para a parroquia están tamén a construción de beirarrúas dende o local social ata o polígono de Río do Pozo e no que respecta aos aglomerados de viais, o candidato de TEGA recoñeceu un retraso nos traballos que responde, aclarou, á prioridade que se deu ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies