Home / Archivo de Etiquetas: Eleccións municipais 2015 (página 2)

Archivo de Etiquetas: Eleccións municipais 2015

O BNG de Ferrol quere facer do val de Doniños un referente da agricultura ecolóxica

FERROL360 | Domingo 10 maio 2015 | 20:08 Encontro do BNG de Ferrol cos veciños das parroquias de San Xurxo e Doniños este domingo, onde o candidato da agrupación á Alcaldía, Iván Rivas, lles trasladou as súas propostas para a zona. Entre elas destacan: desenvolver medidas para paliar o déficit de servizos básios da zona rural e implementar accións que axuden a desenvolver económicamente a zona e crear emprego. Rivas explicou ós veciños a súa aposta por converter ó val de Doniños nun referente da agricultura ecolóxica mediante a colaboración e a posta en marcha de coperativas que aproveitaran estes terreos. Así, se estabelecerían acordos cos propietarios dos mesmos, mediante exencións no pago de impostos ou mediante acordos puntuais, para aqueles que estiveran dispostos a participar. Por outra banda, Rivas ...

Leer más »

Catalina García di que Narón é «a reserva dos cidadáns do futuro» co maior número de nenos por habitante da comarca

FERROL360 | Domingo 10 maio 2015 | 19:32 Presentación este domingo da candidatura e do programa do PSOE de Narón para as elección municipais de maio coa candidata á Alcaldía, Catalina García, e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro. «Aquí en Narón participamos no goberno e a man do PSOE se nota e se sinte», dixo Besteiro que encomiou a posta en marcha do centro de recursos solidarios. Tampouco se esqueceu o secretario dos socialistas galegos das contas pendentes co municipio e sinalou que reivindicarán «o centro de saúde e o saneamento da zona rural» e para elo «hai que ter forza no Concello». O secretario xeral do PSdeG-PSOE asegurou que a candidata en Narón é «unha aposta segura e solvente». Catalina García indicou que traballará para ...

Leer más »

A Rede Galega de Loita contra a Pobreza pide aos candidatos de Ferrol un compromiso contra a pobreza

FERROL360 | Martes 28 abril 2015 | 17:01 Sumar apoios na procura dun compromiso político real contra a pobreza e a exclusión social é o obxectivo da campaña «Concellos ao servizo das persoas» da Rede Galega de Loita contra a Pobreza. Unha campaña que chega este martes a Ferrol para pedir aos candidatos ás eleccións municipais un compromiso verdadeiramente vinculante contra a pobreza e a exclusión. Segundo indican desde a Rede Galega de Loita contra a Pobreza, o 22,9 % da poboación de Ferrol están en situación de pobreza e exclusión social. Ou o que é o mesmo 16.638 persoas na nosa cidade padecen esa situación, según datos do IGE 2013. A intención de EAPN-Galicia é facer que a cidadanía se apropie da campaña que desenvolve, implicándose directamente na interlocución ...

Leer más »

A candidatura de EU Narón preséntase como un sopro de aire fresco para a vida política do municipio

FERROL360 | Mércores 22 abril 2015 | 14:07 O local social de A Gándara acolleu na tarde deste martes a presentación oficial da candidatura de Esquerda Unida de Narón. O candidato á alcaldía, André Abeledo, asegurou que EU é «un sopro de aire fresco para a vida política do noso concello» e que «é preciso que unha organización política que realmente crea nun novo municipalismo concorra a estas eleccións». Abeledo explicou ós presentes que a candidatura está formada por mulleres e homes «cargados de valores». Así, salientou que palabras como honestidade, exemplo, coherencia, ética, xenerosidade e solidariedade son as que mellor poden definir ás persoas que forman a lista. O candidato tamén advertiu que «a candidatura de Esquerda Unida en Narón é necesaria» porque trátase dunha formación con espírito de ...

Leer más »

O BNG quere recuperar a alcaldía de Fene

FERROL360 | Domingo 19 abril 2015 | 18:38 O BNG de Fene márcase como obxectivo para as eleccións municipais de maio recuperar a alcaldía. Na presentación da candidatura da agrupación, que tivo lugar este domingo no círculo de Perlío, o cabeza de lista Juventino Trigo asegurou que no BNG «sabemos gobernar un concello, sabemos xestionar as contas municipais e sabemos investir en educación e en benestar social». Trigo avanzou varias das súas propostas, como o Plan de Emprego municipal, a posta en marcha do plan de urbanismo e a revisión das ordenanzas de impostos, entre outros. Algúns membros da lista tamén aportaron as súas ideas de cara ao futuro traballo no goberno municipal, desde políticas para a xuventude, ata medio ambiente, urbanismo, educación e emprego. A candidatura está composta por ...

Leer más »

Presentación da candidatura do BNG de San Sadurniño

FERROL360 | Domingo 19 abril 2015 | 12:03 O local social de Naraío acolleu o sábado a presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas de San Sadurniño, liderada polo actual alcalde do municipio Secundino García. Unha candidatura de 21 mulleres e homes comprometidos co territorio a través de políticas coas que se quere seguir transformando a sociedade desde o municipalismo, asegurou García.  O acto foi presentado pola actriz Isabel Risco e segundo o BNG non foi un mitin ou unha cita forma, senón un encontro aberto a toda a veciñanza no que se deron a coñecer as caras novas da candidatura.

Leer más »

O BNG de Narón propón un debate público entre os candidatos á alcaldía

FERROL360 | Sábado 18 abril 2015 | 16:42 Pablo Villamar, candidato á Alcaldía de Narón polo BNG-Asembleas Abertas, lanza o guante ás cabezas de lista para debatir publicamente e confrontar ideas e programas. Villamar préstase voluntario para organizar este actos. Nun comunicado, Villamar asegura que o BNG-Asembleas Abertas sempre é partidario da participación e a transparencia e considera que a mellor forma de demostralo é «compartir e contrastar publicamente non só os posicionamentos de cara aos vindeiros comicios, senón tamén o balance do mandato». Asimesmo, avanza que a diferenza do que xa están a deixar ver outros candidatos, empregará un ton construtivo e respectuoso durante toda a campaña. O nacionalistas engade que o BNG-Asembleas Abertas é «unha organización seria e responsabel que ten vocación de mudar as cousas e transformar ...

Leer más »

TEGA amosa a súa forza no acto de presentación da candidatura con setecentos asistentes

FERROL360 | Sábado 18 abril 2015 | 19:19 Setecentas persoas acudiron na noite deste venres ao acto de presentación da candidatura de Terra Galega en Narón para as eleccións municipais. O candidato a revalidar a alcaldía, Xosé Manuel Blanco, afirmou que «ninguén dubida actualmente que Narón é un Concello de referencia en Galicia» e incidiu nos apoios ao desenvolvemento industrial e á creación de servizos de calidade, para converter a Narón na oitava cidade de Galicia, con máis de corenta mil habitantes. Blanco presentou ao seu equipo composto por: Marián Ferreiro, Manuel Antonio Ramos, Natalia Hermida e Pablo Mauriz, nos primeiros postos. A continuación están: Guillermo Sánchez Fojo, Mar Gómez, Román Romero, Mercedes Taibo e Ibán Santalla, ocupando este último o posto número dez da candidatura. A lista de Terra ...

Leer más »

Os partidos lánzanse a presentar as súas candidaturas para as eleccións municipais

FERROL360 | Venres 17 abril 2015 | 16:59 Fin de semana movidita a nivel político coa presentación de múltiples candidaturas para as vindeiras eleccións municipais do 24 de maio. Haberá actos ao longo e ancho das comarcas como pistoletazo de saída á precampaña electoral. A candidatura BNG-Asembleas Abertas de Mugardos presenta este venres ó seu candidato á alcaldía, Gemino Varela. O acto, aberto a todo o público e que terá lugar ás 20.00 horas no Cantón de Cora, estará presentado polo actual rexedor Xosé Fernández Barcia e contará coa presenza da deputada no Congreso, Rosana Pérez. Tamén no día de hoxe, o PP de Fene presenta ao seu candidato para revalidar a alcaldía, Gumersindo Galego. No acto estará o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e máis o ...

Leer más »

André Abeledo, candidato de Esquerda Unida de Narón

FERROL360 | Martes 14 abril 2015 | 13:16 André Abeledo Fernández foi elixido cabeza de lista de Esquerda Unida de Narón ás eleccións municipais do mes de maio. Abeledo é o actual coordinador local de Esquerda Unida na localidad e conta cunha importante traxectoria como activista sindical, social e político. A configuración da orde da lista electoral decidirase nunha asemblea aberta este xoves día 16 de abril ás 20:30 no local social de A Gándara. Desde a formación salientan que a candidatura está conformada por un equipo de mulleres e homes de honestidade contrastada, na que se mistura a mocidade e veteranía. En definitiva, «un grupo humano disposto a traballar para que estas eleccións municipais sexan o punto de partida para construír entre todas e todos unha cidade o servizo ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies