Home / Archivo de Etiquetas: Eleccións municipais 2015 (página 3)

Archivo de Etiquetas: Eleccións municipais 2015

O BNG de Neda aproba o primeiro tramo da súa candidatura

FERROL360 | Luns 13 abril 2015 | 19:58 O BNG de Neda deu un paso máis na composición da súa candidatura e aprobou os catro postos seguintes da lista, toda vez que xa foi confirmada Helena Pardo como cabeza da mesma. O posto número dous é para Cristina Bouza, que xa foi concelleira en Neda polo BNG; síguelle María Jesús Martínez, que participa por primeira vez nunha candidatura municipal. O posto número catro é para Manuel Alberto Roibal, mentres que o cinco é para Fernando Sánchez. Deles, o BNG destaca a súa xuventude e a súa experiencia. Desde a organización indican que o resto da lista está completa, a falta de resolver pequenas incidencias de trámite. Publicidad

Leer más »

O BNG de Narón aproba a candidatura e o programa para as elección municipais de maio

FERROL360 | Venres 10 abril 2015 | 14:22 Nunha asemblea aberta celebrada na noite deste pasado xoves, o BNG de Narón aprobou por unanimidade a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do 24 de maio e tamén o seu programa. Unha candidatura renovada, xa que máis da metade das persoas que integran a lista non se presentaron na anterior convocatoria. Como xa se sabía, Pablo Villamar é o candidato á alcaldía e repite no posto número 2 a concelleira de Promoción Social, Muller e Igualdade, Teri Sabio. Síguenlles Eva Guerrero (administrativa), Montse Fraga (presidenta de Aspanemi), Sergio Pita (licenciado en Documentación), Manel Montero (adestrador de fútbol) e Lidia Romero (pedagoga). O resto da lista complétase con José Gómez, Olaia Ledo, José Ángel Rodríguez, Nicolás Manso, Elena Lorenzo, Alejandro Merlán, ...

Leer más »

O BNG de Ferrol presenta a súa candidatura no Carvalho Calero este xoves coa presenza de Vence

FERROL360 | Xoves 9 abril 2015 | 12:11 O BNG-Asembleas Abertas de Ferrol presenta a súa candidatura ás eleccións municipais de maio este xoves no centro cultural Carvalho Calero ás 20:00 horas. Un acto que contará coas intervencións do voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, e do candidato a alcaldía de Ferrol, Iván Rivas. Desde o grupo indican que esta candidatura se caracteriza pola pluralidade e a renovación, xa que máis da metade das persoas que a integran non son miltantes do BNG. Estas persoas incorporáronse á candidatura mediante o proceso de Asembleas Abertas e son activistas das diversas reivindicacións sociais que se teñen producido na cidade. O BNG preséntase a estas eleccións co convencemento de que incrementará a súa representación municipal porque segundo indica nun comunicado «non vai haber ...

Leer más »

Villamar asegura que na vindeira lexislatura o BNG se centrará no servizo ás persoas

REBECA COLLADO | Narón | Martes 31 marzo 2015 | 14:44 Reforzar os servizos sociais para botar unha man ás personas que están atravesando unha situación difícil, rematar o Plan Xeral de Ordenación Urbana, elaborar un plan de mobilidade, facilitar a implantación de pequenos e medianos negocios e revalorizar o Mosteiro do Couto son algunhas das propostas que se incluirán no programa electoral do BNG-Asembleas Abertas de Narón. O seu candidato á Alcaldía de Narón, Pablo Villamar, avanzou este martes algunhas das ideas que se recollen no programa e aproveitou tamén para facer balance do traballo que fixo o BNG nesta lexislatura ao fronte das áreas de Promoción Económica e Muller e Igualdade. Un balance marcado por dúas liñas: o mantemento dos servizos sociais e o saneamento das contas do ...

Leer más »

MoveNeda elixe este venres o seu candidato á alcaldía da localidade

FERROL360 | Martes 24 marzo 2015 | 13:09 A Casa da Cultura de Neda será o escenario da asemblea na que MoveNeda aprobará o seu programa electoral e a candidatura para as eleccións municipais. A cita será este venres ás 20:00 horas. Quen poderán votar? Todas aquelas persoas empadroadas en Neda con data anterior ao 1 de xaneiro do 2015, data na que se pecha o censo electoral que vai rexer nestes comicios. Así, para poder votar deberán presentar ben o DNI, se nel figura o seu domicilio en Neda, ou o certificado de empadroamento actual. Desde a organización sinalan que despois de oito asembleas celebradas nas diferentes parroquias e barrios da localidade xa teñen recollido un amplo listado de reivindicacions e suxestións dos veciños e as entidades. «Temos un ...

Leer más »

Iniciativa Cidadá de Mugardos presenta este sábado os oito candidatos ás primarias abertas

FERROL360 | Viernes 20 marzo 2015 | 20:05 A Iniciativa Cidadá de Mugardos presenta este sábado ás 19:00 horas no Centro Cívico Municipal os candidatos ao proceso de primarias abertas. Un proceso que terá lugar os días 26, 27, 28 e 29 de marzo nas parroquias de San Xoán de Piñeiro, Franza-O Seixo, Meá e Mugardos respectivamente. Quenes se presentan? Miguel Ángel Bastida, José Antonio Cortizas, Javier García, María Gracia Martínez, Iván Mera, Paula Morgade, Jacinto Antonio Núñez y César Pena. E quenes poden votar? Todas as persoas maiores de 16 anos que asinen o manifesto da entidade antes do 25 de marzo. En todo caso, durante acto explicarase o proceso de primarias polo miúdo e na web. Publicidad

Leer más »

Podemos Ares no se presentará a las elecciones locales ni dará su apoyo a ninguna candidatura

FERROL360 | Martes 17 marzo 2015 | 19:34 La organización de Podemos en Ares quiere aclarar que no se presentará a las elecciones municipales de mayo, ni dará su apoyo oficial a ninguna candidatura. Esta aclaración viene dada por la noticia del pasado domingo en la que se anunciaba que IU, Anova e inscritos de Podemos se agrupan en ‘Son de Ares’ para concurrir a las elecciones. A través de un comunicado, el grupo puntualiza que los «os inscritos ou simpatizantes de Podemos que se presenten na lista da candidatura Son de Ares o farán a título individual como independentes». Publicidad

Leer más »

Anova, Compromiso por Galicia e Esquerda Unida conforman a candidatura cidadá Xunt@s por As Pontes

FERROL360 | Martes 17 marzo 2015 | 14:08 «Un espazo de encontro, totalmente aberto á xente que sinta a necesidade de participar e facer política doutra maneira», así definen os integrantes de Xunt@s por As Pontes esta candidatura cidadá. Forman parte dela os partidos políticos Anova, Compromiso por Galicia e Esquerda Unida, pero tamén veciños sen afiliación política previa. Os eixos do seu programa serán a participación cidadá, o fomento do emprego, o desenvolvemento sostible, a xestión eficiente dos recursos públicos, a defensa do benestar e a igualdade, a defensa da cultura e patrimonio e a transparencia e loita contra a corrupción. Precisamente para profundizar e concretar este programa electoral, Xunt@s por As Pontes convoca a toda a veciñanza a participar nunha xornada aberta de traballo este sábado 21 de ...

Leer más »

Eduardo Garzón explicará este mércores en Ferrol a proposta de traballo garantido de IU

REBECA COLLADO | Ferrol | Luns 16 marzo 2015 | 13:08 A Galería Sargadelos acollerá este mércores un acto público de debate sobre a proposta de traballo garantido de Izquierda Unida. Segundo explicou este luns o coordinador local EU, Suso Basterrechea, trátase de investir cartos públicos para crear un millón de postos de traballo e máis adiante conquerir o pleno emprego. Esta proposta está vinculada aos Concellos e á «participación cidadá» co obxectivo de dar cumplimento ás demandas e necesidades das administracións locais mediante a contratación de persoal. A cita será a partires das 19:30 horas e nela participarán Eduardo Garzón, irmán do Secretario xeral de IU, Jorge Suárez, candidato de EU Ferrol, Saínza Ruíz e Miguel Castro. Por outra banda, Basterrechea afirmou que Esquerda Unida está traballando e dialogando ...

Leer más »

MOVENEDA elixirá a lista coa que concurrirá ás eleccións o vindeiro 27 de marzo

FERROL360 | Xoves 12 marzo 2015 | 20:14 O vindeiro 27 de marzo o movemento veciñal MOVENEDA celebrará unha asamblea xeral na que elixirá a lista coa que concurrirá ás eleccións municipais de maio. Desde a entidade animan a aqueles veciños interesados en formar parte da candidatura a participar neste proceso que se celebrará no salón de actos da Casa da Cultura ás 20:30 horas. Asimesmo, informan que aqueles que desexen ser partícipes da candidatura poden atopar toda a información a través dnos perfís de Facebook e Twitter de MOVENEDA, ou escribindo un correo electrónico a: moveneda@gmail.com. Nestes intres, o movemento veciñal atópase nun proceso de asembleas abertas polos distintos barrios do municipio recabando información, propostas e solicitando a participación dos veciños para a formación da candidatura. Con esas ideas ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies