FERROL360 | Mércores 11 marzo 2015 | 18:10 Incentivar as compras no pequeno e mediano comercio e a hostalaría de Narón é o principal obxectivo da campaña a prol do comercio local que vai poñer en marcha o BNG. O candidato nacionalista, Pablo Villamar, ven de anunciar que nos vindeiros días realizarán un reparto de cartaces nos establecementos do municipio. Villamar subliñou a importancia que ten para a economía local a actividade comercial e hosteleira, «é un sector puxante dun concello con vitalidade» e por iso «temos a obriga de coidar» esta actividade económica. Neste senso, o candidato do BNG de Narón comprometeu o seu apoio a todas as iniciativas que se desenvolvan para revitalizar este sector. Un sector, dixo Villamar, que padece gravemente as consecuencias da crise e que ...
Leer más »Argemino Varela, candidato do BNG en Mugardos
FERROL360 | Martes 24 febrero 2015 | 18:39 Argemino Varela foi elixido por unanimidade da Asemblea Aberta do BNG Mugardos como o seu candidato ás eleccións municipais de maio. Nun comunicado de prensa, o grupo informa que «a elección é froito dunha proposta debatida e consensuada dentro do propio proceso participante». Varela ten 54 anos, é lincenciado en Psicoloxía, afeccionado ao deporte en xeral, seguidor do Deportivo da Coruña, ao cine, á música e a literatura. Será o relevo ao fronte do BNG do histórico Xosé Fernández Barcia, quen meses atrás xa avanzou que non se presentaría ás eleccións. O número dous da candidatura é Tania Fernández Iglesias e o número tres é o activista do movemento asociativo Ramón Romero Mandiá. En vindeiras datas o BNG dará a coñecer o ...
Leer más »O BNG de Narón pon en marcha unha iniciativa para recoller ideas dos veciños de cara ás eleccións
FERROL360 | Martes 24 febreiro 2015 | 11:41 O programa do BNG-Asembleas Abertas de Narón contará coa opinión e propostas dos veciños do municipio. O grupo quere que a veciñanza lle faga chegar as deficiencias ou carencias que atopen na súa parroquia ou en Narón en xeral. Para atender a esas demandas e poder recollelas dentro do programa das eleccións locais do 24 de maio, o BNG pon en marcha na páxina de Facebook de Queremos Narón unha iniciativa para recoller todas esas ideas. Tamén está dispoñible un enderezo electrónico ao que se poden remitir as propostas: naron@bng-galiza.org. Se non tes Internet ou non te apañas ben coas novas tecnoloxías, pero queres participar, podes facelo chamando ao número de teléfono 607 082 232. Publicidad
Leer más »Iago Varela, candidato do BNG–Asembleas Abertas en Cabanas
FERROL360 | Venres 6 febreiro 2015 | 14:52 O BNG–Asembleas Abertas en Cabanas elixiu a Iago Varela como o seu candidato ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio. Unha cita na que aspiran a desbancar ao Partido Popular do goberno local, segundo indican nun comunicado. Varela é un candidato xoven, de 28 anos de idade, que cursou estudos de Enxeñaría de Telecomunicacións e está vencellado á comunicación sobre novas tecnoloxías. Estará acompañado nos primeiros postos da lista por Paula González, técnica en prevención de riscos laborais, e Xosé Manuel Golpe, técnico en enerxías renovables. O candidato asegura estar ilusionado por liderar un proxecto de xente nova que «transformará Cabanas nun concello adaptado aos novos tempos» e no que as persoas serán o centro de todas as decisións. Así, o ...
Leer más »Eduardo Lourido, candidato do PSOE á alcaldía de San Sadurniño
FERROL360 | Sábado 17 xaneiro 2015 | 19:54 Eduardo Lourido Doval será o candidato do PSOE á alcaldía de San Sadurniño nas eleccións municipais do vindeiro 24 de maio. Lourido ten 43 anos, reside na localidade e traballa como bombeiro no parque comarcal de Betanzos. Tamén foi delegado sindical da UGT durante cinco anos cando traballaba nunha empresa auxiliar do estaleiro de Navantia Fene. Con este cambio, o PSOE aposta por renovar o seu cartel electoral nunha vila na que aspira «a articular un cambio de rumbo, unha nova forma de facer política, baseada na cercanía, no traballo en equipo e no servizo aos veciños«, afirma o candidato. Lourido tamén eloxia a labor desenvolvida durante estes anos polo actual portavoz municipal do partido, Fernando Márquez, e pola secretaria xeral da ...
Leer más »O BNG de Narón abre unha páxina en Facebook como plataforma de participación da veciñanza
FERROL360 | Venres 9 xaneiro 2015 | 18:15 O BNG de Narón pon en marcha unha páxina en Facebook co obxectivo de que serva como plataforma de participación no proxecto do Bloque cara as eleccións muncipais. Os nacionalistas queren que sexa un instrumento tanto para a conformación da candidatura como para o establecemento das liñas programáticas coas que concorrer o 25 de maio. Ademais, na páxina de Queremos Narón anunciaranse as distintas actividades que se van programar desde a formación frontista. O candidato á alcaldía polo BNG, Pablo Villamar, e a viceresponsábel local da organización, Eva Guerrero, foron os encargados de presentar a páxina. Por outra banda, Villamar e Guerrero anunciaron que as asembleas abertas volverán ser as protagonistas, conformando o eixo central do traballo da organización.
Leer más »O BNG de Narón celebra unha asemblea aberta este domingo na Solaina
FERROL360 | Sábado 15 novembro 2014 | 20:00 Coa xuntanza deste domingo na Solaina, o BNG de Narón pechará o primeiro ciclo de asembleas abertas da localidade. Esta actividade ten como obxectivo achegar xente ao proxecto nacionalista de cara aos comicios locais do vindeiro mes de maio. A cuarta charla programada pola organización frontista na localidade terá lugar no local social da Solaina, na rúa Mercedes Freire Lago, este domingo ás 12:00 horas. Nestes encontros coa cidadanía, o BNG recolle aportacións cara a elaboración da candidatura e ideas cara a concreción do programa electoral co que optará á alcaldía de Narón.
Leer más »María Porto será la candidata de Converxencia Galega a la alcaldía de Narón
FERROL360 | Viernes 14 noviembre 2014 | 13:28 Converxencia Galega ha ratificado a María Porto como candidata del partido a la alcaldía de Narón para las elecciones municipales del mes de mayo. Esta ratificación ha supuesto el último paso en el proceso de elección de la cabeza de lista del partido en el municipio. Con anterioridad, Converxencia Galega había llevado a cabo un proceso de elecciones primarias entre la militancia de la localidad en el que se había elegido por unanimidad a María Porto como candidata a la alcaldía en 2015. Porto está trabajando en la confección de la lista electoral, que ya está bastante avanzada y estará completada antes de fin mes. En diciembre será la presentación de la candidatura, que incorporará novedades importantes y caras conocidas.
Leer más »