Home / Archivo de Etiquetas: Emprego

Archivo de Etiquetas: Emprego

Xornada de portas abertas no IES de Fene para coñecer todo o que ofrece a FP

FERROL360 | Domingo 9 xuño 2019 | 14:01 O IES de Fene celebrará este martes, entre as 18:30 e as 20:30 horas a terceira convocatoria da I Xornada de Portas Abertas da FP orientada a persoas desempregadas, empresas, familias e público en xeral. Os asistentes descubrirán cales son as posibilidades formativas que ofrece o centro en materia de Formación Profesional, así como as súas opcións de futuro. O evento consiste en dar a coñecer os Ciclos formativos de grao medio impartidos no centro: Soldadura e caldeiraría, Electromecánica de vehículos automóbiles, Instalacións de produción de calor, Instalacións frigoríficas e de climatización e Mantemento electromecánico. Os estudantes que rematen a formación nestes ciclos teñen altas posibilidades de entrar no mercado laboral xa que todos eles teñen unha moi boa taxa de inserción ...

Leer más »

Cinco peóns empezan a traballar en Fene dentro do programa de emprego para perceptores da RISGA

FERROL360 | Venres 3 novembro 2017 | 19:18 A área de Servizos do Concello de Fene reforzouse esta semana con cinco persoas máis que desenvolverán tarefas de mantemento en espazos públicos durante os próximos sete meses. Forman parte do plan de emprego financiado pola Xunta para persoas perceptoras da renda de inserción social de Galicia, coñecida como RISGA. Con esta nova incorporación temporal, o Concello eleva a 47 o número de participantes nos programas formativos e de mellora da empregabilidade que ten en marcha, o Inicia II, o Reinicia IV e o PIL provincial. Este venres xa se puxeron mans á obra para retirar herbas e terra acumulada tanto na praza do Alcalde Ramón Souto González como nas beiras do paseo fluvial do Cádavo. O alcalde, Juventino Trigo, salienta que ...

Leer más »

San Sadurniño participa no programa europeo ECMYNN que se celebra en Grecia

FERROL360 | Mércores 18 maio 2016 | 17:36 O Concello de San Sadurniño participa esta semana no programa europeo ECMYNN -Enhancing Competences to Meet Young Neet’s Needs- como único representante de España. O proxecto, que se está a celebrar en Grecia, busca mellorar as competencias do persoal técnico e das entidades que traballan en relación coa mocidade que nin estuda nin traballa. O seu obxectivo inicial é facer unha diagnose das necesidades desta parte da poboación europea, estimada nuns 14 millóns de persoas con idades comprendidas entre os 15 e os 29 anos, para definir a partir delas métodos de traballo e acompañamento que lles axuden a acceder ao mercado laboral. Trátase do segundo encontro transnacional de coordinación do proxecto coa participación de organismos de Italia, Polonia, Romanía, Grecia e ...

Leer más »

Aberto o prazo de presentación de ofertas para xestionar a cantina da piscina municipal de San Sadurniño

FERROL360 | Martes 10 maio 2016 | 16:28 O Concello de San Sadurniño acaba de abrir o prazo de presentación de propostas para xestionar a cantina da área recreativa do lugar de Currás durante os meses do verán. Trátase dun contrato menor que se resolverá en base á oferta económica que se faga -o mínimo son 100 euros-, pero tamén valorando a ampliación do horario de apertura, o programa de limpeza das instalacións ou a variedade de produtos que se ofrezan. Dende o consistorio explican que a persoa adxudicataria deberá comprometerse a, entre outras cousas, abrir o local entre o 20 de xuño e o 11 de setembro e, como mínimo, entre as 15:00 e as 21:00 horas durante todo o período, así como os luns, mércores e venres das ...

Leer más »

Os alumnos do obradoiro «Reinicia» de Fene recrearon con prantas o casco dunha embarcación

REBECA COLLADO | Fene | Xoves 26 febreiro 2015 | 10:38 O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e o concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, visitaron este mércores o paseo marítimo de San Valentín onde os alumnos do obradoiro de xardinería «Reinicia» recrearon con prantas e arbustos o casco dunha embarcación. Este programa de obradoiros está impulsado polos Concellos de Fene, Ares e Cabanas e busca formar a persoas desempregadas deses municipios en diferentes especialidades. Ademais de adquirir coñecementos que lles sirvan para buscar unha saída laboral, os participantes tamén perciben unha pequena aportación económica. Neste obradoiro de xardinería participaron un total de 21 alumnos, dos que o 61 % pertencían a Fene. O goberno local xa está traballando para poñer en marcha novos talleres ocupacionais para as personas ...

Leer más »

A OMIX de Mañón organiza unha charla sobre emprego para xente nova

FERROL360 | Martes 4 novembro 2014 | 15:13 Baixo o título «Activando o teu futuro», a Casa da Cultura do Vicedo acolle unha charla que pretende orientar aos novos sobre a busca de emprego. A actividade terá lugar o sábado 8 de novembro ás 17:00 horas e está organizada por a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Mañón e máis a do Vicedo, xunto coa Rede Galega de Dinamización Xuvenil. A participación é gratuíta. A charla é participativa, dura hora e media e nela os técnicos da Xunta falarán sobre os seguintes temas: Busca de emprego, define o teu obxectivo; Simplifica o teu curriculum vitae; Redes sociais; Formación; A importancia da educación non formal e voluntariado; Descubre a túa vocación e activa a creatividade e Creación da rede de ...

Leer más »

O Centro Municipal de Formación de Narón acolle seis cursos de diferentes ensinanzas

FERROL360 | Martes 21 xullo 2014 | 20:30 A Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, visitou este martes o Centro Municipal de Formación onde estanse a impartir un total de seis cursos nos que participan 80 alumnos. A edil saudou ós participantes destes obradoiros e animoulles a sacar o maior aproveitamento posible destas ensinanzas. Actualmente estanse a impartir dous cursos do Programa Habilita 2014. Un programa financiado íntegramente polo Concello e que consiste en accións formativas de corta duración, aplicables a calquera realidade sociolaboral e/ou imprescindibles para mellorar as competencias persoais e profesionais. Así, estanse a desenrrolar os cursos de prevención de riscos e saúde laboral, de 60 horas de duración e no que participan 15 alumnos; e iniciación ó cultivo baixo abrigo, de 20 horas ...

Leer más »

Ponse en marcha «Artabria Emprega II»

FERROL360 | Mércores 23 outubro 2013 | 20:22 Un total de 90 persoas participarán no programa integrado de emprego «Artabria Emprega», que este ano márcase como obxectivo a inserción no mercado laboral do 35 % dos participantes. O programa xa deu comezo o día 15 de outubro, estando previsto facer nos próximos días a selección de candidatos dun listado que será facilitado polo Servizo Público de Emprego, sendo esta a primeira das etapas do proxecto. Posteriormente procederase a unha consultoría individual e grupal para logo acceder a un período de formación e rematar cun seguimento da inserción laboral. Está previsto que o programa teña unha duración dun ano, rematando o 14 de outubro de 2014. O obxectivo que se persegue é facilitar a inserción laboral de persoas con especiais dificultades ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies