Home / Archivo de Etiquetas: Entroido en Cabanas 2020

Archivo de Etiquetas: Entroido en Cabanas 2020

Festa de Fin de Entroido este sábado en Cabanas

FERROL360 | Venres 28 febreiro 2020 | 20:12 O Concello de Cabanas celebrará este sábado a súa Festa de Entroido, que porá fin ás actividades programadas polo Concello para estas datas. A cita é dobre, xa que por unha banda haberá unha festa infantil e máis tarde comezará unha festa para os maiores. A partir das 18.00 horas, no Pavillón de Lavandeira, terá lugar a celebración pensada para os máis pequenos da casa. Organizada en colaboración coa ANPA O Castiñeiro, haberá actividades de animación destinadas a nenas e nenos, así como doces típicos destas datas. Doutra banda, a partir das 21.00 horas, terá lugar a festa de maiores no local da Sociedade O Loureiro, nas inmediacións do pavillón. Haberá degustación de sobremesas de Entroido e a actuación de DJ Dany. ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies