Home / Archivo de Etiquetas: Escola infantil municipal del San Sadurniño

Archivo de Etiquetas: Escola infantil municipal del San Sadurniño

O campo de fútbol de San Sadurniño converterase nunha cancha de herba artificial

FERROL360 | Luns 2 marzo 2015 | 18:52 A Deputación da Coruña deu o visto bo ao proxecto de converter o campo de fútbol de Corrás, en San Sadurniño, nunha cancha de herba artificial. O organismo provincial financiará ao 100 % esta actuación, que ascende a 340.224 euros. Así, vaise retirar o céspede natural e substituílo por outro artificial de máxima calidade e dunha superficie de 92×57 metros. Así mesmo, o proxecto inclúe a execución de beirarrúas de formigón ao longo de todo o perímetro do terreo de xogo. Ademais, por motivos de seguridade e para evitar a entrada de público no campo, vaise instalar tamén un valado a unha altura de 0,90 metros. Os postes e os pasamáns serán de aluminio. Por último, instalaranse novas porterías fixas e outras ...

Leer más »

A Escola Infantil Municipal de San Sadurniño iniciou este luns a súa actividade

FERROL360 | Luns 2 febreiro 2015 | 19:37 Os nenos matriculados na Escola Infantil Municipal de San Sadurniño comezaron este luns o curso. Os primeiros días serán de toma de contacto co centro, coas mestras e cos novos compañeiros. Segundo indican desde a escola «o arranque non puido ser mellor. Case non houbo choros». A intención do equipo educativo é que todos se vaian coñecendo e familiarizando cunhas instalacións nas que xogarán e aprenderán ata o mes de agosto en que remata este primeiro curso da Escola Infantil Municipal de San Sadurniño. Un curso un tanto atípico pola data de inicio. En total foron vinte os pequenos que estrearon a Escola Infantil de San Sadurniño. Está distribuídos case a partes iguais nas unidades de 1 a 2 e de 2 ...

Leer más »

San Sadurniño abrirá o día 15 o prazo de prematrícula na Escola Infantil Municipal

FERROL360 | Mércores 3 decembro 2014 | 18:28 Todo listo na escola infantil municipal de San Sadurniño para iniciar a súa actividade, despois de que un equipo de inspección da Consellería de Traballo e Benestar dera o visto bo as instalacións. Así, as familias que desexen apuntar os seus nenos na escola poderán solicitar a prematrícula a partir do día 15. Para inscribir os pequenos hai que enviar o formulario de solicitude ao correo eim.sansadurnino@gmail.com ou ben entregalo na propia escola os martes e xoves en horario de 10:00 a 13:00 horas e os mércores de 16:30 a 18:30 horas. Se algunha familia non pode entregar o formulario por esta vía, poden facelo no departamento municipal de Servizos Sociais e Igualdade. O centro ofrece 38 prazas para nenos de entre ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies