FERROL360 | Venres 24 xaneiro 2020 | 10:16 O Concello de Cabanas continúa co seu proxecto de rehabilitación da Escola Laica para convertela nun gran espazo cultural. Unha iniciativa que conta co apoio técnico e económico da Deputación da Coruña, cun investimento de 190.000 euros nos últimos anos. Este xoves o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde de Cabanas, Carlos Ladra, visitaron este antigo edificio indiano, que foi obxecto de diversas fases de obras de reforma. Estas actuacións incluiron a completa renovación da cuberta, a eliminación das filtracións de auga da fachada, o adecentamento exterior do inmoble e a construción dun amplo salón de actos no seu interior. «Trátase dun edificio catalogado, un equipamento público que forma parte do patrimonio histórico de Cabanas e que, co ...
Leer más »