Home / Archivo de Etiquetas: Escola Municipal Infantil Neda

Archivo de Etiquetas: Escola Municipal Infantil Neda

Neda adxudica as obras de construción da primeira Escola Infantil da vila

FERROL360 | Sábado 18 abril 2015 | 19:37 O Concello de Neda adxudicou as obras de acondicionamento da que será a primeira Escola Municipal Infantil da vila. Construcciones Anllar será a encargada de levar a cabo o proxecto que contempla a creación de tres aulas, cociña, ascensor e tres aseos adaptados n unha superficie de 264 metros cadrados. Os traballos de acondicionamento da antiga Escola unitaria do Empedrón están orzamentados en 182.000 euros e, en función dos trámites administrativos, a actuación comezará no mes de maio. Un total de 31 empresas participaron no proceso de licitación. O Concello tamén se sacará a licitación a xestión da Escola. A intención do goberno local é que a actividade se inice tan pronto vaian concluíndo os procesos administrativos, e non ter que esperar ...

Leer más »

Neda da luz verde ao expediente de contratación das obras da Escola Infantil

FERROL360 | Sábado 17 xaneiro 2015 | 12:19 A Xunta de goberno local de Neda aprobou o expediente de contratación das obras de acondicionamento da primeira Escola Municipal Infantil do municipio. O seguinte paso será a publicación do documento no Boletín Oficial da Provincia, trámite que abrirá o proceso de adxudicación e se estima que conclúa neste mes de xaneiro. Os traballos, orzamentados en 182.000 euros, sairán a concurso público e serán financiados ao 100 % pola Consellería de Benestar e Traballo, despois da recente sinatura dun convenio de colaboración entre o departamento autonómico e o Concello. A actuación levarase a cabo na antiga Escola unitaria do Empedrón. O proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais contemplan o acondicionamento das dúas prantas, baixa e primeira. En total, 264,62 metros cadrados construidos ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies