Home / Archivo de Etiquetas: estrada Ares-Chanteiro

Archivo de Etiquetas: estrada Ares-Chanteiro

O BNG de Ares censura o rexeitamento de incluír unha moción pola vía de urxencia sobre as obras da estrada Ares-Chanteiro

FERROL360 | Sábado 30 xullo 2016 | 15:06 A moción presentada polo BNG de Ares por vía de urxencia para solicitar á Deputación Provincial que se inclúa a partida para acometer as obras da segunda fase da estrada de Ares- Chanteiro foi rexeitada polos grupos de PSOE, NAL e SON. Unha actitude que o portavoz municipal do BNG, Emilio Mesías, calificou de falta de consideración e respecto á veciñanza de Cervás-Chanteiro. Mesías non entende o rexeitamento a esta moción e conclúe que os grupos «non consideran de urxencia a obra». Ante esta situación, o voceiro do Bloque indica que trasladará unha petición directamente á Deputación para que «a segunda fase figure nos orzamentos da Deputación para o vindeiro ano, co obxectivo de facer realidade as aspiracións veciñais». Así as cousas, ...

Leer más »

Os traballos na estrada Ares-Chanteiro poderían comezar antes de final de ano

FERROL360 | Mércoles 5 agosto 2015 | 18:26 O deputado do BNG, Xesús Soto, acompañado polo voceiro nacionalista en Ares, Emilio Mesías, mantivo unha xuntanza este martes cos representantes da comisión veciñal que segue en loita pola execución do proxecto de ampliación e seguridade viaria na estrada Ares-Chanteiro para analizar a situación actual do proxecto. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o pasado 28 de xullo o proceso de levantamento de actas para a execución da obra, que se desenvolverá os vindeiros 25 e 26 deste mes de agosto, e os representantes veciñais aproveitaron para expresar as súas críticas ante falla de información dende o Concello con respecto da situación da obra. Soto explicou aos representantes veciñais o proceso no que se atopa o proxecto, podendo os veciños alegar ...

Leer más »

O pleno da Deputación da luz verde ao proxecto de ampliación da estrada Ares-Chanteiro

FERROL360 | Venres 27 febreiro 2015 | 18:24 Novo paso para que a ampliación da estrada Ares-Chanteiro sexa unha realidade. A Deputación de A Coruña ven de aprobar este venres en pleno a primeira fase do proxecto de ampliación e mellora do trazado desta estrada. O proxecto inclúe actuacións dende o inicio da estrada ata a glorieta de Chanteiro, o que supón preto de catro quilómetros de obras. Neste tramo se ensanchará a calzada, que pasará a ter dous carrís de 3,5 metros cada un (agora miden 2,7 metros), e unha plataforma peonil de dous metros de ancho na marxe esquerda, separado por un beiravía con bordo. Ademais, nos lugares de Cervás e Chanteiro vanse executar dúas glorietas rebasables para acondicionar e reordenar as interseccións coa DP 0403 e cun ...

Leer más »

A Deputación levará ao pleno de febreiro o proxecto de reforma da estrada Ares-Chanteiro

FERROL360 | Mércores 21 xaneiro 2015 | 20:17 A Deputación da Coruña ten previsto aprobar no pleno provincial de febreiro a primeira fase do proxecto de reforma da estrada Ares-Chanteiro. Nesta fase se investirán máis de 1,2 millóns de euros e se actuará sobre 3,6 quilómetros, ao longo dos cales se construirá un andén peonil e se ampliará a estrada. Trátase do primeiro paso para poder iniciar o proceso de expropiación dos terreos necesarios para a ampliación co levantamento de actas previas. Desde o organismo provincial informan que este proceso se realizará pola vía de urxente ocupación. Na segunda fase do proxecto actuarase desde o punto quilométrico 3,6 ata o 4,6 e procederase á ampliación da estrada e a dotación de senda peonil. O presidente da Deputación, Diego Calvo, recibiu ...

Leer más »

Máis de 60 automóbiles participaron na caravana para reclamar a mellora da estrada Ares-Chanteiro

FERROL360 | Sábado 27 setembro 2014 | 19:45 A caravana automobilística convocada polo BNG de Ares contou coa participación de máis de 60 vehículos, segundo afirman desde o partido. A mobilización saiu ás 12:00 horas da Praza da Rega, en Chanteiro, e serviu para reclamar a urxente execución do proxecto da estrada Ares-Chanteiro. Desde o Bloque lembran que levan 15 anos demandando este proxecto á Deputación de A Coruña e que o pasado ano o organismo provincial destinaba 1’2 millóns de euros para abordar a primeira fase da obra. Por iso, reclaman a súa execución. Asimesmo, os nacionalistas indican que no pleno do vindeiro martes da Deputación de A Coruña debatirase unha moción sobre este proxecto. No texto, o BNG pide que o organismo provincial axilice a declaración de urxente ...

Leer más »

O BNG de Ares coloca cartaces nos que denuncia a situación da estrada Ares-Chanteiro

FERROL360 | Xoves 7 agosto 2014 | 20:30 O BNG de Ares esixe unha vez máis a execución do proxecto da estrada Ares-Chanteiro. Nesta ocasión, os nacionalistas levaron a cabo unha iniciativa reivindicativa que consistiu en colocar cartaces en todo o tramo do vial, nos que se pode ler o seguinte lema: «Temos dereito! Arranxo da estrada xa!». Desde o BNG lembran que este proxecto foi aprobado pola Deputación Provincial nunha primeira fase para este ano e que contaba cun orzamento de 1,2 millóns de euros. Por iso, advirten que no caso de non concretarse as obras cabe a posibilidade de convocar algunha acción mobilizadora para esixir a súa execución. O voceiro municipal do BNG, Emilio Mesías, afirma que «esta obra resulta prioritaria, porque supón unha importante vía de comunicación, ...

Leer más »

O BNG de Ares leva a pleno unha moción para que a Deputación execute a ampliación da estrada Ares-Chanteiro

FERROL360 | Martes 29 outubro 2013 | 18:42 O Concello de Ares tratará este xoves en sesión plenaria unha moción presentada polo BNG para ampliar a estrada que une Ares con Chanteiro. Ademais, debaterán sobre a seguridade viaria nalgúns dos tramos que consideran perigosos para os peóns. O firme desta estrada foi reparado recentemente, e os nacionalistas consideran que se trata unha «manobra da Deputación» para non executar un proxecto aprobado con anterioridade. Critican que non se resolveron os problemas derivados dunha calzada moi estreita, na que din, «a duras penas poden cruzarse dous vehículos». O BNG demanda ao ente provincial que afronte un proxecto que consideran «prioritario». Segundo Emilio Mesías, o portavoz municipal do BNG neste municipio, «as máis de 700 sinaturas recollidas por iniciativa veciñal nos días pasados ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies