Home / Archivo de Etiquetas: Exposición Muros

Archivo de Etiquetas: Exposición Muros

O fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón realiza unha visita guiada pola súa mostra

FERROL360 | Mércores 2 decembro 2015 | 18:42 Oportunidade única para ver a exposición Muros, do fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón, que ofrecerá unha visita guiada pola súa mostra este xoves. Será ás 18:30 horas e estará aberta a participación dos veciños, entidades e centros de ensino. Así, Tizón será o cicerone do público que se achegue a esta visita guiada e de balde pola sala de exposicións do Centro Cultural Torrente Ballester, que alberga a mostra. Trátase dunha exposición de fotografía e vídeo documental, que é unha fiestra aberta ao drama que están a vivir miles de persoas no seu exilio polas fronteiras de Europa. O fotógrafo será o anfitrión para guiar aos visitantes polos segredos que se agochan detrás de cada imaxe. Ademais, este venres terá lugar no CTB ...

Leer más »

A realidade poética dos muros

XESÚS ANDRÉS LÓPEZ PIÑEIRO | Sábado 28 novembro 2015 | 11:02 A arte non cambia o mundo, pero axuda a entendelo. E comprender o mundo no que vivimos, fainos mais libres. A mostra fotográfica que colga Gabriel Tizón (Ferrol-1973) nas salas do Torrente Ballester e que leva o título de Muros, entra dentro dese concepto. Arte que nos axuda a entender o mundo no que vivimos. O drama de millóns de xentes que escapan da guerra na que se dirimen intereses que non son os seus, e que afrontan unha longa viaxe na que os máis débiles atopan a morte. Xentes que teñen que decidir entre morrer nunha terra, no que o interés non son as persoas, senón a xeoestratexia, ou intentar refacer a súa vida en lugares nos que ...

Leer más »

O fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón amosa o drama nas fronteiras de Europa nunha mostra no CTB

FERROL360 | Martes 17 novembro 2015 | 17:28 Muros é unha fiestra á dor, ao drama, á barbarie que día a día viven os refuxiados nas fronteiras de Europa. O fotógrafo ferrolán, Gabriel Tizón, achéganos a cruel realidade dos asilados nesta mostra na que se combina fotos, vídeo e textos para dar «o protagonismo aos protagonistas». O CTB, centro Torrente Ballester, acollerá esta exposición que se inaugura este mércores 18, ás 20:15 horas. É unha das apostas expositivas, máis honesta e comprometida, que realiza a Concellería de Cultura de Ferrol para este outono. A mostra componse de 62 imaxes escollidas entre as miles que Tizón tirou nos últimos meses durante dúas viaxes «camiñando coa cámara como un artesán, non como artista», e cruzando as fronteiras de seis países de Austria ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies