FERROL360 | Martes 12 abril 2016 | 17:56 Desde este martes e ata o vindeiro 27 de abril, a Casa da Cultura de Pontedeume acolle a exposición IX Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez 2014. Os interesados en visitar a mostra poden facelo en horario de 18:30 a 20:30 horas. A gañadora da IX edición foi Alicia Candiani polo seu traballo Diana (Centro I) realizado con diversas técnicas como o aguafuerte, chinèe collé, ou o troquelado. A súa obra exhibirase xunto con outros 27 traballos seleccionados polo xurado. A Deputación a Coruña en recoñecemento ao labor realizado pola Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador, convocou en 2014 o IX Premio internacional de arte gráfica Jesús Núñez.
Leer más »Charlas, música, poesía e teatro para celebrar o 40 aniversario da refundación do Ateneo Ferrolán
REBECA COLLADO | Ferrol | Venres 11 marzo 2016 | 14:31 Este mes de marzo o Ateneo Ferrolán celebra o 40 aniversario da dúa refundación, e para conmemorar esta data ten programadas varias actividades nas que non faltarán a música, o teatro, a poesía e a historia da entidade. Os socios Francisco Iglesias, Soledad Fontenla e Luis Calvo, que conforman a Xunta Xestora que dirixe nestes momento o Ateneo ata que non haxa unha directiva, foron os encargados de presentar a programación festiva. Unha programación coa que queren «abrir unha vez máis o Ateneo á cidadanía da comarca» e apostar pola cultura da zona, asegurou Iglesias. Así, o día 17 de marzo terá lugar a inauguración do programa de actos cunha exposición e poxa de cadros, que estará aberta ata ...
Leer más »O centro cultural Carvalho Calero acollerá cinco exposicións didácticas ata finais de curso
REBECA COLLADO | Ferrol | Xoves 28 xaneiro 2016 | 17:00 Co obxectivo manter unha programación estable no centro cultural Carvalho Calero e de imprimille un carácter didáctico, a Concellería de Cultura de Ferrol programa cinco exposicións neste centro ata o mes de xuño. Mostras abertas ao público en xeral, pero que teñen nos alumnos da cidade e da comarca aos seus principais destinatarios. O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, explicou na presentación do calendario expositivo que trátase dunha «programación ambiciosa» na que se abordará temas de actualidade. A primeira das exposicións será a mostra dos fondos da Asociación de Amigos do Ferrocarril, que conta con maquetas e pezas históricas que nos levan a realizar un percorrido pola historia do tren. A exposición abrirá as súas portas o 4 de ...
Leer más »O IES Fernando Esquío de Neda acolle a exposición do CSIC «Un universo de luz»
FERROL360 | Martes 6 outubro 2015 | 9:38 A mostra «Un universo de luz» consta de 20 paneis onde se pode apreciar dende a primeira luz do cosmos ata o sistema visual humano, pasando por fenómenos como os espellismos, as auroras polares ou os arcoíris. A exposición está aberta ao público no IES Fernando Esquío de Neda ata o vindeiro 20 de outubro en horario de das 9:00 a 14:00 horas e os xoves de 16:20 ás 18:00 horas. «Un universo de luz» revela as propiedades da luz e describe as súas principais aplicacións, resaltando o papel que xogan no noso día a día. Ferramentas como os microscopios, os dispositivos de iluminación, o láser ou a fibra óptica son as protagonistas desta mostra, na que tamén teñen cabida a evolución ...
Leer más »«150 anos dunha vila mariñeira», a próxima exposición da Casa da Cultura de Pontedeume
FERROL360 | Venres 17 abril 2015 | 11:03 A Casa da Cultura acolle desde este venres a mostra «150 anos dunha vila mariñeira: Pontedeume 1865-2015». A exposición conta con material fotográfico, audiovisuail e maquetas relacionadas co mundo do mar. Os fondos que forman este particular arquivo están cedidos pola Biblioteca Municipal, que leva 15 anos promovendo o programa de Fotografía Familiar. Unha iniciativa que permite recuperar e mostrar as fotos aportadas polos alumnos, xa que escanéanse as imaxes conservadas nas casas para o seu posterior etiquetado. Este valioso fondo conta xa con máis de 1.500 obras, grazas á tarefa de Alexandre Caínzos, que conta tamén coa colaboración dos profesores para crear este referente do patrimonio icónico galego. Hai tamén material proporcionado por diferentes administracións como o Arquivo do Reino de ...
Leer más »Novas exposicións na Casa da Cultura de Fene e o Ateneo Ferrolán
FERROL360 | Mércores 14 xaneiro 2015 | 13:23 A Casa da Cultura de Fene acolle a mostra Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia. A exposición dá conta, a través de distintos paneis, do instructivo compromiso solidario dos emigrantes galegos. A mostra subraia a dimensión da efeméride do centetario fundacional das Sociedades Galegas de Instrucción radicadas en América e as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes galegos. Comisariada por Vicente Peña Saavedra, e documentada por Carolina García Borrazás e María Teresa García Domínguez, é unha nova contribución do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, á recuperación e posta en valor da memoria e o legado dos emigrantes. Está promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG), a través de su Arquivo da ...
Leer más »Coñece a programación de actividades do Ateneo Ferrolán para o mes de novembro
FERROL360 | Xoves 30 outubro 2014 | 22:12 Ciclo de cine, obradoiros de arte, curso de fotografía nocturna e unha charla sobre a produción primaria son algunhas das actividades que poderemos atopar no Ateneo Ferrolán durante o vindeiro mes de novembro. O ciclo Martes de Cine está adicado durante o mes de novembro ao Club de lectura do Ateneo e as proxeccións son ás 19:00 horas. Así, o día 4 de novembro poderemos ver o filme Macbeth, do director Roman Polanski. É unha película do ano 1971 de 140 minutos de duración. O martes día 11 de novembro, tócalle o turno ó filme La lengua de las mariposas, do ano 1999. Ten unha duración de 97 minutos e é unha película do director José Luis Cuerda. O martes seguinte, día ...
Leer más »Coñece a programación de actividades do Ateneo Ferrolán para outubro
FERROL360 | Martes 23 setembro 2014 | 13:41 Obradoiros de interpretación para cine, un curso de fotografía, clube de lectura e radio teatro son algunhas das actividades que poderemos atopar no Ateneo Ferrolán durante o vindeiro mes de outubro. Pero antes de cambiar de mes, o Ateneo acolle dous actos nos últimos días de setembro. Así, este mércores 24 de setembro, ás 18:30 horas, celebrarase unha Asamblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra. Ao remate de setembro e comezos de outubro terá lugar un obradoiro de interpretación para cine da man do profesor Miguel Lago Casal. O curso celebrarase do 29 de setembro ao 2 de outubro en horario de 18:00 a 22:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas o último día do obradoiro, é dicir, o 2 ...
Leer más »Pinturas en formato pequeno e gravados enchen a tempada expositiva do Torrente Ballester
REBECA COLLADO | Ferrol | Mércores 12 marzo 2014 | 13:58 As mostras Puntos de pintura e Gravados da Colección de Arte Concello de Ferrol abren a nova tempada de exposicións do Centro Torrente Ballester. A cita será este venres ás 19:00 horas e, ademais da inauguración, terá lugar a presentación dunha obra mural do artista ferrolán Ricardo Segura Torrella. A obra foi doada ao Concello por Miguel Loureiro Rico e permanecerá exposta de xeito permanente no Torrente. Puntos de pintura é un proxecto editorial e expositivo que busca «reforzar a importancia da pintura de formato pequeno», xa que ás veces é catalogada como bosquexo, explicou a comisaria da mostra Sara Donoso. A montaxe está feita de tal xeito que se pode ver como «pequenas exposicións individuais». E é que se ...
Leer más »