ARY LÓPEZ | Mércores 23 abril 2014 | 17:29 A cita máis agardada do ano para os afeccionados ao mundo do cabalo ten lugar no municipio de Moeche. O 23 de abril significa para a localidade modestina unha festa que xira arredor do universo ecuestre e onde comparten a súa paixón os veciños do lugar con persoas chegadas de distintos puntos da península. É, ademais, unha data que favorece o turismo e impulsa o consumo na zona. Dende primeira hora da mañá, foron chegando os primeiros visitantes ao recinto de San Ramón, aínda que, como asegura Urbano Villarnovo, o presidente da Asociación Ecuestre 23 de Abril de Moeche, «o comezo foi floxo, en comparación a outros anos». Xa ao mediodía, a estabilidade do tempo favoreceu que numerosos curiosos se achegaran ...
Leer más »