FERROL360 | Xoves 13 febreiro 2020 | 9:57 As Pontes celebrará por todo o alto unha nova edición da súa Feira do Grelo, que chega este ano ao 40 aniversario. A cita gastronómica terá lugar os días 22 e 23 de febreiro e non faltarán o tradicional concurso de cestas, a mostra de asteranía, unha degustación popular e unha actividade gastronómica con reputados cociñeiros e a música da man, entre outros, de Tanxugueiras. O programa de actividades, deseñado polos departamentos de Cultura e de Turismo do concello pontés, ten como obxectivos exaltar un dos produtos máis emblemáticos da gastronomía local e render homenaxe á agricultura máis tradicional. A actividade comezará o sábado, ás 11:00 horas, coa apertura da XIII Exposición CONtornos, unha mostra itinerante de madeira torneada. Estará na primeira ...
Leer más »As Pontes busca cartaz para a 40 edición da Feira do Grelo
FERROL360 | Xoves 16 xaneiro 2020 | 10:29 O Concello das Pontes ven de convocar un concurso para o deseño da imaxe do cartaz oficial da 40ª edición da Feira do Grelo, que se celebrará os días 22 e 23 de febreiro. O cartaz gañador recibirá un premio de 750 euros e o prazo para recibir os deseños xa está aberto. Este concurso, no que poden participar tanto persoas físicas como xurídicas, de forma individual ou en equipo, ten como obxectivo elexir a imaxe oficial da Feira do Grelo que será empregada na campaña de difusión informativa e publicitaria desta cita gastronómica pontesa. As bases do concurso esixen que os traballos sexan orixinais e inéditos, non presentados noutros concursos e poderán ser elaborados mediante calquera técnica ou procedemento artístico. As ...
Leer más »As Pontes celebrará a súa Feira do Grelo o domingo 3 de marzo
FERROL360 | Luns 11 febreiro 2019 | 9:25 As Pontes quenta motores para celebrar o vindeiro domingo 3 de marzo a XXXIX edición da Feira do Grelo. E, como cada ano, haberá o tradicional concurso de grelos que repartirá máis 1.500 euros en premios. As persoas interesadas en participar no certame deberán inscribirse, de 08:00 a 10:00 horas, o día da Feira, no mercado municipal. A partir das 10:00 horas non se admitirán más participantes no concurso. Os grelos deben presentarse en cestas que conterán, como mínimo 10 madas. Só se admitirá un concursante por unidade familiar e os concursantes deben ter un mínimo de 16 anos. O concurso rematará ás 11:00 horas, comezando nese momento a venda ao público dos grelos non premiados. Premiaranse tres categorías: calidade do grelo, ...
Leer más »