FERROL360 | Sábado 4 agosto 2018 | 12:04 “Ferrol Vello é bo lugar para a Feira Medieval, si se adecentara un pouco non lle vía nada mal”, así comezou este venres o pregoeiro oficial da cita, o artista Leandro Lamas, o seu cantar de cego que serviu para abrir as portas desta viaxe ao pasado. Animou aos “nachos e nachas de Ferrol” a mercar os produtos que enchen os postos no canto de ir ao “centro comercial”. A calor tamén estivo presente no pregón: “se fica así o verán non marcho para Benidorm”, dixo con sorna. O “tufo” de Reganosa atopou oco antes dunha despedida na que Lamas instounos a gozar da feira, da que podemos consultar toda a programación nesta ligazón.
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: Feira Medieval
Valdoviño celebra esta fin de semana a súa IV Feira Medieval
FERROL360 | Sábado 25 xullo 2015 | 12:24 Exhibición de cetrería, actuacións de títeres e música de rúa, atraccións para os máis pequenos, demostracións de traballos de bolillos, gastronomía e variados postos de artesanía, son algunas das propostas que nos ofrece a IV Feira Medieval de Valdoviño. O alcalde da localidade, Alberto González, lerá o pregón este sábado ás 12:30 horas para dar o pistoletazo de saída a unha cita que sempre é sinónimo de éxito. A Feira Medieval abre ata ás 14:30 horas e ás 17:00 volverá a poñerse en marcha ata ás 22:00 horas. Xa o domingo permanecerá aberta en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Así, ás 13:00 horas haberá unha exubición de cetrería que se repetirá ás 20:00 horas. Os ...
Leer más »