FERROL360 | Xoves 23 maio 2019 | 14:14 O Concello de Neda organiza para a primeira fin de semana de xuño a IV Feira no Camiño, unha iniciativa coa que se persegue fomentar a participación cidadá e dinamizar o municipio desde o punto de vista social pero tamén económico. A rúa Real volverá a acoller unha cita aberta á participación gratuíta de comerciantes de alimentación, artesanía e produtos en sistema de re-venta, de segunda man. O horario de apertura da feira será de 11.00 a 15.00 e de 17.00 a 22.00 horas. As persoas que poidan estar interesadas en participar teñen de prazo ata este sábado, 25 de maio, para inscribirse a través do correo electrónico do departamento de Cultura: cultura@neda.es. O modelo oficial de solicitude xa está accesible na ...
Leer más »Postos de artesanía, música e obradoiros encherán de actividade as rúas de Neda
FERROL360 | Mércores 6 xuño 2018 | 10:10 Todo listo en Neda para celebrar esta fin de semana a terceira edición da súa Feira no Camiño. Unha proposta cun programa cheo de actividades de ocio para todas as idades cun total de 23 postos de venda de artesanía, mostra de oficios, obradoiros infantís e degustacións gastronómicas. O casco histórico será a referencia para tomar contacto cunha celebración que tanto o sábado como o domingo abrirá ao público de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 22.00 horas, aproximadamente. As actividades infantís, que se impartirán en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, consistirán en talleres de coiro, lá e feltro, cestería, pan, fondue de chocolate e froitas. Non fai falla apuntarse. A gastronomía correrá a ...
Leer más »