Home / Archivo de Etiquetas: Feira Rural de San Sadurniño

Archivo de Etiquetas: Feira Rural de San Sadurniño

Aberto o prazo para reservar espazos na XI Feira Rural de San Sadurniño

FERROL360 | Martes 30 xullo 2019 | 11:23 A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño vén de abrir o prazo para reservar espazos na XI Feira Rural, que se celebrará o sábado 31 de agosto. Será na zona da Cortiña, ao pé do paseo fluvial do Xubia, en horario de mañá e tarde. Un evento cun amplo programa, que ademais do mercado tamén inclúe exposicións, obradoiros, visitas guiadas e o tradicional concurso de froita autóctona. O prazo de reserva de espazo está aberto ata o día 28 de agosto e para montar un posto só fai falla presentar cuberta a folla de solicitude no Rexistro do Concello, na Casa da Cultura, por correo postal ou por correo electrónico dirixido a agustin.perez@sansadurnino.gal. A organización da feira fixou en catro metros ...

Leer más »

A VIII Feira Rural de San Sadurniño chega este sábado cun completo programa de actividades

FERROL360 | Venres 26 agosto 2016 | 11:10 Postos de alimentación ecolóxica, paseos en kaiac, exhibicións de cetraría e obradoiros de cociña, son algúns dos atractivos da VIII edición da Feira Rural de San Sadurniño, que se celebrará este sábado ao pé do Xubia. Un evento que mistura a filosofía das feiras tradicionais coa promoción de experiencias que apostan pola sustentabilidade. O principal protagonista da Feira Rural volverá ser o mercado cun total de 130 postos de produtos frescos, alimentos transformados, viveiros de planta e flor, artesanía e artigos de segunda man, distribuídos polo arboredo de especies autóctonas da Cortiña. A novidade deste edición é a participación de 22 postos de explotacións certificadas polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, que ofrecerán degustacións dos seus produtos durante toda a ...

Leer más »

San Sadurniño celebra este domingo o seu mercado local cun total de 72 postos

FERROL360 | Domingo 26 xullo 2015 | 10:45 Os xardíns municipais de San Sadurniño acollen este domingo o segundo mercado local do verán cun total de 72 postos de viveiros, produción de alimentos, artesanía e artigos de segunda man. A cita desenvolverase ao longo de toda a mañá e con ela búscase potenciar o comercio de proximidade. No mercado local de San Sadurniño poderemos atopar case de todo: hai inscritos tres viveiros de planta, 15 expositores de alimentos frescos e transformados, 23 que venden artesanía, 12 de manufacturas xunto con artigos de segunda man e 19 centrados exclusivamente nas oportunidades, como son os libros, os discos, todo tipo de ferraganchos, xoguetes e as máis variadas curiosidades. Feira Rural A vindeira cita deste tipo será o sábado 29 de agosto coa ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies