Home / Archivo de Etiquetas: Feiras

Archivo de Etiquetas: Feiras

Postos de artesanía, música e obradoiros encherán de actividade as rúas de Neda

FERROL360 | Mércores 6 xuño 2018 | 10:10 Todo listo en Neda para celebrar esta fin de semana a terceira edición da súa Feira no Camiño. Unha proposta cun programa cheo de actividades de ocio para todas as idades cun total de 23 postos de venda de artesanía, mostra de oficios, obradoiros infantís e degustacións gastronómicas. O casco histórico será a referencia para tomar contacto cunha celebración que tanto o sábado como o domingo abrirá ao público de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 22.00 horas, aproximadamente. As actividades infantís, que se impartirán en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, consistirán en talleres de coiro, lá e feltro, cestería, pan, fondue de chocolate e froitas. Non fai falla apuntarse. A gastronomía correrá a ...

Leer más »

A VIII Feira Rural de San Sadurniño chega este sábado cun completo programa de actividades

FERROL360 | Venres 26 agosto 2016 | 11:10 Postos de alimentación ecolóxica, paseos en kaiac, exhibicións de cetraría e obradoiros de cociña, son algúns dos atractivos da VIII edición da Feira Rural de San Sadurniño, que se celebrará este sábado ao pé do Xubia. Un evento que mistura a filosofía das feiras tradicionais coa promoción de experiencias que apostan pola sustentabilidade. O principal protagonista da Feira Rural volverá ser o mercado cun total de 130 postos de produtos frescos, alimentos transformados, viveiros de planta e flor, artesanía e artigos de segunda man, distribuídos polo arboredo de especies autóctonas da Cortiña. A novidade deste edición é a participación de 22 postos de explotacións certificadas polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, que ofrecerán degustacións dos seus produtos durante toda a ...

Leer más »

Feira de antigüidades, artesanía e de segunda man este domingo en Cedeira

FERROL360 | Sábado 20 agosto 2016 | 12:29 A praza Roxa de Cedeira acollerá este domingo a III edición da feira de antigüidades, alimentación, artesanía, produtos novos e de segunda man. A feira terá lugar en horario de 10:00 a 20:00 horas e contará cuns 70 ou 80 postos vidos de diferentes puntos de Galicia. Ademais, durante todo o dia haberá unha tómbola na que os visitantes poderán xogar gratis con cada compra que realicen nos postos da feira. O evento conta coa colaboración do Concello de Cedeira e da Asociación de comerciantes e hostaleiros do Casco Vello.

Leer más »

Esmelle celebra este sábado a V Feira de Nadal

FERROL360 | Venres 4 decembro 2015 | 10:53 O Val de Esmelle celebra este sábado a súa tradicional Feira de Nadal, no local da AVV do Val de Esmelle, a partir das 10:00 horas e durante toda a xornada. Unha actividade que ten como obxectivo poñer en valor os produtos e o saber facer desta zona de Ferrol. Así mesmo, os organizadores, o Proxecto Esmelle e a Asociación de Mulleres Rio D’aneiro, queren promocionar o Valle de Esmelle cunha oferta variada, tanto en actividades culturais e de natureza, coma en gastronomia e produtos propios. As entidades destacan que a Feira do Nadal «convértese nun escaparate do noso Val» e permite aos asistentes «gozar dunha xornada de descanso neste privilexiado entorno». Daranse cita nesta feira máis de 40 postos de segunda ...

Leer más »

Aberto o prazo para participar na Feira de Outuno de Neda

FERROL360 | Xoves 19 novembro 2015 | 9:28 Os produtores e artesáns interesados en participar na na Feira de Outuno de Neda xa poden inscribirse e reservar o seu espazo. A inscrición poderá realizarnas nas dependencias municipais, no teléfono 981.380.039 ou na páxina web do Concello. A Feira de Outono terá lugar o vindeiro domingo 13 de decembro, no lugar de Albarón. Este evento, coordinado polas concellerías de Medio Rural, Comercio e Industria, pretende ser un punto de unión e un escaparate de promoción e venda para os produtores e artesáns de Neda. En todo caso, a participación está aberta a persoas de toda a comarca.

Leer más »

Aberto o prazo para inscribirse na VII Feira Rural de San Sadurniño

FERROL360 | Xoves 6 agosto 2015 | 17:17 O Concello de San Sadurniño vén de abrir o prazo para inscribirse na VII Feira Rural, que se celebrará o domingo 29 de agosto. Os interesados en participar deberán cumprimentar o modelo de solicitude e pagar unha pequena cota para contribuír aos custes de organización. Os prezos serán os seguintes: 3 euros por cada expositor de artesanía e segunda man, que poderán solicitar ata un máximo de seis metros liñais e 5 os viveiros e postos de maquinaria, xa que son os que máis espazo ocupan habitualmente. Non existe neste caso límites ao espazo que poden pedir. A folla de inscrición pode presentarse no Rexistro municipal, por correo postal -Lugar do Casal nº 16, 15560 San Sadurniño- ou ben enviala ao enderezo ...

Leer más »

San Sadurniño celebra este domingo o seu mercado local cun total de 72 postos

FERROL360 | Domingo 26 xullo 2015 | 10:45 Os xardíns municipais de San Sadurniño acollen este domingo o segundo mercado local do verán cun total de 72 postos de viveiros, produción de alimentos, artesanía e artigos de segunda man. A cita desenvolverase ao longo de toda a mañá e con ela búscase potenciar o comercio de proximidade. No mercado local de San Sadurniño poderemos atopar case de todo: hai inscritos tres viveiros de planta, 15 expositores de alimentos frescos e transformados, 23 que venden artesanía, 12 de manufacturas xunto con artigos de segunda man e 19 centrados exclusivamente nas oportunidades, como son os libros, os discos, todo tipo de ferraganchos, xoguetes e as máis variadas curiosidades. Feira Rural A vindeira cita deste tipo será o sábado 29 de agosto coa ...

Leer más »

Aberto o prazo de inscrición para participar na XX Feira da Plantación de San Sadurniño

FERROL360 | Mércores 8 abril 2015 | 11:25 O Concello de San Sadurniño ven de abrir o prazo de incrición para participar na XX edición da Feira da plantación, que terá lugar o próximo 26 de abril. Os interesados deberán presentar esta solicitude no Rexistro municipal ou enviala por correo postal a: Lugar do Casal nº 16, 15560 San Sadurniño ou ben a través do correo electrónicoagustin.perez@sansadurnino.dicoruna.es. O prazo de inscrición na XX Feira da plantación está aberto ata o 22 de abril ás 14:00horas. Cómpre reseñar que, a diferenza do Mercado local xusto, esta feira non está aberta aos postos de segunda man nin tampouco aos de artesanía. A lista definitiva de postos admitidos publicarase o 24 de abril. Para máis información ou para solventar calquera dúbida hai dous ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies