MARCOS ABALDE | ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ | Venres 28 abril 2017 | 14:15 No Simposio das Irmandades celebrado no Museo do Pobo Galego, o investigador Ermida Meilán deu a coñecer os nomes dos 40 irmandiños asasinados polo fascismo. Velaí a lista de vítimas mortais da comarca de Ferrol: Xaime Quintanilla Martínez, conselleiro primeiro da Irmandade da Fala, médico dos pobres, dramaturgo, presidente de «Toxos e flores» e despois de «Airiños da miña terra», fundador da editora Céltiga, alcalde republicano de Ferrol, presidente da Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto. Fusilado en San Filipe o 17 de agosto de 1936. Tiña 45 anos. Manuel Morgado González del Valle, administrador da editora Céltiga, concelleiro socialista, director de El Obrero. Fusilado no Cuartel de Artillaría o 14 de agosto de 1936. ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: Ferrol e as Irmandades da Fala»