Home / Archivo de Etiquetas: festa das peras

Archivo de Etiquetas: festa das peras

Airiños do Eume homenaxea a Antonio Leira Díaz, ‘O Patolo’, na Festa das Peras

FERROL360 | Xoves 8 setembro 2016 | 10:54 Antonio Leira Día, O Patolo, terá un especial protagonismo na Festa das Peras de Pontedeume, que comezaron este mércores. A asociación cultural municipal Airiños do Eume homenaxeará ao seu fundador co gallo do 35 aniversario da entidade este venres, ás 20:30 horas, na praza de San Roque. As cantareiras de Airiños, o grupo de gaitas, guitarras e coro, a banda da escola de música Charamela, xunto coa Coral Polifónica Eumesa, tamén participarán neste acto. O Patolo estivo tamén detrás destas dúas últimas agrupacións, a primeira na década dos 50 e a segunda en 1970. O repertorio incluirá dúas pezas compostas polo homenaxeado: A Muller eumesa-Agarimosiña e Son as campanas que tocan, con letra de Rosalía de Castro. Finalmente, Airiños do Eume e ...

Leer más »

A Festa das Peras encherá dende hoxe Pontedeume coa Panorama coma ‘prato forte’

FERROL360 | Sábado 7 setembro 2013 | 10:08 A Festa das Peras ten o poder de congregar xente de todos os puntos das nosas comarcas na vila dos Andrade, por iso, sempre poñen o máximo coidado para non perder as tradicións e seren ao mesmo tempo, un rechamo a todo o que queira visitar Pontedeume nestas datas. Hoxe mesmo, a vila amencía ás nove coas alboradas e os foguetes, é o día do Pregón, o primeiro das festas. Ás doce do mediodía, sairán os Mómaros e Cabezudos polas rúas acompañados dos gaiteiros. As 19:00 horas, terá lugar a tradicional ofrenda floral á Virxe das Virtudes é ás oito e media, dende o balcón do concello, o periodista eumés Evaristo Amado fará a lectura do pregón. A partires das 23, na ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies